Galicia, á cola no grao de ocupación de prazas hoteleiras en decembro de 2016, cun 22,1%

Economía - 23 Xaneiro 2017

A Xunta destaca que a comunidade alcanza "máximos históricos" en viaxeiros aloxados e pernoctaciones

As primeiras licitacións de Rozas mellorarán a xestión de recursos acuáticos, territorio e control de tráfico aéreo

Economía - 23 Xaneiro 2017

Estas sete licitacións supoñen 14 millóns e publicaranse entre maio e xuño, tras recibir 149 ideas na fase de consultas a mercado

Pablo Álvarez, presidente de Nosa Enerxía, unha comercializadora de electricidade / Erik Dobaño

Pablo Álvarez: “Sobran fontes de enerxía pero hai que explotalas"

Economía - 23 Xaneiro 2017

"Fixéronnos un cálculo sobre os paneis solares, e aproveitando cubertas de parques empresariais e edificios do país, si se chegaran a ocupar 21 quilómetros cadrados, disporíamos do equivalente a tres veces o consumo actual", asegura nesta entrevista Pablo Álvarez, impulsor da cooperativa Nosa Enerxía, cuxo obxectivo é democratizar a enerxía cara a soberanía enerxética e buscar un prezo máis xusto.

Un centenar de gandeiros protestan en Bruxelas contra o modelo da UE para o sector lácteo

Economía - 23 Xaneiro 2017

Un centenar de gandeiros, principalmente belgas, franceses e alemáns, manifestáronse fronte ao edificio do Consello da UE en Bruxelas, onde os ministros están reunidos para avaliar a evolución dos mercados agrícolas e, en especial, o sector lácteo, co obxectivo de protestar contra a desregulación e pedir a volta dun sistema público de control da produción.

O secretario xeral en funcións da CEG ve ao candidato Antón Arias "unha persoa con talante negociador importante"

Economía - 23 Xaneiro 2017

O secretario xeral en funcións da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Jaime López, destacou este luns do único candidato a presidir a patronal galega, o coruñés Antón Arias, que é "unha persoa cun talante negociador importante".

Os pedidos da industria soben en novembro de 2016 en Galicia un 0,2% con respecto a 2015

Economía - 23 Xaneiro 2017

Os pedidos da industria subiron en novembro de 2016 en Galicia un 0,2% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Aínda que é das 14 comunidades autónomas nas que se incrementou este índice, é a que, delas, presenta un menor incremento.

O BOE publica a licitación de dous contratos para as obras de acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol

Economía - 23 Xaneiro 2017

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este luns a licitación de dous contratos para as obras de acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol por valor de máis de 1,58 millóns de euros.

A facturación do sector servizos sobe en Galicia un 11,7%, o maior crecemento de toda España

Economía - 23 Xaneiro 2017

Galicia experimentou en novembro o maior crecemento da cifra de negocios do sector servizos do conxunto estatal cunha suba do 11,7 por cento, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A cifra de negocios na Industria creceu en Galicia un 3,4 por cento

Economía - 23 Xaneiro 2017

A cifra de negocios na Industria creceu en Galicia un 3,4 por cento o pasado mes de novembro respecto ao mesmo perído do ano pasado, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística publicados este luns.

Galicia, á cola no grao de ocupación de prazas hoteleiras en decembro de 2016, cun 22,1%

Economía - 23 Xaneiro 2017

No conxunto do pasado ano o grao de ocupación situouse no 36,1%, o que coloca a galega como terceira comunidade pola cola

Valeriano Martínez avoga por pechar a comisión de investigación das caixas: "A cuestión está suficientemente clara"

Economía - 22 Xaneiro 2017

Acusa o Banco de España de falta de "asunción de competencia" no caso das caixas e afea o "maximalismo" da oposición en O Hórreo

Protesta en Vigo contra os tratados de libre comercio / CIG.

Decenas de persoas protestan en Vigo contra os tratados de libre comercio

Economía - 21 Xaneiro 2017

Os convocantes da mobilización concentráronse para trasladar a súa "oposición frontal" ao Tratado Económico e Comercial entre Canadá e a Unión Europea (CETA).

Afectados polas preferentes ven "irrisorias" as penas de cárcere impostas aos directivos de Novacaixagalicia

Economía - 21 Xaneiro 2017

A coordinadora de plataformas de afectados polas preferentes cualificou de "irrisorias" as penas de dous anos de cárcere impostas aos directivos de Novacaixagalicia, que ingresaron o pasado luns en prisión por orde da Audiencia Nacional polo caso das xubilacións millonarias.

En Marea cualifica de "abusivo" e "prexudicial para os consumidores" o decreto para a devolución de cláusulas

Economía - 21 Xaneiro 2017

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, cualificou de "abusivo" e "prexudicial para os consumidores" o Real Decreto lei aprobado polo Goberno español para a devolución das cláusulas chan por parte das entidades bancarias.

Nueva Pescanova sostén que a súa proposta "mellora os convenios vixentes" no sector" e busca garantir o emprego

Economía - 21 Xaneiro 2017

A dirección de Nueva Pescanova sostivo que, no marco da negociación dos convenios colectivos das plantas de elaboración e frigoríficos do grupo, ofreceu "dende o inicio unhas condicións laborais que melloran os convenios vixentes no sector", e defendeu, ademais, que a súa intención é "conseguir un convenio que garanta o emprego".

Un total de 40 proxectos de negocio aspiran a pasar á última fase da aceleradora ViaGalicia

Economía - 21 Xaneiro 2017

Un total de 40 proxectos de negocio, 20 na sede de Nigrán (Pontevedra) e outros tantos en Lugo, aspiran a pasar á última fase do programa de aceleración de empresas de ViaGalicia, competindo nun proceso polo que serán 15 os elixidos para a súa instalación no polígono de Porto do Molle, na localidade pontevedresa.

A feira Abanca Cimag-GandAgro abordará a xestión sostible de xurros e a "pegada" do carbono en forraxes

Economía - 21 Xaneiro 2017

A II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandaría, Abanca Cimag-GandAgro 2017, que se celebrará do 26 ao 28 de xaneiro na Feira Internacional de Galicia Abanca, acollerá durante o seu segundo día a xornada técnica 'Xestión sostible de xurros', organizada pola empresa Rosber.

Metaldeza colabora coa USC nun proxecto para orientar alumnos sobre a entrada no mercado laboral

Economía - 21 Xaneiro 2017

Metaldeza, por segundo ano consecutivo, colabora coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) no proxecto chamado 'Mentoring USC', cuxo obxectivo é poñer en contacto o alumnado de máster, graduados ou alumnado de último ano de grao con directivos e profesionais de empresas, co fin de que estes últimos, poidan orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvimiento da súa carreira profesional.

(AM) Sindicatos denunciarán ante Inspección de Traballo a "mala vontade de negociar" convenios por parte de Pescanova

Economía - 21 Xaneiro 2017

Cren que a proposta da empresa "roza o terrorismo patronal" e din que "a paz social e paciencia dos comités ten un límite"

Asemblea de sindicatos do grupo Nueva Pescanova / Europa Press.

Sindicatos denunciarán a Inspección de Traballo a “mala vontade de negociar” os convenios de Pescanova

Economía - 21 Xaneiro 2017

Segundo a "vontade" que mostre a empresa, levarán adiante medidas de presión "dun ou doutro calibre".


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.