Corbacho bota a pelota defendido por Sergio Llul. / obradoiro.com

Sar honra a Angrois

Deportes - 29 Setembro 2013

Fermosa homenaxe a que lle adicaron Obra e Real Madrid ás vítimas e heroes da traxedia ferroviaria. Os brancos gañan 78-83 e Mike Muscala amosa o acerto da súa fichaxe.

Joselu celebra un gol co Compos. / sdcompostela.com

O Compos tumba o líder

Deportes - 28 Setembro 2013

Os composteláns marcaron dous goles nos primeiros dez minutos e non deron opcións ao Zamora, un rival cativo que encaixou un 4-0.

Un partido do Lugo esta tempada.

Partido perfecto do Lugo

Deportes - 28 Setembro 2013

Os de Quique Setién gañan 3-0 fronte As Palmas cunha primeira metade espectacular e afiánzanse na parte alta da táboa con 13 puntos.

Santiago Futsal-Umacon Zaragoza, no Sar.

O Santiago Futsal carbura

Deportes - 28 Setembro 2013

O Azkar empata en Peñíscola e o Burela cae na casa con ElPozo Murcia. Os composteláns venceron o venres 4-1 nun gran partido ao Umacon Zaragoza.

Rafinha tenta fuxir dos defensas do Xetafe. / celtadevigo.net

O Celta, nada de nada

Deportes - 27 Setembro 2013

Os de Luis Enrique firman en Xetafe o peor partido da tempada e encaixan dous goles tras dous córners. Suma xa catro xornadas sen gañar e o domingo recibe o Elx en Balaídos.

Albert Homs, coa selección. / acb.com

O Obra faise cunha xoia

Deportes - 26 Setembro 2013

Os composteláns fichan a Albert Homs, unha promesa de 19 anos e 2,00 metros descartada polo Joventut, que xogará cedido no Marín Peixe Galego da LEB Plata.

O equipo do Atlético Tetuán que disputou a Liga de Primeira na tempada 51-52.

Cando Celta e Dépor xogaban a Liga... en África

Deportes - 26 Setembro 2013

Célticos e deportivistas viaxaron a Tetuán, protectorado español en Marrocos, para xogar fronte aos locais na 51-52. Os 'africanos' gañaron o seu único partido na Península... en Riazor.

Un gran retrato de Franco e outro máis pequeno de Primo de Rivera presiden o Bar Javi/ XA

Bar Javi... y ¡Arriba España!

Deportes - 24 Setembro 2013

De camiño a Cáceres, baixando pola mítica Vía da Prata, o Visca Tasca fai parada nun destes sitios que xa non quedan e contra os que non pode Lei da Memoria Histórica ningunha.

Rafinha celebra o seu primeiro gol co Celta. / Diego Pérez.

O Celta gaña se repite equipo

Deportes - 24 Setembro 2013

A única vitoria dos vigueses, 1-2 no campo do Betis, chegou despois de que Luis Enrique repetira o once da xornada anterior.

O Ourense, cara arriba

Deportes - 23 Setembro 2013

Os de Luisito tumban 2-1 o invicto Oviedo e colócanse na parte alta da táboa tras dous triunfos consecutivos.

Juan Domínguez marca o gol do Dépor. /canaldeportivo.com

Primeira do Dépor na casa

Deportes - 22 Setembro 2013

Un solitario gol de Juan Domínguez deu a vitoria ao Deportivo fronte ao Alcorcón en Riazor tras dúas derrotas consecutivas en Liga.

Celta xogando co Villareal en Balaídos / Diego Pérez celtadevigo.net

O Celta segue sen gañar en Balaídos

Deportes - 22 Setembro 2013

Os de Luis Enrique empatan a ceros co Vilareal, que foi mellor que os celestes. O meta Yoel salvou un punto con dúas paradas nos minutos finais. O xoves, en Xetafe.

O equipo do Obra ao completo trala vitoria.

O Obradoiro repite título da Copa Galicia

Deportes - 22 Setembro 2013

Os de Moncho Fernández tiveron que tirar de experiencia para impoñerse nun intenso partido. Un parcial de 9-0 no último cuarto condenou ao Breogán. Mike Muscala, nomeado mellor xogador.

Primeiro punto do Compostela a domicilio

Deportes - 21 Setembro 2013

Os santiagueses acadan un empate en Guijuelo tras dúas saídas con derrota. O Coruxo non pasa do 0-0 co Sporting B.

O Lugo, coma un grande

Deportes - 21 Setembro 2013

Fran Sandaza dá aos lucenses a segunda vitoria consecutiva a domicilio cun gol no minuto 74, tras quedar o Tenerife con dez xogadores pola expulsión de Aitor Sanz.

O Burela estreou tempada co Xota Navarra

Empate do Santiago Futsal e derrotas do Burela e Azkar Lugo na casa

Deportes - 21 Setembro 2013

Os composteláns mantéñense invictos con 4 puntos e os 'laranxas' non sumaron trala vitoria na primeira xornada. O Azkar Lugo, dúas derrotas en dúas xornadas.

Louzán tomando clases de surf na Lanzada/ Deputación de Pontevedra

Rafael Louzán, o surfeiro da Lanzada

Deportes - 20 Setembro 2013

O presidente da Deputación de Pontevedra recibe un curso exprés de surf logo de pagar 67.000 euros por unha proba deste deporte no Concello de O Grove.

Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo.

Lendoiro segue con folgos

Deportes - 20 Setembro 2013

Germán Rodríguez Conchado e Paco Zas son polo de agora os rivais do presidente do Deportivo, que anunciou esta semana que optará á reelección nas presidenciais de antes de fin de ano.

Rubén Blanco, o porteiro vigués. Rubén Blanco, o porteiro vigués.

Rubén Blanco, de novo obxectivo do City

Deportes - 19 Setembro 2013

As boas actuacións do porteiro celeste de 18 anos, imbatido co filial e internacional nas categorías inferiores, suscitan o interese da Premier League.

A eficacia válelle unha remontada ao Compos

Deportes - 19 Setembro 2013

Os de Fredi fixeron o xusto fronte ao Pontevedra para voltear un marcador desfavorable. Os trocos marcaron o encontro da Copa Federación. Na outra semifinal, Alondras e Ourense empataron 1-1 no campo do Morrazo.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.