Volven as galescolas?

Cultura - 03 Agosto 2010

Varias asociacións e sindicatos deciden en setembro se inician un novo proxecto de ensino en galego.

Le Monde vincula ao Sónar con alcol e drogas

Cultura - 06 Xullo 2010

O festival, que patrocinou o Xacobeo e que tamén se celebrou na Coruña, recibe críticas do principal xornal francés por permitir a venda de alcol.

Amieiros medrando nos cimentos da Ponte Romana de Ourense

Cultura - 18 Xuño 2010

Adega denuncia ante a Xunta o pésimo estado de conservación do principal reclamo turístico de Ourense en pleno Ano Xacobeo.

Limitar o galego nas aulas cústanos 5 millóns

Cultura - 14 Xuño 2010

A Xunta terá que tirar 190.000 libros en galego mercados polo bipartito, denuncia Queremos Galego na presentación dunha campaña contra a consulta en Infantil.

Restos da Idade de Ferro baixo as casas do Castro da Atalia

Cultura - 05 Xuño 2010

Galicia Confidencial publica os dous informes dos expertos de Cultura que revelan que as 26 casas de San Cibrao cubrirían séculos de restos, algúns únicos.

Unha iniciativa en man común para protexer o espazo natural

Cultura - 30 Maio 2010

Veciños de Marín, Pontevedra e Vilaboa apostan por valorizar o monte a través dun proxecto natural e arqueolóxico.

A Xunta arrasa cun novo castro en Cervo

Cultura - 29 Maio 2010

MariñaPatrimonio denuncia a agresión a un novo novo xacemento arqueolóxico en San Cibrao (Cervo) por parte da empresa pública Xestur.

Jaureguizar versus Caneiro

Cultura - 28 Maio 2010

No mundo da literatura non todo é de cor rosa. De feito, e aínda que hai moito respeto entre os escritores e poetas galegos, hai casos nos que os enfrontamentos persoais chegan á esfera pública.

Unha hora de Lanegan no Xacobeo por 18 €

Cultura - 19 Maio 2010

O Xacobeo anunciou como un dos seus pratos fortes no programa musical a actuación de Mark Lanegan, un dos principais referentes da xeración grunge. Vídeo no interior.

Un libro contra o trato de Feijóo ao Galego

Cultura - 17 Maio 2010

"Feijóo, o galego e nós" é unha escolma de 68 artigos, de diferentes autores, que pretende denunciar a actitude do presidente da Xunta contra o galego.

A Xunta desentendese do portal web gastronomiadegalicia

Cultura - 12 Maio 2010

O Goberno galego asegura que é alleo aos problemas da web porque "non ten os dereitos" sobre o proxecto.

Cerceda rebelase contra a SGAE

Cultura - 10 Maio 2010

A Asociación Cultural Lucerna organiza a XVII edición do Festival de Cerceda que este ano chama a unha rebelión contra a SGAE cunha xornada adicada á Cultura Libre.

A cidade da Cultura busca xa servizo de mantemento

Cultura - 07 Maio 2010

A Fundación que dirixe a obra do Gaiás acaba de presentar a concurso o servizo de mantemento de todo o completo da Cidade da Cultura.

Os encontronazos en Cultura

Cultura - 06 Maio 2010

Roberto Varela acaba de apartar a Carmen Pardo como conselleira delegada do Xacobeo. Detrás desta decisión hai moita rebumbio que ten que ver cos problemas existentes entre Varela, Pardo e Ignacio Santos, o xerente deste organismo.

Os bercianos piden un Día das Letras para un escritor da comarca

Cultura - 05 Maio 2010

O presidente da asociación Fala Ceibe do Bierzo, Xabier Lago, reclama que o Día das Letras Galegas de 2011 sexa adicado ao escritor berciano Antonio Fernández y Morales, porque suporía un impulso para o recoñecemento do galego nesta comarca.

As eleccións máis disputadas da USC

Cultura - 04 Maio 2010

Este mércores, sete candidatos enfrontaranse para chegar ao reitorado da Universidade de Santiago de Compostela. Todo un récord nas eleccións máis disputadas da USC nas que Internet está a xogar un papel fundamental.

A USC rehabilita á "inmunda escoria" do 68

Cultura - 30 Abril 2010

Catro décadas despois dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela, a Universidade de Santiago tributou un simbólico recoñecemento a un grupo de estudantes da época, entregándolle un novo expediente universitario sen anotacións ou referencias que non foran estritamente académicas ou persoais.

Israel expulsa aos organizadores do 1º Festival Clown de Palestina

Cultura - 27 Abril 2010

Ivan Prado, director do Festiclown e unha colaboradora foron expulsados este martes de Israel cando se dirixían aos territorios palestinos para organizar o 1º Festival de Clown de Palestina en outubro deste ano.

O Xacobeo marxina ao Festival de Curtas de Noia

Cultura - 27 Abril 2010

O Xacobeo Filme reúne once festivais de cine e animación galegos no "Camiño do Audiovisual", pero deixa fóra á Festival de Curtas de Noia, que vai pola undécima edición.

O escritor Xesús Constela pídelles ás editoriais galegas que "se poñan as pilas"

Cultura - 26 Abril 2010

O escritor galego Xesús Constela critica aos editores galegos por non facer unha "industria de verdade" e pídelles que "esperten" e que tomen exemplo dos seus colegas cataláns.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.