Líderes... no aumento do paro: Feijó09

GC Aberto - 04 Decembro 2011

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL (Do 27-11-11 ao 03-12-11)

Indulto esperpético

GC Aberto - 03 Decembro 2011

Para eximir a alguén do cumprimento da pena imposta por sentenza xudicial, por tratarse dunha excepción de norma, tal decisión é obvio que teña que ser escrupulosamente calibrada e obrigatoriamente xustificada, non resultando de recibo, transformar o indulto nun deterxente para limpar os lamparóns da indumentaria salpicada polas charqueiras da inmundicia, que o propio afectado, foi causando no seu turbio itinerario.

Moción defensa cobertura sanitaria universal

GC Aberto - 02 Decembro 2011

Todas as Administracións Públicas deben velar, dende as súas competencias, polo respecto e defensa dos dereitos básicos da cidadanía.

Implicadas no Desenvolvemento, na Feira da Solidariedade de Lugo

GC Aberto - 02 Decembro 2011

A ONGD Implicadas no Desenvolvemento estará presente na vindeira edición desta feira, os días 3 e 4 de decembro.

Mocion axudas para pago da hipoteca ou alugueiro

GC Aberto - 01 Decembro 2011

Esquerda Unida Compostela considera que todas as Administracións Públicas teñen a obriga de cumprir co rol fundamental de prestar servizos públicos permanentes e de calidade que axuden á cidadanía tanto en tempos de grave crise coma os actuais coma no de supostas épocas de bonanza.

Implicadas no Desenvolvemento, presentes no Culturgal

GC Aberto - 01 Decembro 2011

A ONG contará cun stand os tres días da feira.

O Sindicato de Xornalistas propón alternativas para evitar os despedimentos no Concello de Ames

GC Aberto - 28 Novembro 2011

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acaba de enviar unha carta ao alcalde de Concello de Ames na que presenta alternativas para evitar o despedimento de tres xornalistas e outros seis traballadores deste municipio.

Incapacidades,indultos,touros,Iñaki e olé.

GC Aberto - 27 Novembro 2011

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(Do 20-11-11 ao 26-11-11)

A veciña do primeiro

GC Aberto - 27 Novembro 2011

Hai organizacións políticas cuxa estabilidade interna equivale a un estado de convulsión permanente, e tras esa axitación, sempre asoma o afán de protagonismo e as miserias persoais de quen pretenden substituír o interese xeral da cousa pública en prol das vaidades duns líderes devaluados.

A música de Habelas Hainas, a voz de Luz Fandiño e tres curtametraxes: Mulleres creando contra a violencia de xénero

GC Aberto - 26 Novembro 2011

Amosar as outras formas de violencia contra as mulleres, as que non deixan unha marca visible, as que non matan, pero que oprimen, apertan e afogan. Este é o obxectivo da xornada que a asociación Acsur-Galiza organiza coa colaboración desinteresada de Habelas Hainas e Luz Fandiño para este venres día 25 de Novembro, un día máis na loita contra a violencia machista.

EU Compostela: Valoración Pleno de novembro

GC Aberto - 26 Novembro 2011

Proseguindo co seu compromiso coa cidadanía que deposita a súa confianza nesta organización, ratificados co excelente resultado electoral tanto en maio, no que unha lei electoral inxusta impediu que Xabier Ron representara a EU no Concello, coma os máis recentes do 20N con máis do 5% de votos, representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela acudirán ós Plenos para valorar o que alí se faga ou diga.

Comunicado polo 25N

GC Aberto - 24 Novembro 2011

Esquerda Unida Compostela reitera o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero, recalcando unha vez máis que unha das medidas máis efectivas é o fomento dunha educación fundamentada en valores como a igualdade, a non discriminación e o respecto.

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

GC Aberto - 24 Novembro 2011

Un ano máis é o que hai que sumar á loita contra a violencia de xénero e un ano máis somos mulleres e homes de todo o mundo que nos mobilizamos neste 25 de novembro para non esquecermos tan terríbel mostra de desigualdade, aínda presente en tódalas sociedades.

O Club de Lectura de Implicadas chega a Ourense

GC Aberto - 23 Novembro 2011

Chus Pato é a autora invitada neste primeiro Club de Lectura de Implicadas na cidade de Ourense.

Valoración resultados electorais

GC Aberto - 22 Novembro 2011

EU Compostela rexistrou os mellores resultados históricos nunha eleccións xerais, superando o 5% de votos e case 3.000 votos, que acreditan o traballo realizado pola militancia e simpatizantes para consolidar a Esquerda Unida como referente da esquerda alternativa e transformadora e que asentan esta organización como a cuarta forza política da comarca, en franca ascensión.

Amigos da paz, amigos da guerra

GC Aberto - 20 Novembro 2011

Por Afonso Vázquez-Monxardín A cousa é simple dentro dunha complexidade enorme. Ou ao revés, complexa dentro da simplicidade. El calquera caso, como saben, o conflito territorial no Medio Oriente é un dos temas máis recorrentes do mundo. De máis. Ás veces parece que Xerusalén é o couzón –esa pedra cunha concavidade sobre a que xiran as cancelas- do mundo. E historia non lle falta.

20-N:Non poñas os raposos a coidar das galiñas¡

GC Aberto - 19 Novembro 2011

A Semana Fantástica universal(Do 13-11-11 ao 19-11-11)

Non son político

GC Aberto - 19 Novembro 2011

Dicir que a voracidade dos mercados é ilimitada non resulta novo, referir que a súa influencia no panorama político é ostentosa tampouco é un descubrimento. O que asoma como un acontecer perigoso é esa temeridade, esa insensata intención de relegar a democracia a un segundo plano, postulando para iso a primacía do papel moeda en detrimento do papel electoral, para deste xeito impor que os gobernos emanen do poder económico en supresión da a vontade popular. Ao parecer o feudalismo financeiro, agora mais que nunca vén disposto a establecer ao seu antollo unha nova orde mundial, e mentras eso acontece, os políticos de sempre no canto de facer valer a súa condición de lexítimos representantes, achantan outorgando acatamento, aproveitando para pactar unha parceliña de poder para seu futuro. É deprimente pero éche o que hai.

#15M A Coruña: 2 – Subdelegación del Gobierno: 0

GC Aberto - 15 Novembro 2011

Con dos jornadas disputadas, el #15M lidera la clasificación.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.