Deportes - 10 Xaneiro 2006
El central deportivista Jorge Andrade pode recalar no futbol inglés. Tanto o Newcastle como o Liverpool xa fixeron ofertas tentadoras ó clube galego. Por outra banda, o Celta quere ceder a Isaac ó Racing de Ferrol, aínda que o xogador non quere marchar de Vigo.
Deportes - 30 Decembro 2005
O partido da selección galega non deixou indiferente a ninguén e pasou con matricula de honra a súa primeira gran proba, a do estreno. San Lázaro estaba cheo, e no palco, presidente, vicepresidente, conselleiros, populares, socialistas, nacionalistas e xente da cultura, do deporte e de entidades sociais bibraban con cada gol da selección.
Deportes - 19 Decembro 2005
Padin, xogador do Ourense, e Javi Rodriguez, ex do Pontevedra, poderían recalar no Jaen, o equipo que adestra o ex técnico granate, José Aurelio Gay. También o Córdoba podería levarse a Arnal, xogador do Racing de Ferrol.
Deportes - 19 Decembro 2005
A derrota do Celta volveu provocar as protestas da afeción contra o seu adestrador, Fernando Vázquez, a pesar dos carteis de apoio que había en Balaídos. Por outra banda, contan que o presidente deportivista, Augusto César Lendoiro, quedou só na celebración da victoria do seu equipo. Tanto a presidenta do Parlamento, como o secretario xeral para o Deporte e a alcaldesa da cidade declaranse abetamente celtistas.
Deportes - 12 Decembro 2005
Celta e Depor enfrontaranse o vindeiro domingo en Balaídos ás nove da noite. O derbi chega cos dous equipos galegos empatados a puntos, aínda que con ánimos diferentes. No Celta arrecian as críticas contra Vázquez, mentras que o Depor amarra a Joaquín Caparrós nun acordo que pode firmar esta semana. Os celtistas esperan ter a maior chea da tempada para recibir os seus ribais e o farán cun gran tifo.
Deportes - 12 Decembro 2005
A páxina oficial do Deportivo da Coruña, www.canaldeportivo.com, atópase temporalmente fora de servizo. Descoñecense, polo momento, os motivos da desactivación da web oficial dos deportivistas. Dende este medio tamén aproveitamos para felicitar a celestes.org que se despediu, definitivamente, da rede.
Deportes - 12 Decembro 2005
En Vigo se comenta que Alexander Mostovoi visita moi a miúdo a cidade e parece que está montando negocios, concretamente unha discoteca na rúa Julian Estévez, en Guixar. Tamén hai quen o ten visto disfrutar da noite viguesa.
Deportes - 12 Decembro 2005
O Pontevedra homenaxeou onte a un dos seus xogadores emblemáticos e fundador do clube, Español, que faleceu recentemente. O que foi xogador do Eiriña e do Alfonso, formou parte do Pacto das Palmeiras, que deu lugar o nacemento do Pontevedra C.F. o 12 de octubro de 1941.
Deportes - 05 Decembro 2005
Fernando Vázquez está moi enfadado co trato que lle dispensa parte da afeción celeste. Non entende porque, a pesares de ir quintos na táboa, le asubien partido tras partido e, por iso, explotou o pasado sábado tras a victoria ante o Betis. Os insultos do adestrador vigués á grada non gustaron en parte da directiva e o de Castrofeito tivo que dar explicacións ante Horacio Gómez.
Deportes - 05 Decembro 2005
Por outra banda, co acordo firmado entre o Celta e o Arsenal, a dirección do clube vigués pretende dar saída a súa canteira e traer novas fichaxes. O clube inglés está moi interesado en xogadores como Silva, De Ridder e Oubiña ou Jonathan. Ó Celta interesalle Quincy Owusu Abeyie, un xogador que brillou no mundial sub-20. Sen embargo, o clube vigués tamén ten un acordo semellante co Oporto que non deu moi bos resultados nos últimos tempos.
Deportes - 05 Decembro 2005
Tamén no Depor hai moito desánimo pola política de non gastar en fichaxes. Hai malestar entre a afeción e en parte do plante técnico polo pouco rendemento dos poucos xogadores que chegaron esta tempada, como é o caso de Taborda. Tamén se critica que se prentendan contratar xogadores como Arizmendi en perxuizo de canteiráns como Xisco, Senel ou Rubén Rivera.
