GC Agro - 02 Decembro 2016
A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é a de maior volume no ámbito español e está controlada por un regulamento pioneiro en Europa. O Grupo de Aerobioloxía e Apicultura da Universidade de Vigo é o encargado cada ano de analizar as características do seu pole.
GC Agro - 02 Decembro 2016
Viña Moraima e a Misión Biolóxica de Galicia presentan en Barro o novo caldo, froito dun proxecto de vinificación experimental de dous anos.
GC Agro - 17 Novembro 2016
Os quilos totais recollidos ascenden a case 60 millóns. A D.O. Rías Baixas supón un 56 por cento do total.
GC Agro - 12 Outubro 2016
Nesta reportaxe audiovisual cóntase como está afectando a praga da vespa velutina á produción de mel en esta comarca.
GC Agro - 30 Setembro 2016
O Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) impulsan a súa creación.
GC Agro - 13 Setembro 2016
No Diario Oficial de Galicia leva semanas notándose que estamos en época electoral, por exemplo nas subvencións ao agro. Axudas que hai moitos anos non se convocaban recuperáronse, como as subvencións para cans que combatan os ataques do lobo. Outras, como as compensacións por danos causados polo xabari,l convócanse hoxe. Incluso hai liñas de subvencións que foron convocadas en 2015, pero resólvense a poucos días das votacións, malia que xa poden ser inútiles.
GC Agro - 31 Agosto 2016
Cospeito acolle unha nova edición do curso de cans de pastoreo.
GC Agro - 18 Agosto 2016
Monforte acolle a I Feira Ágora Verde de Produtos Ecolóxicos. Haberá uns vinte postos con alimentos moi variados, obradoiros para os nenos e degustacións de balde para o público asistente.
GC Agro - 08 Agosto 2016
O prezo baixou en xuño un 1,47% respecto a maio, ata situarse en 26,9 céntimos, 1,9 céntimos por debaixo da media estatal
GC Agro - 13 Xullo 2016
O Campus Terra da USC acollerá do 20 ao 23 de setembro a duodécima edición do congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), un foro de carácter internacional e orientado a favorecer o intercambio de resultados e avances da investigación en produción ecolóxica e desenvolvemento rural que se desenvolverá baixo o título ‘ Leguminosas: Clave na xestión dos agrosistemas e a alimentación ecolóxica’.
GC Agro - 08 Xullo 2016
Aberto o prazo de matrícula da VII edición do masterterra ata o 4 de agosto. É unha actividade pioneira e só o Campus lucense a ofrece dende unha perspectiva multisectorial.
GC Agro - 02 Xullo 2016
Medio Rural aumentou o orzamento de axudas ata os 4,7 millóns de euros, así como as porcentaxes de axuda que reciben os asegurados por danos causados pola fauna silvestre, como os xabarís, dende o 9,5 ao 20 por cento.
GC Agro - 17 Xuño 2016
A provincia de Lugo facturou unha terceira parte do total, arredor duns 11 millóns de euros. Esta provincia ten 12.000 hectáreas de agricultura ecolóxica.
GC Agro - 14 Xuño 2016
A investigación Stop Velutina de AGA permitirá coñecer o mellor sistema para capturar esta especie.
GC Agro - 13 Xuño 2016
José Montes revalida como presidente co 81% dos votos, pero o candidato alternativo, Xan Ramos, anuncia que impugnará por ser excluído ata case o final do proceso.
GC Agro - 03 Xuño 2016
Destinará 2,5 millóns en subvencións para que os propietarios de terras incorporen esta especie nas súas leiras.
GC Agro - 02 Xuño 2016
Axentes do Seprona auxilian a un animal que tivo problemas no parto en Lugo.
GC Agro - 27 Maio 2016
A Xunta destina máis de tres millóns de euros á recuperación, conservación e fomento das razas gandeiras autóctonas.
GC Agro - 17 Maio 2016
A Consellería do Medio Rural intensifica a loita biolóxica contra este insecto mediante a solta experimental de parasitos.
GC Agro - 22 Abril 2016
Estas foron as sinaturas acadas nunha petición que leva pouco máis de 12 horas en change.org e que reclama que as reses atopadas en mal estado nunha explotación non sexan sacrificadas.