GC Aberto - 17 Maio 2011
Terceira xuntanza de nais e pais de O Milladoiro na loita polo dereito á educación dos seus nenos dentro do concello. Destas 85 prazas NON admitidos provisionais, esperase que cifra baixe a 60 nenos NON admitidos definitivamente por falta de prazas.
GC Aberto - 15 Maio 2011
Hoxe, debido ao desleixe da administración pública, existe unha visión de “empobrecemento” dos servizos sociais que se dedican a dar só asistencia ante unha emerxencia social. Xabier Ron, candidato de EU á Alcaldía de Compostela, reitera que o acceso aos servizos sociais deben ser un dereito que non debe estar suxeito a caridades. Cómpre camiñar cara a universalización e fuxir do estigma de “marxinalidade”.
GC Aberto - 15 Maio 2011
Nais e pais de Milladoiro comezan a batalla polo dereito á educación dos seus nenos dentro do concello.
GC Aberto - 14 Maio 2011
Curro Jiménez e a cultura galega. O 22?. Novas do do 07-05-11 ao 14-05-11.
GC Aberto - 14 Maio 2011
En tempos en que o acceso a unha vivenda digna é un hipotecarse de por vida, Esquerda Unida Compostela, a través de Xabier Ron, candidato á Alcaldía, e Vicente Vázquez, segundo cabeza de lista, presentaron unha serie de medidas destinadas a loitar por ese dereito.
GC Aberto - 14 Maio 2011
Un elector non pode correr o risco de outorgarlle o voto a quen pola súa voluble persoalidade, unha vez alcanzado a credencial, exerce seu labor de representación, sen disciplina, reparo ou acatamento ás determinacións e regras que rexen a función pública, ou facendo caso omiso dos informes vinculantes emitidos polos responsables técnicos ou xurídicos que asesoran e fiscalizan o facer das corporacións municipais.
GC Aberto - 13 Maio 2011
As organizacións sen ánimo de lucro que conforman o consorcio de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD celebran este sábado, 14 de maio, o Día Mundial do Comercio Xusto, unha data na que queren amosar que existe unha maneira de consumir responsable e ecolóxica. Farano con actividades programadas nas principais cidades do país nas que se explicará que é iso do comercio xusto: unha opción que, coma tantas outras, deberiamos ter en conta non só un día ao ano.
GC Aberto - 12 Maio 2011
Esquerda Unida Compostela, a través do seu cabeza de lista, Xabier Ron, e Vicente Vázquez, segundo cabeza de lista , presentou as medidas destinadas a definir un modelo público de xestión .Esquerda Unida quere un Concello forte, con capacidade política de decisión, con competencias e recursos económicos suficientes para procurar alternativas e solucións aos retos sociais cada vez máis numerosos e aos que lle ten que dar resposta o Concello.
GC Aberto - 11 Maio 2011
O candidato á Alcaldía de Esquerda Unida en Compostela, Xabier Ron, acompañado por Daniel Pérez Amador, candidato á Alcaldía de Esquerda Unida en Ames, e por Vicente Vázquez, segundo cabeza de lista en Compostela, presentou as medidas programáticas para acadarmos emprego estable, de calidade e con salario digno no Concello de Compostela.
GC Aberto - 11 Maio 2011
Xabier Ron presentou en rolda de prensa o luns 9 de maio as medidas destinadas a facer da democracia participativa o piar esencial da vida orgánica do Concello de Compostela.
GC Aberto - 11 Maio 2011
Moshko Blank, un bisavó materno de Vladimir Ulianov (Lenin), era xudeu. Neste volume, Yohanan Petrovsky-Shtern, un prolífico erudito da historia xudía de Rusia, medita sobre a "cuestión irrelevante" da ascendencia xudía de Lenin.
GC Aberto - 11 Maio 2011
Nas vésperas da renovación da corporación de Poio, Luciano Sobral fai balance nesta entrevista da acción de goberno do BNG nestes últimos anos e anuncia cales van ser as liñas fundamentais e os novos proxectos para o mandato 2011-2015.
GC Aberto - 08 Maio 2011
O venres 6 de maio de 2011 foi un día intenso para Xabier Ron, cabeza de lista de Esquerda Unida Compostela, que mantivo pola tarde na sede comarcal de Esquerda Unida en Fontiñas dúas xuntanzas consecutivas coas directivas da Asociación Cultural Cidade Vella e da Plataforma Sociosanitaria de Compostela.
GC Aberto - 07 Maio 2011
A abstención favorece sempre ao partido con menos escrúpulos. Novas semanais do 01-05-11 ao 06-05-11.
GC Aberto - 06 Maio 2011
Mal imos cando o sentir popular, ten situado ininterrompidamente desde hai 14 meses á clase política como terceiro problema do estado, mesmo por riba do terrorismo