López-Sors no xuízo do Prestige/telenocheonline.com

Péchase o xuízo do Prestige con moitas dúbidas sen resolver

Economía - 12 Novembro 2013

Nin Mangouras, nin Argyropoulos, nin López Sors irán á cadea nun proceso no que se piden 4.328 millóns de euros polos danos causados polo Prestige. Só se poderían cobrar 1.000.

O reitor da USC cos premiados

600 euros por ideas innovadoras

Economía - 11 Novembro 2013

A USC premia cinco proxectos tras acadar récord de participación no seu XIII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras. Están baseados en iniciativas de tipo tecnolóxico, químico e farmacéutico.

Entidade de Novagalicia Banco

Os noivos de Novagalicia Banco

Economía - 10 Novembro 2013

Polo momento, catro bancos e cinco fondos de investimento seguen interesados no banco galego. As entidades españolas queren que o Estado tutele a operación para que os bancos españois teñan preferencia por riba doutros fondos estranxeiros.

Pórtico Básico, no centro de Vigo, unha das liñas do Grupo Pórtico / Miguel Núñez

Sen acordo sobre o ERE en Pórtico

Economía - 08 Novembro 2013

O comité de empresa desmente as informacións publicadas dun suposto acordo sobre o Expediente de Regulación de Emprego proposto polo administrador concursal, con indemnizacións de 20 días por ano e que afectaría ao 60% do cadro de persoal.

Francisco Conde na súa toma de posesión como conselleiro/ Xunta

O plan dos 1.625 millóns da Xunta

Economía - 07 Novembro 2013

O Goberno galego presenta a Estratexia de Especialización da Investigación RIS 3 para mobilizar o I+D e cumplir coa UE. Sen embargo, o proxecto non recolle orzamentos concretos, nin postos de traballo que se agardan crear.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta/ xunta.es

"Mala noticia" económica para a Xunta

Economía - 05 Novembro 2013

A suba do paro bota por terra os argumentos de recuperación económica dos que fala Feijóo. O seu vicepresidente recoñece que as 7.492 persoas paradas máis de outubro son unha "mala noticia".

 A investigadora da Universidade de Vigo Iria Durán analizando o nivel de contaminación da Ría

O mexillón da Ría de Vigo, en risco polos metais pesados

Economía - 05 Novembro 2013

Unha investigación da Universidade de Vigo indica que a normativa que regula os valores de cobre e de zinc na Ría de Vigo non proporciona protección dabondo.

Así é Corcoesto

Premian ao director da mina de Corcoesto e ao seu maior detractor

Economía - 03 Novembro 2013

Francisco Aréchaga e a Sociedade Galega de Historia Natural, que dirixe Serafín González, premiados pola asociación Néboa.

Descarga dos berberechos franceses nos camións frigoríficos que os levan a Galicia/ Sabine Godar, blog Picardie Pircardie la mer

Berberechos galegos "made in France"

Economía - 02 Novembro 2013

Toneladas deste produto chegan semanalmente desde a Picardía a Galicia. Alí non se poden vender frescos pola clasificación da calidade das súas augas. En Galicia son envasados por algunhas conserveiras. Vídeo no interior.

Méndez, Gayoso, Feijóo e os outros directivos das caixas celebrando a fusión.

Zulueta e Moreda, imputados polas indemnizacións de Novacaixagalicia

Economía - 02 Novembro 2013

O xuíz tamén chamou a declarar a quen foi copresidente do banco galego, Mauro Varela, e á economista Pilar Cibrán.

Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior / Miguel Núñez

Tapóns para evitar escoitar as protestas dos preferentistas

Economía - 30 Outubro 2013

Novagalicia Banco reparte entre os seus traballadores tapóns para os oídos. Unha medida que apoia CC.OO., que mesmo critica que o ruído das protestas "resulta prexudicial para a saúde física".

Expositor de Pescanova nunha feira de productos do Mar/Inforheco

Pescanova pagaba "1.500 e 2.500 euros ao mes" aos seus testaferros

Economía - 30 Outubro 2013

O seu traballo simplemente consistía en realizar e asinar pagarés que entregaban á pesqueira. As vendas que a compañía fixo a estas sociedades superaron os 652,63 millóns en 2012.

Feijóo na Cámara galega/ parlamentodegalicia.es

Feijóo anuncia novas rebaixas fiscais e a oposición di que é un "mentireiro"

Economía - 30 Outubro 2013

Asegura que fará unha rebaixa fiscal no rural e non acudirá ao fondo de pago a proveedores do Estado e insiste en que Pemex construirá en Galicia. A oposición acúsao de "mentir e enganar" aos cidadáns.

Manuel Fernández de Sousa

O dono de Pescanova di que sufriu despedido improcedente

Economía - 29 Outubro 2013

De Sousa, que percibía case un millón polo seu cargo, non chegou a un acordo no SMAC e láise de que "nin sequera teño paro".

Vellos sentados nunha parada de autobús

Un pensionista galego cobra 137 euros menos que a media do Estado

Economía - 29 Outubro 2013

Un galego cobra 723 euros, fronte aos 860 que se cobra no resto de España.

Dous altos cargos da empresa privada, para o AMTEGA

Economía - 29 Outubro 2013

Esta axencia creará cinco postos de persoal directivo funcionario. Cobrarán 6.000 euros máis que un subdirector xeral, un funcionario da súa categoría coas retribucións máximas.

Extracto das resolucións presidencias da Deputación de Pontevedra

Economía - 29 Outubro 2013

GC ofrece aos gcpluseiros copia do documento oficial no que se detallan as contas, contratos e operacións da Deputación de Pontevedra durante os meses de setembro e a metade de outubro deste ano.

Rafael Louzán/worldfishingexhibition

Os gastos, os premios e os contratos da Deputación de Pontevedra

Economía - 29 Outubro 2013

O ente que dirixe Rafael Louzán gasta case 2,5 millóns en nóminas ao mes e case dous millóns en préstamos hipotecarios. Aproba pluses de produtividade polo "grado de interés e iniciativa en el desarrollo" no posto de traballo, contrata a persoal vinculado ao PP e subvenciona xenerosamente eventos de escasa repercusión social. Documento en GC Plus.

Manuel María Fernández de Sosa Faro, presidente de Pescanova, recibe un premio das mans do presidente da Xunta e en presenza do alcalde de Santiago

"Hoxe vendemos 350.000€ en accións. É difícil vender por falta de liquidez"

Economía - 28 Outubro 2013

GC publica en exclusiva un avance do libro 'Pescanova Crimen Perfecto', do noso colaborador Valentín Carrera. Trátase do capítulo dedicado á cuarta rede de empresas instrumentais tecida por Manuel Fernández de Sousa —no libro identificado como MF, que é como asinaba os seus mails— para evadir impostos e tirar beneficio persoal.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.