O Camiño do "Terceiro Mundo"

Cultura - 18 Decembro 2010

A pesar dos millóns de euros gastados durante o Xacobeo, distinto tramos do Camiño sofren numerosas desfeitas. Asociacións de defensa do Camiño inclúeno nunha lista onde se atopan moitos monumentos en perigo do "Terceiro Mundo".

Pero...que raios é iso de neofalantes?

Cultura - 08 Decembro 2010

Con esta suxerente charla presentase en sociedade 'A Nave das Ideas', un colectivo que presume de "neofalante" nun ámbito, o urbano, con maior presión sobre o galego.

Filme contra o desaloxo da Casa das Atochas

Cultura - 03 Decembro 2010

Un grupo de cineastas, escritores, xornalistas e programadores culturais galegos retratarán a Casa das Atochas nunha proposta artística en forma de filme colectivo. Unha xuíza acaba de ordenar o desaloxo deste local, do que di ser propietario unha inmobiliaria.

Piden a demolición do Polideportivo de Melón para salvar o mosteiro

Cultura - 29 Novembro 2010

A Asociación 'O Sorriso de Daniel" reclama esta medida tras a inhabilitación do alcalde por permitir esta construción en terreos protexidos.

O que agochan as covas do Courel

Cultura - 28 Novembro 2010

Galicia agocha auténticas marabillas. As covas do Courel, por exemplo, están cheas de achados que están cambiando a historia de Galicia. Alí hai restos de mamuts, de tigres de dentes de sable e osos das cavernas, ademais dos ósos dos primeiros homes do país. O presidente de AXENA, Xurxo Gago, cóntanos o que alí hai tras baixar a un lago abisal localizado 700 metros montaña abaixo. Vídeo no interior.

Lorenzo presenta unha tv virtual sobre o galego

Cultura - 27 Novembro 2010

A Xunta adxudicou polo procedemento negociado sen publicidade esta iniciativa, lanzada hoxe no Culturgal.

Fernández Paz agradece o xesto de Ferrín pero quere fuxir de "polémicas"

Cultura - 27 Novembro 2010

O escritor remítese ao comunicado que deu a coñecer en outubro e non quere entrar en "polémicas" con ninguén.

Críticas a Caballero por non respetar a Lei da Memoria Histórica

Cultura - 26 Novembro 2010

A Asociación Viguesa pola memoria Histórica do 36 pídelle que derrube a cruz "naci-fascista" do Monte do Castro.

Ferrín bríndalle o premio Fernández-Latorre a Agustín Fernández Paz

Cultura - 26 Novembro 2010

Sorpresa e certa ledicia entre o sector cultural causou este detalle diante de Feijóo e Santiago Rey. O editor destaca o seu carácter "irrefutable e insubornable" e o presidente galego que a súa obra é "patrimonio de todos".

O IGEA quere portugués universal no ensino obrigatorio

Cultura - 25 Novembro 2010

O ente que dirixe Quintana presenta un estudo que avalía as causas da ruptura do consenso a prol da normalización do galego. PDF e lista de asinantes no interior.

Freixanes recomendalle a Fernández Paz que "acepte as regras de xogo"

Cultura - 24 Novembro 2010

O director xeral de Galaxia asegura que os Premios da Cultura Galega son "institución dun país" e recomenda "atopar espazos" para evitar rexeitamentos como o protagonizado por Paz e a asociación de defensa da lingua, Prolingua.

A "conexión" de Emilio Estévez con Galicia

Cultura - 22 Novembro 2010

O actor norteamericano, neto de galegos, descubriu a súa conexión con Galicia ao ver que os galegos teñen horta, viñedos e galiñas.

Estrea mundial da obra de Rogelio Groba en Cataluña

Cultura - 18 Novembro 2010

O XXX Cicle de Música dels Enginyer Industrials de Catalunya acollerá o estreo da obra do mestre de Ponteareas dirixida polo seu fillo.

Feijóo presume dun libro de A Nosa Terra que a Xunta criticara

Cultura - 16 Novembro 2010

A editora de Jacinto Rey recibiu un encargo de 173.000 euros da Consellería de Cultura do bipartito pola primeira tradución ao galego desta obra clave da historia do país.

Penzol, baluarte do galeguismo

Cultura - 13 Novembro 2010

A Fundación Fermín Penzol amosa unha mostra adicada a este intelectual galego que traballou pola conservación da identidade galega.

"É máis doado estudar o exterminio da guerrilla en Etiopía ca represión franquista no Salnés"

Cultura - 12 Novembro 2010

Ten 33 anos, pero unha longa experiencia tentando ordenar o noso pasado. Foi director das escavacións dos castros do Neixón (Boiro), participou en misións internacionais en Etiopía e este verán codirixiu as escavacións da Lanzada. Tras a polémica do Castro de Langosteira, Xurxo Ayán fala claro da situación do noso patrimonio. Por iso non dubida en criticar a todos os responsábeis das desfeitas e abandonos patrimoniais.

Os Ancares hai 50 anos

Cultura - 10 Novembro 2010

O responsable da escavación en Punta Langosteira defende a súa actuación

Cultura - 04 Novembro 2010

"Se non fora polo Porto Exterior non se descubriría este xacemento", di o arqueólogo Cano Pan que suliña que "era imposible" a súa conservación in situ.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.