Deportes - 06 Xullo 2005
"Hay jugadores que jamas volverán a vestir la camiseta del Racing porque han pasado cosas muy fuertes", dixo hai poucos días o presidente do Racing de Ferrol, Isidro Silveira, mentres o clube desbotaba a Alberto, Gorka Soria, Juanlu, Franch ou Sito para a vindeira tempada. ¿Que aconteceu neste clube?....
Deportes - 13 Xuño 2005
Tras a derrota ante o Eibar, ao Celta póñenselle as cousas moi costa arriba, xa que terá que gañar o último partido de Liga se quere ir a Primeira. O que pasa en Vigo non ten nin nome nin explicación, perto tanto o clube como as peñas comezan a mover pezas.
Deportes - 08 Xuño 2005
No Sur de Galicia extendeuse o rumor de que foi un medio de comunicación de A Coruña o que deu o chivatazo ao Recreativo de Huelva sobre o aliñamento indebido no Celta. Este asunto ten mosquedada a toda a cidade de Vigo e non polo despiste, senon pola "mala fe" co que algúns equipos que loitan polo ascenso queren conseguir nos despachos o que non consiguen nos terreos de xogo.
Deportes - 06 Xuño 2005
A grande estrela da liga escocesa, o galego Nacho Novo, podería acabar nun equipo galego a vindeira tempada. Son dous os equipos do país que xa se interesaron polo xogador ferrolán, líder indiscutible dos Glasgow Rangers. Pero, por agora, o que hai son contactos y non promesas en firme, por iso o galego prefire continuar en Escocia.
Deportes - 06 Xuño 2005
Sen lugar a dubidas o heroe deste Celta é o seu adestrador, Fernando Vázquez, que chegou ó clube celeste sen facer moito ruido e acadou un obxectivo difícil nunha das ligas máis competitivas do Estado. O de Castrofeito probará, agora, sorte en Primeira e quere contar coa espiña dorsal do equipo do ascenso, incluido Giovanella e Gustavo López.
Deportes - 31 Maio 2005
O xornal deportivo Deporsport pode ter os días contados. Sport pechará a súa sucursa da Coruña a vindeira tempada se os resultados son como os que está tendo nos últimos meses. Este diario deportivo non vende máis de 800 exemplares e iso é moi pouco para manter a un xornal desas características. A mala actuación do equipo coruñés durante esta tempada tampouco axudou ao medre dese xornal. Dende a dirección da empresa catalana agardan que o Depor volva ser Super na vindeira campaña. Pero se as contas non melloran sustancialmente, Sport pechará definitivamente as portas en Galicia.
Deportes - 23 Maio 2005
O Breo busca recambios para Charlie Bell, quen vai probar sorte nos previos da NBA. O clube baralla nomes do Barça, do Estudiantes e do Joventut. Na directiva lucense están convencidos de que os millóns que van recibir polo norteamericano chegarán para facer duas boas adquisicións.
Deportes - 23 Maio 2005
A Jabo Irureta non lle gustou nada a homenaxe que a afección lle rendiu a Mauro Silva e Fran. Considera que desviou a atención do partido de onte e pensa que tivo algo que ver na derrota do equipo. Na rolda de prensa mordeuse a língua para non dicir algunha das cousas que pensaba, aínda que é consciente do aprecio que a afección lle ten a estes dous xogadores. Tampouco Lendoiro estivo cómodo co calor que os deportivistas amosaron por estes históricos xogadores, especialmente por Fran.
Deportes - 23 Maio 2005
Na directiva do Racing hai certa preocupación porque necesitan un novo equipo para xogar en Segunda o próximo ano. Do actual equipo titular só seis xogadores están atados aínda ó clube. Silveira xa se puxo en contacto cos representantes dalgúns carrileiros da Segunda, e tantea a algúns de Primeira.
Deportes - 23 Maio 2005
A terceira derrota consecutiva do Celta pode traer graves problemas para o equipo vigués. Na directiva do clube xa se fala de crise logo de perder con tres equipos da parte baixa da táboa. Horacio Gómez e Fernando Vázquez reuniránse nas próximas horas para analizar a marcha do Celta e buscar solucións de emerxencia. Agora xa non conta quedar como campións de Segunda senon o ascenso.
Deportes - 23 Maio 2005
A felicidade de Mirón foi evidente tras a victoria do Pontevedra sobre o Celta. Nembargantes o equipo granate ten difícil o ascenso, xa que vai último a cinco puntos da salvación. Pero o presidente pontevedrés ten, agora, problemas moito máis importantes. A conversión do clube en sociedade anónima non vai como se esperaba e necesitase unha inxección económica importante para conseguir este obxectivo. Nino Mirón leva uns días sondeando a un grupo de empresarios de Pontevedra para involucralos no futuro proxecto do equipo.
