Deportes - 17 Decembro 2004
Siareiros Galegos é un grupo de afeccionados que reclama a constitución dunha selección nacional galega de futbol. Dende hai meses veñen mantendo xuntanzas para impulsar esta iniciativa que colleu pulo tras a experiencia das seleccións deportivas catalanas. Nestas reclamacións están arrastrando ao BNG que xa se comprometeu, dende hai tempo, a facer 'bandeira política' deste tema. Nos últimos días estanse intensificando as accións para poñer en marcha esta iniciativa, mesmo seguindo o modelo asambleario dos nacionalistas galegos. Para saber máis consultade a súa web.
Deportes - 05 Decembro 2004
Ao presidente do Celta non lle saen ben as contas. Suma aquí e resta acolá e non lle cadran os números para que o equipo vigués volte á Primeira. Nunha cea que tivo coa peña "Horacio Gómez" de Tomiño -o seu concello natal-, xusto despois de empatar co Tenerife, o presidente céltico dixo que confía en que o Celta poida subir aínda que recoñeceu que as cousas se están poñendo moi costa arriba. Non descartou darlle un toque severo de atención a Fernándo Vázquez.
Deportes - 05 Decembro 2004
Outro que ten os días contados é o adestrador do Leche Río Breogán, Moncho López. As constantes derrotas do equipo lucense e a súas meteduras de pata cos medios de comunicación poden ter unha resposta contundente no Consello de Administración convocado para o vindeiro xoves. Os xogadores xa non o respetan e os seus insultos aos xornalistas (con 'hijos de puta' incluidos) non o van a axudar en nada.