GC Agro - 13 Abril 2016
A compañía Clesa presenta a súa nova gama de sobremesas lácteas pensada para os máis pequenos: Mini bombón Kids e Jelly Milk.
GC Agro - 11 Abril 2016
Estarán activos cinco grupos de gandeiros para controlar os accesos a determinadas industrias lácteas.
GC Agro - 06 Abril 2016
A Asociación Galega de Apicultores organiza varios cursos en Gondomar e Mondariz e unha charla sobre esta especie no Rosal.
GC Agro - 05 Abril 2016
A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo quere unha marca específica para os seus produtos alimentarios.
GC Agro - 05 Abril 2016
Cal é a mellor compra para as familias que queren axudar aos gandeiros galegos? Esta é unha das preguntas que responde Xan Pouliquen, un dos maiores expertos en produción ecolóxica do país. Autor de varios libros sobre o sector -o último sobre a horta ecolóxica-, nesta entrevista afonda no peche -di quen falso- das mobilizacións do leite. O Banco de Terras, os sindicatos e as “as gandeiras ‘autoorganizadas’ que pensaron que as cousas se cambian por whatsApp “ son outros dos puntos desta entrevista.
GC Agro - 29 Marzo 2016
Un novo libro presentase como un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada.
GC Agro - 21 Marzo 2016
A produción de leite subiu o pasado mes de febreiro en Lugo por enriba das previsións e ante a difícil situación que vive o sector. Jesús Lence di que segue recollendo leite a gandeiros da provincia tras as críticas dos sindicatos.
GC Agro - 12 Marzo 2016
O dono de Leite Río quere que o Concello de Lugo cambie o PXOM para acomodalo aos seus intereses e recorre a Feijóo para defender os seus argumentos. O goberno local contéstalle que sempre manterán o máximo "respecto aos procedementos".
GC Agro - 02 Marzo 2016
A Xunta pide que estas estruturas, fundamentais para manter a vida no rural, non computen para pedir axudas porque supoñen "un claro prexuízo".
GC Agro - 23 Febreiro 2016
A conselleira do Medio Rural explica en Bruxelas que “Galicia é distinta ao resto de rexións produtoras de leite" e, polo tanto, "ten que ter un peso específico nas negociacións relacionadas co lácteo”.
GC Agro - 17 Febreiro 2016
Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Holanda, Australia, Suíza, Suecia ou Finlandia, entre os países receptores.
GC Agro - 29 Xaneiro 2016
Até 70 denuncias puxeron os axentes da Polícía Autonómica nos últimos meses nun intento de protexer ao sector galego de prácticas irregulares dalgúns axentes comerciais do país veciño.
GC Agro - 27 Xaneiro 2016
Este grupo comercial é un dos que se comprometeron a subir o leite para que os gandeiros poidesen recibir un prezo digno.
GC Agro - 21 Xaneiro 2016
Unha tese da Universidade de Santiago proba que esta raza autóctona de Galicia ofrece produtos mellores que a estirpes avícolas industriais.
GC Agro - 19 Xaneiro 2016
Xunta e criadores acordan crear un banco de xermoplasma para preservar o patrimonio xenético da raza autóctona.
GC Agro - 16 Xaneiro 2016
Un libro sobre o oliveiral galego, premiado nos 'Gourmand Wordl cookbook', considerados como os "Óscar" dos libros.
GC Agro - 14 Xaneiro 2016
Logo dun mes de protestas con centos de vehículos rodeando a muralla romana, os gandeiros decidiron poñer fin á protesta logo de que a Subdelegación do Goberno os obrigara a levantar parte do seu bloqueo.
GC Agro - 12 Xaneiro 2016
O colectivo nega a súa suposta vinculación ao PP, da que sospeitan os sindicatos tradicionais do agro. Reunidos en Lugo, 400 gandeiros lanzan a idea de artellar unha iniciativa industrial.
GC Agro - 28 Decembro 2015
O primeiro estudo epidemiolóxico feito en Galicia, presentado na Universidade de Santiago, urxe máis medidas de control fronte as infeccións.
GC Agro - 24 Decembro 2015
Medio Ambiente destina 360.000 euros para compensar os danos ocasionados pola perda de gando. Actualmente téñense detectado preto de 90 mandas de lobos en Galicia.