Alternativa á xestión da praga dos piñeiros

GC Aberto - 24 Xaneiro 2011

O Nematodo da Madeira do Piñeiro aboca ao peche a aserradoiros da e rematantes da comarca e provoca perdas millonarias aos propietarios forestais.

O Foro Galego de Inmigración súmase á folga xeral do 27X

GC Aberto - 24 Xaneiro 2011

O Foro Galego de Inmigración vén de emitir un comunicado público no que amosa o seu rexeitamento á reforma do sistema de pensións e chama a participar na folga xeral convocada en Galiza para o vindeiro 27 de Xaneiro.

Os informadores súmanse á folga xeral

GC Aberto - 24 Xaneiro 2011

O Sindicato de Xornalistas de Galicia apoia a folga xeral do 27 de xaneiro contra o aumento da idade de xubilación e o recorte das pensións. O SXG chama aos asalariados do xornalismo a participar na mobilización e en todos os actos que se convoquen antes desa data.

Galegos asasinados en Mauthausen

GC Aberto - 24 Xaneiro 2011

Cómpre con urxencia, coa urxencia de 66 anos de retraso, unha homenaxe, un recoñecemento nas súas vilas natais, en toda Galiza. Unhas placas, unhas rúas, unhas prazas... algo na súa memoria que é a de todos e todas nós.

Compostela de Santiago outra visión da vida Compostelana

GC Aberto - 23 Xaneiro 2011

Fai unha semana naceu o proxecto Compostela de Santiago unha iniciativa na Rede para informar aos composteláns e compostelanas de todo o que se move na cidade: vida urbana, ecoloxísmo, tendencias, moda, deportes, axenda cultural...

Xa podes publicar noticias directamente en GC

GC Aberto - 23 Xaneiro 2011

GC Aberto permite que os máis de 3.000 usuarios únicos diarios deste xornal reciban información directamente de fontes como asociacións cidadáns, ecoloxistas ou denuncias de particulares

Traballo dá medio millón a patronais sen sede ou actividade en Galicia

GC Aberto - 23 Xaneiro 2011

Asociación Española de Fabricantes de Envases y Embalajes de Cartón Ondulado e a Asociación Española de Floristas son dous exemplos.

O Toxo Rabudo, novo netlabel galego

GC Aberto - 23 Xaneiro 2011

Un novo selo virtual ofrécese para publicar na rede traballos con licenzas libres para a súa descarga.

Lady Gagá e o dúo kilowatio

GC Aberto - 22 Xaneiro 2011

O lamentablemente a clase política nin se inmuta, e con indulxente asiduidade toman por norma de cumprimento a frase de Simone de Beauvoir, cando refería, que o máis escandaloso que ten o escándalo é que un afaise.

Estudos errados sacrifican a protexida Serra do Careón

GC Aberto - 22 Xaneiro 2011

O ministerio de Fomento ven de aprobar unha alternativa para a autovía A-54 entre Arzúa e Palas de Rei que atravesa o LIC Serra do Careón o que vai provocar o isolamento de poboacións de dúas especies de plantas únicas do mundo e na actualidade en perigo de extinción.

Asemblea FiareGZ: 22 de xaneiro de 2011

GC Aberto - 21 Xaneiro 2011

O sábado 22 de xaneiro Fiare Galiza celebra unha asemblea aberta en Vigo, no local de Proclade, na rúa Honduras nº 7. O comezo da mesma será ás 10 h, 10:30 h en segunda convocatoria, e extenderase durante a mañá e a tarde desa xornada. Os puntos fundamentais a abordar serán unha posta ao día do estado do proxecto e das súas contas a nivel galego. Contaremos tamén coa presenza de Peru Sasia que nos falará da situación do proxecto en todo o estado.

Tren de proximidade para Santiago

GC Aberto - 20 Xaneiro 2011

Esquerda Unida Compostela manifesta a súa defensa dun transporte público, de calidade e sustentable, para lograr unha cidade máis habitable, máis saudable, máis ecolóxica e cohesionada socialmente.

Devastado un parque público en Poio

GC Aberto - 19 Xaneiro 2011

O Parque Recreativo do Castrove, devastado tras unha abusiva tala levada a cabo pola Comunidade de Montes de San Xoán.

Lembran aos prisioneiros españois do nazismo en Sachsenhausen

GC Aberto - 19 Xaneiro 2011

"Memoria" foi a palabra que máis resoou hoxe nas instalacións onde se erguía o campo de concentración nazi de Sachsenhausen, onde a ministra de Exteriores española, Trinidad Jiménez, descubriu unha placa en recordo dos máis de 190 españois que foron confinados no campo

"Fomento discrimina a Vilaboa coas beirarrúas"

GC Aberto - 19 Xaneiro 2011

O BNG de Vilaboa a través da súa voceira municipal e candidata á Alcadía, Ornela Fernández Salgado, evidenciou hoxe o diferente criterio que o Ministerio de Fomento tivo á hora de deseñar e construír as beirarrúas da N-554 en comparación coas da na N-550 en Salcedo (Pontevedra).

Aumento dos prezos dos alugueres en Santiago

GC Aberto - 18 Xaneiro 2011

Esquerda Unida Compostela manifesta a súa preocupación pola mala xestión do equipo de goberno en política de urbanismo, que provoca que Santiago sexa a cidade cos prezos de aluguer máis altos de Galicia e a única na que aumenta o prezo da vivenda nova. O Consello Comarcal de EU reitera a súa proposta de crear un parque público de vivendas en réxime de aluguer.

Deconstruir o Gaiás

GC Aberto - 18 Xaneiro 2011

Un complexo que vulnera, discrimina, estigmatiza e humilla a máis do 10% da poboación.

Acto a prol das Novas Galescolas

GC Aberto - 18 Xaneiro 2011

O sábado 22 de xaneiro, ás seis e media da tarde, no local de maiores de Pontedeume (A Coruña) fará un acto público e asemblea aberta que constará dunha conferencia: Polo dereito da infancia á educación, na que se tratará da historia e a motivación do proxecto aberto e popular que é Galiza co Galego e a creación da rede popular de ensino. Na asemblea analizarán o informe de xestión, renovarán os seus representantes e debaterán o proxecto de organización das escolas infantís de Galiza co Galego.

Educación usa "y" na versión galega dos exames de Premio Extraordinario

GC Aberto - 17 Xaneiro 2011

A Mesa lamenta a "exhibición de desprezo pola cultura galega" da Xunta despois de queuUnha alumna recrimínalle á Educación, ante o deficiente galego dos exames para premio extraordinario da ESO, que "como estudante galega, teño todo o meu dereito a poder ler, entender e facer un problema de matemáticas no meu idioma”

Deficiencias na traída de Paredes feita por Sercoysa

GC Aberto - 17 Xaneiro 2011

O BNG ven de rexistrar no día de hoxe unha iniciativa no Parlamento Galego a través do seu deputado Bieito Lobeira, para que o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández dé conta das causas pola que a rede de abastecemento de Paredes, recén feita presente numerosas deficiencias.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.