Os conflictos de Valeo

Economía - 24 Febreiro 2006

Segundo nos comentan, a continuidade de Valeo no Porriño non está asegurada tras o peche da planta de Valeo-Ourense. Esta situación, que provocou a perda de 1.500 postos de traballo, podería trasladarse agora ó Sur de Pontevedra. A dirección da empresa está pensando mover definitivamente a súa producción a Polonia, Marrocos e Túnez. O peche de Valeo-Porriño tamén afectaría a numerosas fábricas auxiliares do polígono da Granxa.

As vixilancias da OPA

Economía - 23 Febreiro 2006

A OPA de Gas Natural a Endesa está dando moitos quebradeiros de cabeza ó goberno de Zapatero e, por extensión, ás autonomías con executivos socialistas e con proxectos enerxéticos dependentes da eléctrica. Unha situación a que non é allea Galicia.

Publicidade institucional

Economía - 20 Xaneiro 2006

Tal e como anunciou a Xunta, a publicidade institucional xa sae publicada no DOG, como acontece co concurso público aberto para a contratación de servizos de compra de espazo en prensa e radio para a difusión e divulgación do marco regulador de axudas, actividades e servizos do Igape. En total, 360.000 euros. Ata se pon en concurso a elección e suministro do agasallo a ofrecer ós fogares informantes da enquisa de condicións de vida das familias, consistente en 6.500 unidades. A pesar deste novo marco de transparencia, a política de publicidade institucional aínda non é coordinada pola Secretaría Xeral de Comunicación tal e como estaba plantexado nun primeiro momento.

O pasado de Delgado Arce

Economía - 30 Novembro 2005

A militancia do PSOE está moi incomoda coa elección dalgúns dos altos cargos do goberno galego, especialmente os das áreas socialistas. Critican, como xa temos contado aquí, que se teñan nomeado para postos de responsabilidade a xente que non ten nada que ver co partido. Este malestar está sendo amosado nas distintas asambleas locais do partido e, mesmo, está dando lugar á aparición de dosieres sobre algúns dos elexidos. Galicia Confidencial recibiu informes sobre o novo director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce.

As presas do Goberno galego

Economía - 21 Outubro 2005

A Xunta de Galicia leva unha semana tola preparando os orzamentos do vindeiro ano, e aínda así, non os teñen completamente pechados. Esta fin de semana, serán varios os conselleiros que pasarán o sábado e o domingo enclaustrados nos seus despachos tentando cadrar definitivamente unhas contas que presentará o conselleiro de Economía o luns no Parlamento. O PP prepara unha batería de recursos ó considerar que se vulnerou a Lei de Réxime Financeiro e Presupostario de Galicia.

O Fin da Super en Galicia

Economía - 03 Outubro 2005

A refinería de Repsol na Coruña suspendeu dende hai algunhas semanas o suministro de gasolina Super nas estacións ás que presta servizo. Deste xeito, pretende concienciar ós conductores para que comecen a utilizar a gasolina sen chumbo e cumprir, así, as directivas europeas. Esta medida afecta a case a totalidade das gasolineras da Coruña, e a boa parte das outras tres provincias galegas.

As intrigas de Florentino e Botín

Economía - 27 Setembro 2005

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente, Anxo Quintana, estaban ó tanto do interese de Amancio Ortega, Jacinto Rey e Caixanova por comprar parte das accións de Fenosa e mesmo deron o seu visto bo á operación. Nembargantes, a astucia de Emilio Botín e os trucos de Florentino Pérez truncaron a operación. Nos círculos económicos crese que o presidente de ACS pode facer negocio revendendo a súa parte a Energías de Portugal (EDP) ou a italiana Enel.

As "metodoloxías electorais" da CIG

Economía - 27 Maio 2005

Esta fin de semana terá lugar o IV Congreso da CIG en Santiago. A central nacionalista chega a este cónclave con varias candidaturas e con críticas de "eivas na metodoloxía electoral" por parte dalgún dos sectores. O principal rival que terá Suso Seixo será, probablemente Manuel Currás Meira, "Meiriña".

A CIG di que non está ao nivel de UGT e CCOO

Economía - 04 Maio 2005

A CIG remitiunos un comunicado desmentindo unha información publicada neste confidencial o pasado 10 de marzo baixo o título 'A financiación dos sindicatos'. Suliña que este sindicato "pode demostrar a súa total independencia de calquera administración e que o seu financiamento é completamente autónomo" e que non está "ao mesmo nivel que as organizacións sindicais CCOO e UGT".

O "enigma" da viaxe de Lendoiro a Inglaterra

Economía - 14 Marzo 2005

Tal e como contamos aquí, a viaxe de Lendoiro a Inglaterra está causando estupor entre os afecionados deportivistas. Lendoiro ampliou, máis da conta, a súa estancia nas illas británicas e as reunións que mantivo con Abramovic se relacionan coa necesidade do presidente deportivista de conseguir financiación para o seu clube. Entre os temas de conversa co presidente do Chelsea estiveron Valerón, Tristán e Victor. Algún destes tres xogadores pode ser que recale no fútbol inglés en breve. Lendoiro vai vir de Inglaterra cun curso rápido de administración e marketing deportivo.