Deportes - 28 Novembro 2005
O lateral dereito do Pontevedra, Luciano, renovou contrato por tres tempadas e estará vinculado ó clube granate ata o 30 de xuño de 2009. O equipo do Lérez tamén se reforzará coa chegada do dianteiro brasileiro Igor de Sousa Fonseca, hirmá de Yuri e primo de Charles. Ata agora xogaba no Estrela Amadora (1ª division de Portugal), cedido polo Sporting de Braga.
Deportes - 28 Novembro 2005
A débeda do Celta é hoxe de case 20 millóns de euros, a metade que hai un ano. Estas contas foron posible pola venda de xogadores cando o equipo vigués descendeu a segunda e polo superavit da pasada campaña que ascendeu a 700.000 . Estas contas serán presentadas ós socios na Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas do 12 de decembro. O compromiso da dirección do clube pasa por reducir a débeda en dous millóns máis durante este ano. Con estas contas non é de extrañar que o Celta sexa un dos equipos que interese ó magnate Abramovich, que está disposto a invertir nun clube español a vindeira tempada.
Deportes - 28 Novembro 2005
Os afecionados deportivistas comezan a impacientarse. Tras seis xornadas sen gañar, os coruñeses critican abertamente o seu adestrador. Acusano de excluir á xente da canteira como Xisco, Rubén ou Momo en detrimento de Scaloni ou Tristán. Onte corearonse os nomes de Mauro, Donato, Makay, Djalminha, Fran ou Naybet... Na Coruña botan en falla o Superdepor de Arsenio.
Deportes - 21 Novembro 2005
Os medios ingleses especulan coa posibilidade de que o arxentino Aldo Duscher poida recalar no Manchester. O equipo inglés estaría disposto a facer un "gran esforzo económico" na sua fichaxe. A dirección do clube sopesa esta posibilidade, sobre todo, porque o contrato do xogador remata no 2007.
Deportes - 21 Novembro 2005
As dúas televisións públicas volcanse co Breogán. Zona ACB, de TVE2 emite hoxe un programa adicado ó equio galego, no que falarán os seus principais xogadores. Tamén a TVG comezou esta fin de semana un novo espacio, dentro de 'A xornada' que se emite os domingos, sobre a evolución do Breogán, e que conta coa colaboración de Roberto Prado, o xornalista desta canle que cubre o clube lucense.
Deportes - 21 Novembro 2005
O Celta reducirá a plantilla dos 28 xogadores actuais, a vintedous ou vintetrés na segunda volta. Nesta operación, xa entrou José Ignacio, e o seguirán Isaac e Iago, que poden recalar en equipos de Segunda. Vázquez tamén quere prescindir de Roberto Souza, Méndez e Juan Sánchez, aínda que a saída deste último semella complexa.
Deportes - 14 Novembro 2005
A productora Puente Aéreo y Producciones S.L. será a encargada de rodar un spot publicitario sobre o Pontevedra. O obxectivo é captar máis socios e aumentar o apoio social do clube. A rodaxe terá lugar o 25 de novembro en diversas localizacións de Pontevedra.
Deportes - 14 Novembro 2005
Os vigueses xa fan contas sobre o posto que terán a final da liga. Se a traxectoria dos celtistas segue como ata agora, isto suporía que, a final da tempada sumarían 69 puntos e poderían clasificarse para a Champions. Esta regra funcionou cos catro clasificados das tres tempadas anteriores.
Deportes - 07 Novembro 2005
O pasado venres constituiuse a última asamblea de Siareiros Galegos en Lugo. Con esta incorporación, xa son seis as asambleas organizadas, xunto coas de Santiago, A Coruña, Pontevedra, Trasancos e Vigo, logo da celebración da súa asamblea nacional en Compostela a finais de outubro. Tamén o vindeiro mércores concentranse na cidade deportiva de Abegondo as seleccións galegas Sub 18 e sub 14 para manter un enfrontamento cun combinado do Deportivo.