Dona á loita contra o infanticido os cartos das luces de Nadal

GC Aberto - 15 Xaneiro 2011

O Concello de Piñor entregou onte os cartos aforrados co alumeado de Nadal ao proxecto de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem da ONG Implicadas no Desenvolvemento.

Comezan os campionatos para masacrar raposos

GC Aberto - 14 Xaneiro 2011

Matar por matar, NON! Rebeca dende Amigos da Terra mandounos a seguinte información para quedar e pasar un bo rato no monte cantando cancións, acompañadas con tarteiradas, bruares, alalís e alalás... dende ben cedo pola mañá! Quen se apunta? Eiquí vola deixo:

A Xunta aproba un Plano de Residuos caduco, antiecolóxico e insustentábel

GC Aberto - 14 Xaneiro 2011

A Xunta vén de aprobar o Plano de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos 2010-2020 confirmando a aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo plano aposta novamente pola incineración (que chucha o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda. Asemade, os obxetivos de redución son ridículos (a crise económica ten feito máis nestes 2 anos pola redución que a Xunta) e para a compostaxe, a Xunta pretende aproveitar en 2020 a metade do que hoxe xa cumpren as plantas de Nostián e Lousame. Velaí o "grande esforzo" de Feijóo e Hernández: cartos para queimar o lixo -a cambio de prebendas eólicas- agrandando o monstro de SOGAMA, en troques de previr e compostar.

Señorías, esqueceron vostedes 60.000 € entre as silveiras

GC Aberto - 13 Xaneiro 2011

Igual esta debería ser a forma correcta de dirixirse aos nosos próceres nacionais despois de ver as imaxes que se achegan.

13º aniversario da morte de Ramón Sampedro

GC Aberto - 13 Xaneiro 2011

A Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia organicia o decimoterceiro aniversario do pasamento de Ramón Sanpedro en colaboración co Concello de Porto do Son, a Asociación de Veciños Sartaxas e Amigos de Ramón Sampedro

Mal estado das beirarrúas en Compostela

GC Aberto - 13 Xaneiro 2011

Esquerda Unida Compostela recorda que o pasado 17 de decembro presentou unha pregunta ó órgano competente do Concello de Santiago, na que facíamos referencia o malestar veciñal polo mal estado en que se encontra moitas estradas e beirarrúas, facendo fincapé nas moitas queixas recibidas do barrio da Álmaciga, requirindo que se arranxaran tódalas deficiencias existentes e que o actual equipo de goberno cumpra os seu acordos de goberno, máis concretamente o punto 14 das medidas a tomar no que, por exemplo, se pode ler textualmente “Mellorar a rede local de estradas...e incrementar a calidade dos espazos públicos...”.

Soprendimos un incendiario en la Serra do Suído

GC Aberto - 13 Xaneiro 2011

Claros y sombras en la conservación de A Serra do Suído, situada entre Ourense y Pontevedra.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.