A financiación dos sindicatos

Economía - 10 Marzo 2005

Os sindicatos e as distintas administracións manteñen unha relación moi peculiar, por unha banda se repelen, pero pola outra se necesitan. Está pasando coa Xunta e CC.OO no conflicto de Ence pero tamén acontece con CIG e UXT noutros ámbitos e con outras administracións.

Cousas do Prestige

Economía - 01 Marzo 2005

A comparecencia do presidente do Cluster de Acuicultura de Galicia, Fernando Aldana Mayor, a pasada semana, na Comisión de Investigación do Prestige, a petición do PP, non pasou desapercibida entre as empresas do sector. O venres da semana pasada, este organismo tivo unha reunión ordinaria na que tamén se falou, e moito, do dito por Aldana Mayor na comisión. Coincidiron todos en que os verquidos non afectaron a producción das plantas acuícolas galegas, pero houbo quen lle recriminou que coincidira coa oposición ó sinalar a descoordinación durante a catástrofe e ó confirmar que de producirse unha nova maea negra pasaría igual por falta de medios.

CIG, ¿congreso tranquilo?

Economía - 23 Febreiro 2005

A CIG celebra o seu vindeiro congreso en maio con dous sectores dispostos a dar a batalla; o maioritario que representa a UPG e un minoritario composto por membros da extinta Unidade Galega. Éstes últimos teñen tres cargos na executiva do sindicato nacionalista e aspiran, polo menos, a mantelos. Para Suso Seixo e os seus isto non representa ningún perigo porque están dispostos a ceder pero o que non tolerarían é que este sector presente un candidato alternativo á Secretaría Xeral. Os de UG son fortes en Lugo, Ferrol, e, sobre todo, na Coruña, pero pouco máis. "Non lles dan os números", sinalan dende o sector oficial para defender un "arraxo pacífico", que os de UG poderían aceptar sen problemas sempre que se manteñan os seus actuais cargos.

A telenovela de Ence

Economía - 10 Febreiro 2005

A decisión da dirección de Ence de descartar a construcción dunha planta de papel tisú provocou a reacción da propia empresa e da Xunta que iniciaron unha ofensiva contra o Concello de Pontevedra e, de paso, pretenden minar as relacións entre o BNG e o PSdeG. Ademáis, o Goberno galego está utilizando, moi sabiamente, o enfrontamento sindical e ao xornal La Voz de Galicia en beneficio propio.

As "chanchulladas" de UGT-Mar

Economía - 17 Xaneiro 2005

Segundo contan, o secretario federal de Mar do sindicato UGT, Manuel Domínguez Segade, adicase a realizar certas "chanchulladas", especialmente cos seus paisanos da Poboa do Caramiñal. Así, algúns mariños teñen criticado que "enchufa" a tripulantes en certas navieiras que "nin sequera teñen os papeis en regra".

A batalha dos perdedores

Economía - 23 Decembro 2004

O professor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Xabier Lavandeira-Villot, denunciava hai ums días num meio de comuniçom que na nova "aldraje" do reparto de dereitos de emissom de CO2 que realizou o Goberno Central para os vindeiros anos, Galiza "está sostendo o debate dos perdedores, pedindo por umha industria obsoleta em lugar de apostar por umha nova", como a eólica.

Os intereses económicos do Porto Exterior

Economía - 22 Decembro 2004

Durante a votación da axudicación do voto exterior, novamente, houbo a posibilidade de aprazar a xuntanza, polo enfrontamento entre os representantes do Estado e os da Xunta. Pero, finalmente, foi o presidente da CEG, Antonio Fontenla, e o director xeral da Cámara de Comercio, Gonzalo Ortíz, quenes apostaron polo 'si'.

Florentino Pérez e A Coruña

Economía - 21 Decembro 2004

Conta outro confidencial madrileño a relación do presidente do Real Madrid coas futuras obras do Porto Exterior. Consulta: www.elconfidencial.com

Os amigos constructores de Vázquez

Economía - 20 Decembro 2004

Os problemas de financiación do Porto Exterior coruñés puxeron, estes días, en alerta máxima ós grandes constructores deste país e, sobre todo, ó alcalde coruñés, Paco Vázquez, que estivo "dos nervios" agardando que non se retrasen as obras. Non foron poucos os empresarios que chamaron á alcaldía para saber que ía pasar con esta infraestructura, pero a súa verdadeira preocupación era saber que ía pasar cos terrenos do actual porto.

O PSdeG contraataca

Economía - 17 Decembro 2004

Os socialistas frótanse as mans porque están ideando un contraataque fulminante contra Núñez Feijóo en relación ao Porto Exterior coruñés. Tras anunciar Blanco que xa hai financiación europea, o Goberno vai dar un ultimatum para que en menos de nove días se dé vía libre á adxudicación das obras.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.