Deportes - 09 Maio 2005
Fernando Vázquez fixo cura de humildade cos seus xogadores tras a derrota en Tenerife. No vestiario tivo apelativos para a plantilla como "aplatanados, irreconocibles o imprecisos". Vázquez advertiu que, a pesares de ir primeiros e cun colchón de puntos, agora non é momento de "durmirse nos loureiros". Os xogadores aceptaron a pequena bronca e se comprometeron a gañar os partidos que quedan.
Deportes - 09 Maio 2005
O actual adestrador do Ourense, Milo Abelleira, podería recalar no Pontevedra se este clube descende a Segunda B. Abelleira non quixo renovar por tres tempadas máis como lle ofreceu o equipo das Burgas o pasado decembro. Os afecionados ourensanos xa o dan por feito, pero alertan ós seus colegas pontevedres; "Con este señor cada partido vai ser de infarto e de moito sufrimento".
Deportes - 09 Maio 2005
As contas da directiva coruñesa non dan para armar un equipo como aquel 'Super Depor' que asombrou a Europa. A viaxe de Lendoiro a Inglaterra non resultou coma el tiña pensado, e a caixa do clube está vacía. No Deportivo están convencidos de que a próxima tempada necesitan unha total renovación de xogadores e de adestrador, pero tamén son conscientes de que hai que ir moi de vagar porque a cousa non da para máis. Non se agardan grandes craks para o vindeiro ano. O único obxectivo por agora é entrar na Intertoto.
Deportes - 09 Maio 2005
Isidro Silveira xa pensa no futuro do Racing en Segunda A. O seu primeiro obxectivo está en amarrar a Mario Bermejo, polo que tamén está interesado o Celta e algún equipo importante de Primeira. Pero o xogador cántabro, tras unha moi boa tempada, pensa en recalar nun clube grande.
Deportes - 02 Maio 2005
Fernando Vázquez está pensando no equipo do futuro. O adestrador do Celta vai probar xogadores canteiráns de aquí ó final da Liga, como aconteceu onte con Toni Moral. A intención do de Castrofeito é contar coa canteira para o vindeiro ano, algo do que xa ten dado boas mostras nos últimos meses. Vázquez tamén baralla os nomes de dous dianteiros extranxeiros que xogan en equipos de Primeira, un deles un 'crack' arxentino. O problema, ata o de agora son os cartos que fan falla para mercalo.
Deportes - 02 Maio 2005
A derrota do Pontevedra en Xixón condena a este equipo á Segunda División. A afeción xa o ten asumido e o único que pide é un equipo competitivo para dentro de ano e medio estar en Segunda, novamente. Pero o clube pode ter un problema nos vindeiros meses se non cumple as expectativas depositadas na súa transformación a Sociedade Anónima. As cousas, polo momento, non andan nada ben e Mirón non lle dan as contas.
Deportes - 02 Maio 2005
O adestrador deportivista pode ter os días contados. Tras as últimas dúas derrotas consecutivas, a afeción estoupou e recibirá o equipo a vindeira semana con asubíos e panos brancos. Non se descarta unha reunión urxente da dirección do clube, con Lendoiro á cabeza, para tratar a continuidade de Irureta. Tamén se conta que a decisión de Mauro Silva e Luque de pedir o relevo foi por "vergoña allea".
Deportes - 25 Abril 2005
A afección no puido máis onte, logo dos catro goles encaixados en casa, e despediu ao equipo cunha sonora pitada. Irureta dixo que xa "tomou nota", e de portas adentro, se interpreta que será a súa última tempada no Depor. Dende o clube destacan que xa nin ten a "ilusión" de levar o equipo á Europa. A verdade é que no Depor non hai o espírito competitivo doutros anos. Mesmo nos adestramentos o equipo se limita a facer uns exercicios rápidos e un partidiño sen máis; en total, pouco máis de hora e media.
Deportes - 25 Abril 2005
O Celta sacou proveito do pinchazo dos seus perseguidores e xa se puxo a seis puntos do Cádiz. O peor do partido de onte, a agresión aos afecionados da peña Celtista Quart-Hadast que se desplazaron a Elche cun espectáculo lamentable. Consultao en delcelta.com. Por outra banda, Horacio Gómez e Fernando Vázquez xa traballan no Celta de Primeira, a pasada semana falaron de posibles fichaxes para a vindeira tempada.