Rafinha celebra o seu primeiro gol co Celta. / Diego Pérez.

O Celta gaña se repite equipo

Deportes - 24 Setembro 2013

A única vitoria dos vigueses, 1-2 no campo do Betis, chegou despois de que Luis Enrique repetira o once da xornada anterior.

O Ourense, cara arriba

Deportes - 23 Setembro 2013

Os de Luisito tumban 2-1 o invicto Oviedo e colócanse na parte alta da táboa tras dous triunfos consecutivos.

Juan Domínguez marca o gol do Dépor. /canaldeportivo.com

Primeira do Dépor na casa

Deportes - 22 Setembro 2013

Un solitario gol de Juan Domínguez deu a vitoria ao Deportivo fronte ao Alcorcón en Riazor tras dúas derrotas consecutivas en Liga.

Celta xogando co Villareal en Balaídos / Diego Pérez celtadevigo.net

O Celta segue sen gañar en Balaídos

Deportes - 22 Setembro 2013

Os de Luis Enrique empatan a ceros co Vilareal, que foi mellor que os celestes. O meta Yoel salvou un punto con dúas paradas nos minutos finais. O xoves, en Xetafe.

O equipo do Obra ao completo trala vitoria.

O Obradoiro repite título da Copa Galicia

Deportes - 22 Setembro 2013

Os de Moncho Fernández tiveron que tirar de experiencia para impoñerse nun intenso partido. Un parcial de 9-0 no último cuarto condenou ao Breogán. Mike Muscala, nomeado mellor xogador.

Primeiro punto do Compostela a domicilio

Deportes - 21 Setembro 2013

Os santiagueses acadan un empate en Guijuelo tras dúas saídas con derrota. O Coruxo non pasa do 0-0 co Sporting B.

O Lugo, coma un grande

Deportes - 21 Setembro 2013

Fran Sandaza dá aos lucenses a segunda vitoria consecutiva a domicilio cun gol no minuto 74, tras quedar o Tenerife con dez xogadores pola expulsión de Aitor Sanz.

O Burela estreou tempada co Xota Navarra

Empate do Santiago Futsal e derrotas do Burela e Azkar Lugo na casa

Deportes - 21 Setembro 2013

Os composteláns mantéñense invictos con 4 puntos e os 'laranxas' non sumaron trala vitoria na primeira xornada. O Azkar Lugo, dúas derrotas en dúas xornadas.

Louzán tomando clases de surf na Lanzada/ Deputación de Pontevedra

Rafael Louzán, o surfeiro da Lanzada

Deportes - 20 Setembro 2013

O presidente da Deputación de Pontevedra recibe un curso exprés de surf logo de pagar 67.000 euros por unha proba deste deporte no Concello de O Grove.

Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo.

Lendoiro segue con folgos

Deportes - 20 Setembro 2013

Germán Rodríguez Conchado e Paco Zas son polo de agora os rivais do presidente do Deportivo, que anunciou esta semana que optará á reelección nas presidenciais de antes de fin de ano.

Rubén Blanco, o porteiro vigués. Rubén Blanco, o porteiro vigués.

Rubén Blanco, de novo obxectivo do City

Deportes - 19 Setembro 2013

As boas actuacións do porteiro celeste de 18 anos, imbatido co filial e internacional nas categorías inferiores, suscitan o interese da Premier League.

A eficacia válelle unha remontada ao Compos

Deportes - 19 Setembro 2013

Os de Fredi fixeron o xusto fronte ao Pontevedra para voltear un marcador desfavorable. Os trocos marcaron o encontro da Copa Federación. Na outra semifinal, Alondras e Ourense empataron 1-1 no campo do Morrazo.

Primeiro amigable do Obradoiro co Oviedo de LEB Ouro.

Os doce do Obra

Deportes - 18 Setembro 2013

GcDeportes analiza o plantel do Obradoiro-Rio Natura Monbus de cara á tempada 2013-14, onde tentará repetir o éxito de clasificarse para os play-off.

O público abarrotou o novo San Mamés. / @AthleticCLub

O Celta encaixa a primeira derrota da Liga na estrea do novo San Mamés

Deportes - 17 Setembro 2013

Os de Luis Enrique erraron un penalti con 1-1 no marcador e acabaron perdendo 3-2 na segunda parte tras un partido espectacular. O vindeiro domingo, co Vila-real en Balaídos.

Racing e Coruxo empatan a todo

Deportes - 15 Setembro 2013

Os porteiros foron os grandes protagonistas no derbi dos 'verdes galegos' na Malata.

Scepovic marca o 1-0 de penalti. / realsporting.com

Un penalti que non foi tumba o Dépor en Xixón

Deportes - 15 Setembro 2013

Os de Fernando Vázquez, que controlaron o partido ata o minuto 60, perden 2-0 e sufren a primeira derrota fóra da casa.

Gómez Noya, na carreira a pé O triatleta Gómez Noya, na carreira a pé. O triatleta Gómez Noya, na carreira a pé.

Gómez Noya, de novo campión do mundo

Deportes - 15 Setembro 2013

O triatleta ferrolán gaña a proba de Londres a Jonathan Brownlee nun heroico sprint e acada o título das Series Mundiais por terceira vez.

Joselu tenta escapar dos defensas do Avilés. / sdcompostela.com

O Compos, incapaz co gol

Deportes - 15 Setembro 2013

Os composteláns, con mala sorte cara a portaría, ceden un punto en San Lázaro ante o Avilés. Yahvé retirouse mancado nun xeonllo.

O Lugo racha a súa boa xeira

Deportes - 14 Setembro 2013

Primeira derrota dos albivermellos, que remataron con dez, no Anxo Carro. O Girona remontou na segunda metade e Dani Mallo foi o mellor dos locais.

Composteláns e lucenses loitaron por cada balón.

O Santiago Futsal gaña o derbi ao Azkar Lugo

Deportes - 14 Setembro 2013

Os composteláns, con goles de David Pazos e dos debutantes Chus e Palomeque, venceron 4-3 tras un final apertado no que o meta Raúl evitou o empate.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.