Economía - 01 Marzo 2007
CIG-Banca remitenos un comunicado sobre Caixanova asegurando que llo censuraron en Vigo...
Economía - 27 Febreiro 2007
A Coordinadora Unitaria dos Traballadores de Telemarketing remitenos unha mensaxe denunciando ás prácticas da empresa Stream Sau para "desanimar" ós traballadores a que demanden os seus dereitos
Economía - 09 Febreiro 2007
As direccións das grandes centrais sindicais están moi divididas pola decisión do comité de empresa de Navantia-Fene de criticar o plan proposto pola Xunta...
Economía - 28 Xaneiro 2007
O programa 'Línea 900', da segunda canle da TVE, emite hoxe unha reportaxe sobre a planta de Reganosa en Mugardos, titulada "Un gaseoducto en mi jardin"...
Economía - 17 Xaneiro 2007
A Consellería de Pesca saca a concurso a organización e montaxe do posto que este departamento terá no Certame Feiral a calebrar na European Seafood Exposition en Bruxelas do 24 ó 26 de abril e que contará cun presuposto de 500.000 euros. Podes ver os pregos de condicións aquí.
Economía - 01 Novembro 2006
Os operadores de petroleo Cepsa e Repsol amosaron a súa sorpresa e malestar polas negociacións que a Xunta mantén coa sociedade Recuperalia Novas Enerxías, un grupo constituido por cinco distribuidoras galegas de hidrocarburos, coa intención de crear unha petroleira galega....
Economía - 10 Outubro 2006
No último Consello da Xunta abordaronse os últimos movementos económicos que teñen coma finalidade facerse con empresas de capital galego como Fenosa, Calvo ou Fadesa...
Economía - 10 Outubro 2006
O estudio presentado onte pola Confederación de Empresarios de Pontevedra para construir unha segunda ponte na ría de Vigo volveu tensionar as relacións desta asociación coa Xunta...
Economía - 06 Outubro 2006
As operacións bancarias de Caixanova están tendo grandes problemas dende onte. Ó parecer, caeu o servidor central da caixa galega, deixando sen servicio a todas as súas sedes. Sobre as 19.00 horas de onte aliviouse un pouco a situación ó habilitarse unha liña de urxencia, pero aínda hoxe persisten graves problemas co sistema informático...
Economía - 06 Outubro 2006
Segundo nos contan, no Consello da Xunta de onte falouse do anuncio do vicepresidente Anxo Quintana de subir as pensións mínimas. Touriño pediu explicacións e, en público, dixo descoñecer ese anuncio. "O sistema de xubilación é caixa única", dixo en alusión a que é unha competencia do Goberno central...
Economía - 25 Setembro 2006
O PSOE conta co apoio do BNG para sacar adiante os PXE 2007. Ó parecer, Francisco Rodríguez, a pesares das súas reticencias iniciais, manifestoulle ó ministro de Economía, Pedro Solbes, a súa intención de apoiar as contas do vindeiro ano se superaban as de 2006 e se realizaban fortes inversións en infraestructuras...
Economía - 04 Setembro 2006
A cifra de perdas pola oleada de incendios que padeceu Galicia a principios do pasado mes elevase ós 240 millóns de euros, segundo estimacións da Xunta que se darán a coñecer esta mesma semana no Parlamento galego....
Economía - 27 Xullo 2006
Os traballadores do telemarketing da Coruña, constituidos agora na Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing, estanse movilizando en contra da deslocalización dos seus postos de traballo e dos datos dos seus clientes. Acaban de poñer en marcha unha páxina na que convidan a todos os traballadores afectados dos distintos call center a unirse a eles, así coma ás organizacións sociais, sindicais e políticas para solidarizarse coa súa causa e colaborar coas movilizacións...
Economía - 18 Maio 2006
A Facultade de Economía da USC leva tempo traballando conxuntamente coa Cátedra 'Albertino de Figueiredo', que leva o nome do presidente de honor de Afinsa e un dos imputados no caso da estafa da filatelia...
Economía - 10 Maio 2006
Nun sector da Administración galega, concretamente, nas áreas gobernadas polo BNG, non acaban de entender a integración e pulo que por parte da CIG e do SLG se está a facer da Plataforma en Defensa da Economía de Santiago e Comarca, constituida o pasado 21 de abril para opoñerse á concesión da licencia de apertura ao Carrefour das Cancelas (Santiago)...
Economía - 08 Maio 2006
O conselleiro maior do Consello de contas, Luciano Fariña, confirmou hoxe a contratación de tres altos ex cargos dos gobernos do PP tal e como xa sinalamos nesta mesma páxina. "Foi un nomeamento que se adoptou de maneira colexiada, aplicando os criterios legais e reglamentarios", sinalou no Parlamento. Por iso, quiso deixar claro que, con esta decisión, non se "menoscaba" a independencia desta institución, cuia decisión se tomou "acreditada" nos informes previos presentados polo Consello de Contas.
Economía - 04 Maio 2006
Hoxe e mañán celébranse en Santiago unhas xornadas con motivo do 15 aniversario da creación do Consello de Contas que levan por título "O control externo público para o século XXI". Un control, que sen embargo, pode fallar cando se trata de analizar as vindeiras contratacións nesta entidade....
Economía - 27 Abril 2006
Non gustou nada na Xunta a decisión do Goberno central de reducir o Plan Eólico Galego á metade. E é que o Executivo galego aprobou concesións de plantas eólicas para chegar os 6.500MW de aquí o 2010. Para evitar unha guerra enerxética, o Ministerio de Industria estudia conceder a Galicia os "excedentes" que non cubran outras autonomías, que a Xunta xa califica de "política de migallas". Esta decisión tamén é ollada de distinta forma polos colectivos ecoloxistas galegos, algúns dos cales teñen criticado o perigo mediambiental que supoñen novos xeneradores eólicos nos montes galegos.
Economía - 17 Abril 2006
Chégannos novas denuncias por incumplimento da toponimia oficial. Desta vez acusase ó Instituto Galego de Estatística (IGE), dependente da Consellería de Economía, de utilizar topónimos deturpados de parroquias e lugares. San Julián de Cabanas, San Esteban de Cos, San Juan de Ortoño, La Matanza, Palomar de Abajo, Puente-Cesures, Puente Aldea, La Iglesia, Borducedo Pequeño, San Pelayo de Aranga, Pedramayor ou Besojo son exemplos destas prácticas. Máis información aquí.
Economía - 01 Marzo 2006
A Xunta quere, agora, potenciar os contactos entre Galicia e Irlanda a través do mar. Para iso, Política Territorial acaba de destinar 50.000 euros. O seu obxectivo é contratar unha asistencia que redacte un estudio que analice as posibilidades dos portos galegos para convertirse en "referencia" dos intercambios comercias con Irlanda, profundizando nas líneas 'Short Sea Shipping (SSS)' entre ambos os dous países. Podes consultar as bases aquí.