Deportes - 10 Outubro 2013
A xuíza única da Terceira galega impón tres partidos de sanción a Oladipo Oladapo, xogador nixeriano do Dorneda, por saltar ás bancadas do campo do Vilalbés tras recibir insultos racistas.
Deportes - 09 Outubro 2013
Un único gol de Adrián Cruz dá aos de Luisito a vitoria fronte ao Compostela e os 3.000 euros do premio.
Deportes - 08 Outubro 2013
Fernando Vázquez suspende a sesión en Abegondo despois dun forte enfrontamento entre Culio e Luisinho. "O incidente durou algo máis do habitual", recoñeceu o capitán Manuel Pablo.
Deportes - 07 Outubro 2013
O Santiago Futsal, que segue invicto tras catro xornadas, xogou un partido espectacular no Palau blaugrana e adiantouse 0-2, pero o Barça empatou con dous goles nos tres últimos minutos.
Deportes - 06 Outubro 2013
Empata 2-2 coa Cultural Leonesa nun partido no que os de Fredi volveron ser mellores que o seu rival.
Deportes - 06 Outubro 2013
Os de Quique Setién caen 2-0 con xustiza fronte ao RM Castela, que gañou o seu primeiro partido na Liga. A vindeira xornada, o sábado no Anxo Carro co Córdoba.
Deportes - 06 Outubro 2013
Os vigueses só reaccionaron co 2-0 en contra pero acabaron metendo ao Atleti na súa área despois do gol de Nolito. Os de Luis Enrique suman a terceira derrota consecutiva. A vindeira xornada, co Levante.
Deportes - 06 Outubro 2013
Sufriron os de Lisardo Gómez para vencer 76-70 ao Baloncesto Oviedo, novo na categoría e cun só estranxeiro. A vindeira xornada, o domingo co filial do Barcelona.
Deportes - 05 Outubro 2013
O Blusens Universidade anotou tres ensaios e faltoulle só un para acadar un punto por bonus ofensivo. Jeremy Simon foi o heroe nas Lagoas.
Deportes - 05 Outubro 2013
Os coruñeses empatan 0-0 co Mirandés e levan só un gol en catro partidos na casa. "Temos un problema ofensivo importante", recoñece Fernando Vázquez. A vindeira xornada, co Barça B.
Deportes - 05 Outubro 2013
O BNG avisa sobre a prohibición da bandeira galega coa estrela vermella nos partidos do Obra e lembra o informe do Valedor que ve inxustificada a medida.
Deportes - 05 Outubro 2013
Azkar Lugo e Burela Pescados Rubén empatan 3-3 nun partido que rematou con dous expulsados. Os locais seguen sen gañar en Liga tras catro xornadas.
Deportes - 03 Outubro 2013
Os lucenses estrean este sábado a LEB Ouro 2013-14 fronte ao Unión Financiera Baloncesto Oviedo. Os de Lisardo Gómez figuran, a priori, entre os favoritos ao ascenso.
Deportes - 03 Outubro 2013
Cae 71-76 ante o Guipuzcoa Basket. Os de Moncho Fernández cederon nos últimos cinco minutos un partido que controlaron toda a primeira metade.
Deportes - 02 Outubro 2013
O atleta David Gómez denuncia nun vídeo de once minutos o mal estado e abandono dalgunhas das instalacións do estadio municipal de Vigo.
Deportes - 01 Outubro 2013
O Crego e o Monaguillo andivemos estes días por Ponteceso por mor do Proxecto das Croas de Niñóns, unha acción de Arqueoloxía en Comunidade na que ademais da limpeza do castro puidemos recuperar a paisaxe cultural da parroquia. Moitas conversas cos veciños, que de seguida se abriron e nos permitiron compartir as súas vivencias e a súa forma de estar no mundo.
Deportes - 01 Outubro 2013
Ismael Santos salvou dúas vidas esta fin de semana no Pico Luigi Amedeo. O ex-xogador ourensán de baloncesto reconverteuse en guía de montaña e vive na cidade francesa de Chamonix.
Deportes - 29 Setembro 2013
Histórico triunfo do cadro vigués pola mínima nun dos campos máis complicados da categoría. Un solitario gol de Antúnez foi dabondo para decantala vitoria.
Deportes - 29 Setembro 2013
O Elx acada a súa primeira vitoria da Liga en Balaídos e os de Luis Enrique, que volveu ao once habitual, suman xa cinco xornadas sen gañar. O vindeiro domingo, no Vicente Calderón.
Deportes - 29 Setembro 2013
Borja Bastón marca dous goles na primeira metade e o Dépor realiza un partido moi serio en defensa, sen deixar apenas opcións ao rival. O Hércules errou un penalti no minuto 43.