O responsable da escavación en Punta Langosteira defende a súa actuación

Cultura - 04 Novembro 2010

"Se non fora polo Porto Exterior non se descubriría este xacemento", di o arqueólogo Cano Pan que suliña que "era imposible" a súa conservación in situ.

O Ministerio de Cultura permite a desfeita dun xacemento único en España

Cultura - 04 Novembro 2010

As obras de urxencia que se realizaron no Porto Exterior da Coruña arrasaron cun castro da primeira Idade do Ferro, único na Península Ibérica, para continuar as obras.

Feijóo gasta en promocionar o galego a metade que Fraga

Cultura - 23 Outubro 2010

Moitos menos axudas aos medios en galego, ás editoriais e á investigación en torno a lingua. Este é o triste panorama dos orzamentos que lle tocan a Anxo Lorenzo en 2011.

A cultura galega na retranca de Komunikando.tv

Cultura - 22 Outubro 2010

Porque o lector de GC demanda máis que leas político-lingüisticas. Chega a fin de semana e velaí un chisco da magnífico humor que gastan en Komunikando.net. Video de maior formato no interior.

Recuperando a memoria da lingua

Cultura - 20 Outubro 2010

Galicia Confidencial adianta o trailer dun novo documental sobre a historia oral da lingua e a súa percepción social. Vídeos no interior.

TVE e a Cidade da Cultura pagan un documental sobre a Galicia castrexa

Cultura - 14 Outubro 2010

Case medio millón de euros custou "El Legado Celta" que se rodou para explorar as similitudes da Galicia castrexa coas culturas coetáneas de Bretaña, Irlanda ou Escocia. Imaxes do castro reconstruído no interior.

Prolingua fai un chamamento ao boicot dos premios da Cultura Galega

Cultura - 11 Outubro 2010

"Rosalía de castro nunca aceptaría ese premio", asegura esta plataforma que denuncia a política da Xunta de ir en contra da lingua do país.

A Academia Galega da Língua Portuguesa no aniversário da República portuguesa

Cultura - 09 Outubro 2010

As institucións do país veciño comezan a ter en conta as asociacións galegas que pulan pola unión lingüística entre Galicia e Portugal.

"O bipartito soportou unha presión mediática asfixiante e Galiza é profundamente dócil"

Cultura - 06 Outubro 2010

Galicia Confidencial entrevista ao escritor do momento. Os focos están sobre 'Asasinato no Consello Nacional', recreación da caída de Quintana e ascensión de Guillerme. Diego Ameixeiras (Laussane, 1976) non esquiva ningunha pregunta e debulla, entre outras cuestións, o manifesto a prol dos medios en galego e porqué Baltar lle inspira moito máis que Feijóo.

Os "(des)aires" de Ignacio Santos

Cultura - 14 Setembro 2010

O xerente do Xacobeo non asume ningún tipo de responsabilidade polo acontecido no concerto de Carlos Núñez. É máis, tanto o mesmo día da actuación do gaiteiro, como nos días posteriores, descargou toda a responsabilidade en organismos e administracións alleas á Xunta.

Escándalo pola organización do Xacobeo no concerto de Carlos Nuñez

Cultura - 12 Setembro 2010

Medio milleiro de persoas asubiando ás portas do Obradoiro porque os antidisturbios non os deixaban entrar mentres o centro da praza estaba repleto de cadeiras para VIPS baleiras. Ex-altos cargos da Xunta saltándose a barreira policial. Berros de "A por ellos!" que interrumpen a actuación. Esto é só parte o panorama co que tiveron que lidiar Carlos Nuñez e os Chieftans no polémico concerto deste sábado en Santiago. Vídeos exclusivos no interior.

Lorenzo pide que policías e gardas civís falen galego

Cultura - 12 Setembro 2010

O idioma do país debe ser "lingua xeral de referencia" para as forzas de seguridade do Estado que traballan en Galicia. Esta é a polémica opinión expresada polo responsábel de lingua da Xunta, Anxo Lorenzo, na homenaxe a Gonzalo Jar, pioneiro na loita polo galego na Garda Civil.

"Pasaporte lusófono" para os galegos

Cultura - 01 Setembro 2010

O Movimento Internacional Lusófono (MIL), do que forman parte membros da AGAL, aposta por un "pasaporte lusófono" para os países de fala portuguesa.

A Xunta merca menos libros en galego

Cultura - 30 Agosto 2010

O investimento do concurso de novidades editoriais no idioma propio chegou aos 1.3 millóns anuais co bipartito. Este ano é de só 871.000 euros para un grupo de 16 editoriais, escollidas a dedo e entre as que hai unha ausencia moi significativa.

Financiará a Xunta o filme sobre a loita castrexa contra Roma?

Cultura - 28 Agosto 2010

Luís Tosar prepara Galaicus, unha película épica sobre a invasión romana no século II A.C. cun orzamento de 4 millóns.

"Contamos enchelo, pero non moita máis xente"

Cultura - 26 Agosto 2010

O responsábel do Xacobeo descarta o risco de overbooking no concerto gratis e sen invitacións de Arcade Fire, número 2 na lista de ventas en España.

O Xacobeo arríscase a un caos como o de Springsteen

Cultura - 24 Agosto 2010

O festival MTV Galicia terá que controlar que non entran máis de 25.000 persoas polos diferentes accesos do Monte do Gozo sen emitir entradas nin invitacións para ver a Arcade Fire, banda que xa vendeu case todas as súas entradas en Madrid e Barcelona a máis de 40 euros.

A Orquestra Olympus pide desculpas

Cultura - 21 Agosto 2010

Peke, o membro da orquestra que arremeteu de xeito iracundo contra quen lles acusaron de sexistas, homófobos e racistas, rectifica nun post publicado no blog da orquestra.

Acusan á Orquestra Olympus de fomentar valores sexistas

Cultura - 20 Agosto 2010

O blog Panteras Rosa Galiza iniciou unha campaña contra a Orquestra Olympus, á que acusa de fomentar nos seus espectáculos valores discriminatorios como o racismo, o sexismo e a homofobia. Vídeo no interior.

María Mera, protagonista da primeira obra producida pola Xunta do PP

Cultura - 10 Agosto 2010

A actriz, a quen Feixóo fixo unhas polémicas alusións en Boqueixón, gaña o casting da protagonista da primeira produción do Centro Dramático Galego co novo goberno. Vídeo no interior.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.