Dous altos cargos da empresa privada, para o AMTEGA

Economía - 29 Outubro 2013

Esta axencia creará cinco postos de persoal directivo funcionario. Cobrarán 6.000 euros máis que un subdirector xeral, un funcionario da súa categoría coas retribucións máximas.

Extracto das resolucións presidencias da Deputación de Pontevedra

Economía - 29 Outubro 2013

GC ofrece aos gcpluseiros copia do documento oficial no que se detallan as contas, contratos e operacións da Deputación de Pontevedra durante os meses de setembro e a metade de outubro deste ano.

Rafael Louzán/worldfishingexhibition

Os gastos, os premios e os contratos da Deputación de Pontevedra

Economía - 29 Outubro 2013

O ente que dirixe Rafael Louzán gasta case 2,5 millóns en nóminas ao mes e case dous millóns en préstamos hipotecarios. Aproba pluses de produtividade polo "grado de interés e iniciativa en el desarrollo" no posto de traballo, contrata a persoal vinculado ao PP e subvenciona xenerosamente eventos de escasa repercusión social. Documento en GC Plus.

Manuel María Fernández de Sosa Faro, presidente de Pescanova, recibe un premio das mans do presidente da Xunta e en presenza do alcalde de Santiago

"Hoxe vendemos 350.000€ en accións. É difícil vender por falta de liquidez"

Economía - 28 Outubro 2013

GC publica en exclusiva un avance do libro 'Pescanova Crimen Perfecto', do noso colaborador Valentín Carrera. Trátase do capítulo dedicado á cuarta rede de empresas instrumentais tecida por Manuel Fernández de Sousa —no libro identificado como MF, que é como asinaba os seus mails— para evadir impostos e tirar beneficio persoal.

Fachada de EVO Banco en Madrid/noticiasbancarias.com

EVO sepárase oficialmente de NCG en decembro

Economía - 28 Outubro 2013

O banco xa foi mercado por un fondo estranxeiro e ten a súa sede en Madrid.

Manifestación en contra da mina de ouro en Corcoesto no concello de Coristanco / W. Burns

“Edgewater busca obter proveito da crise económica”

Economía - 28 Outubro 2013

O prestixioso xornal económico Financial Times cuestiona o proxecto da mina de ouro en Corcoesto e apunta ás mineiras canadenses como parte do grupo de "investidores estranxeiros que buscan converter os problemas de España en vantaxes para eles".

Elena Muñoz e Nuñez Feijóo na presentación dos orzamentos / Ana Varela

A Xunta insiste en que Galicia sairá da recesión en 2014

Economía - 27 Outubro 2013

A conselleira de Facenda Elena Muñoz destaca nunha entrevista o "cambio de tendencia" da economía galega o vindeiro ano 2014 e prognostica un crecemento do 0,8 por cento. A mandataria sinala que a esta mellor situación se chegará grazas ao "esforzo" da Xunta.

Bandeira chinesa na EGAP da Xunta

Denuncian o uso dos bolseiros na Xunta como traballadores

Economía - 26 Outubro 2013

A CIG-Autonómica critica que case un terzo das persoas que traballan na EGAP son bolseiros que "non reciben formación".

Funcionarios da Xunta nunha mobilización / CC.OO.

Miles de asalariados da Xunta recuperarán unha extra

Economía - 26 Outubro 2013

O Goberno quitou unha paga de 2012 indebidamente ao persoal laboral, dita unha sentenza que abre a porta a que todos os funcionarios tamén recuperen aquel soldo. AGE fala de "roubo".

Imaxe de Google Maps dunha manifestación na rúa Sánchez Bregua da Coruña.

As manifestacións de Galicia, en Google Maps

Economía - 25 Outubro 2013

A ferramenta de posicionamento de Google amosa unha gran protesta que tivo lugar na Coruña.

Cola nas oficinas do INEM

Hai menos paro que no trimestre anterior, pero máis que no mesmo de 2012

Economía - 24 Outubro 2013

O número de desempregados en Galicia baixou en 11.100 persoas no terceiro trimestre deste ano, pero subiu en 13.100 traballadores con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. Tamén hai menos xente ocupada.

Vertedoiro da Areosa, onde vai parar a maioría do lixo que entra en SOGAMA, en Cerceda

Os galegos pagarán un 34% máis polo lixo para poder manter SOGAMA

Economía - 23 Outubro 2013

A sociedade de Fenosa e da Xunta ve recortado os seus ingresos pola fin das primas as renovábeis. Os ecoloxistas demandan un cambio de modelo, que non se queime o lixo senón que se faga compostaxe.

Unha afectada polas preferentes de 82 anos, e que se move con andador, foi multada pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra/ Vigoalminuto

Multada con 100 euros por protestar cun "tapacubos"

Economía - 21 Outubro 2013

Desde abril, os afectados polas preferentes suman xa case 30.000 euros en multas. O voceiro do grupo do Baixo Miño acumula el só máis de 7.000 euros en multas. A Subdelegación tramitou sancións a mulleres de 82 anos que precisa dun andador para moverse.

A xunta directiva protexida por numerosos gardas de seguridade/ Tresyuno Comunicación

Asemblea con 30 gardas privados e cinco furgóns policiais

Economía - 20 Outubro 2013

A Xuntanza da Asociación de Comuneiros de Cabral para abordar o proxecto 'Porto Cabral' remata sen acordo e con grandes divisións. O presidente sae escoltado por 15 gardas de seguridade.

Elena Muñoz e Nuñez Feijóo na presentación dos orzamentos de 2013 / Ana Varela

A Xunta gastará máis en pagar intereses e menos en servizos sociais

Economía - 19 Outubro 2013

A Vicepresidencia ve aumentar os seus orzamentos un 1,2 por cento mentres hai menos cartos para os departamentos de Educación, Traballo e Sanidade; segundo os orzamentos de 2014 detallados este sábado pola Consellería de Facenda.

Elena Muñoz e Nuñez Feijóo na presentación dos orzamentos

Feijóo presenta as contas da "recuperación e crecemento"

Economía - 18 Outubro 2013

Anuncia que a economía galega crecerá un 0,8% e o paro baixará 0,5 puntos en 2014. Unha situación que a conselleira de Economía explica porque Galicia "terá mellor produción industrial, máis exportacións e máis ingresos".

Contra a mina de ouro en Corcoesto / Bocixa Tingalaranga

O Goberno galego non pecha a porta a unha mina en Corcoesto

Economía - 18 Outubro 2013

Feijóo di que lle cancelaron os permisos a Edgewater porque "non cumpría os requisitos técnicos".

Unha cadea de produción industrial

A industria perde peso en Galicia

Economía - 18 Outubro 2013

En agosto triplicouse a baixada de pedidos na industria e o índice de negocio reduciuse un 8,6%.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.