GC Aberto - 10 Marzo 2012
A partir das 20:00 h. tivo lugar no auditorio do Museo Valle-Inclán unha charla a cargo do periodista Suso Souto dedicada á mítica figura de Marilyn Monroe. O acto estivo presentado pola presidenta da Asociación Madoán (promotora do acto), María José Rivadulla Santos, e o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas. http://www.desdepobra.com/desdepobra/POBRA/2012/MADOAN%20UNO/marilin/marilin.html
GC Aberto - 10 Marzo 2012
En menos dun quinquenio, as finanzas municipais teñen pasado dunha situación delicada a unha realidade catastrófica, circunstancia, que esixe a adopción de medidas de contención, anulando a totalidade dos gastos prescindibles e facendo efectiva a renuncia ás competencias delegadas para evitar os gastos de suplencia, que aínda sendo impropios, alcanzan o trinta por cento do total orzamentario. Ese que non outro, debe ser o guión de interpretación, que terá de manter súa vixencia mentres que a Administración do Estado manteña estacionada a solución definitiva ao financiamento das entidades locais
GC Aberto - 10 Marzo 2012
Hoxe 8 de marzo Día Internacional da Muller , inauguramos a Exposición “Elas fan camino “ cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade, da Xunta de Galicia, este acto estivo presidido por Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral, xunto co Alcalde da Pobra do Caramiñal, a Presidenta da Asociación Madoan ( Mulleres en Igualdade ). Estiveron presentes no mesmo, concelleiros de A Pobra do Caramiñal e do Concello veciño de Boiro, membros da Asociación de Mulleres de Rianxo, representantes de distintos colectivos dos que destacamos AMICOS, Arousa- Norte, etc
GC Aberto - 09 Marzo 2012
Este ano debido ás recentes reformas, afrontamos un 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, con moitos dereitos vulnerados que reivindicar. O goberno do Partido Popular está a realizar numerosos recortes que afectan á poboación en xeral e en especial ás mulleres.
GC Aberto - 08 Marzo 2012
Esquerda Unida Compostela mantén firme a súa loita para vencer a lacra do machismo aínda ben marcado na sociedade, poñendo de relevo que son necesarias políticas de igualdade, eficaces e efectivas, que promovan unha sociedade igualitaria.
GC Aberto - 08 Marzo 2012
O día 8 de marzo é xa ben coñecido como o Día Internacional da Muller. Unha data na que mulleres e colectivos de mulleres de todo o mundo saímos ás rúas, nunha tradición que xa dura máis de noventa anos, para conmemorar e seguir reivindicando a loita polos nosos dereitos e para que se recoñeza o noso papel na sociedade en igualdade de condicións que os homes.
GC Aberto - 07 Marzo 2012
Lista de algúns dos mecenas que apoiaron a primeira fase da campaña de apoio aos medios na lingua propia.
GC Aberto - 07 Marzo 2012
'Vanakkam' (palabra támil para dar a benvida) é un programa formativo sobre a cooperación ao desenvolvemento que realiza Implicadas/os no Desenvolvemento e que consta dunha fase formativa en Galicia coa posibilidade de viaxar aos proxectos de desenvolvemento que Implicadas apoia no sur da India.
GC Aberto - 07 Marzo 2012
Esquerda Unida Compostela neste 8 de Marzo quere manifestar o seu máis profundo rexeitamento ao recorte en materia de protección social que o PP está implantando a nivel do Estado e nas autonomías onde goberna.
GC Aberto - 06 Marzo 2012
A ONG participará na manifestación promovida pola Marcha Mundial das Mulleres en Vigo.
GC Aberto - 06 Marzo 2012
A Asociación Madoan (Mulleres en Igualdade) da Pobra do Caramiñal,con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra o día 8 de marzo, vai facer unha exposición e unha charla sobre a mitica rubia Marilyn.
GC Aberto - 04 Marzo 2012
Por máis alarde que se prodigue sobre a corrección das formas, resulta evidente que a historia da contratación pública séguese escribindo con liñas torcidas.
GC Aberto - 03 Marzo 2012
Un dos obxectivos que tiña este equipo de goberno para esta lexislatura era o crecemento económico e a creación de emprego. Hoxe, coa presentación do proxecto de ampliación do Polígono Industrial da Tomada, damos un paso moi importante cara adiante neste senso.
GC Aberto - 02 Marzo 2012
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario mudar o sistema recadatorio do Estado, que carece de progresividade e incumpre a necesaria equidade de que pague máis quen máis teña
GC Aberto - 01 Marzo 2012
Esquerda Unida Compostela defende un cambio de modelo urbanístico que defenda o dereito constitucional da cidadanía a unha vivenda digna, e que non perpetúe o actual sistema que prima o lucro da especulación sobre as necesidades da veciñanza.
GC Aberto - 29 Febreiro 2012
O Sindicato de Xornalistas chama á nosa afiliación e simpatizantes a tomar parte activa nas mobilizacións de hoxe.
GC Aberto - 27 Febreiro 2012
O representante do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez, proseguindo o traballo municipal, que a responsabilidade dos votos acadados esixe a esta organización, acudiu ó Pleno para valorar o que alí se faga ou diga.
GC Aberto - 25 Febreiro 2012
Os acordos subscritos no 2004 entre o Goberno español e a UE, non tiveron outra finalidade que restrinxir a capacidade produtiva do sector naval xenuíno, e o seu negativo alcance, supuxo a desaparición como tal da actividade civil nunha factoría que como Astano, fóra creada e deseñada expresamente para ese fin. Por iso a súa pervivencia, parte do dereito do estaleiro a recuperar o seu espazo vital dentro da construción naval convencional, obxectivo, onde a cuestión política segue sendo a principal baza a xogar, por máis que as súas señorías decidan encollerse de ombreiros.
GC Aberto - 23 Febreiro 2012
Carta a D. Jesús Rodriguez Pumar, propietario da fábrica de lapis.