Souto de castiñeiros / galiciaunica.es

A Xunta quere plantar un millón de castiñeiros

GC Agro - 03 Xuño 2016

Destinará 2,5 millóns en subvencións para que os propietarios de terras incorporen esta especie nas súas leiras.

Vaca parindo / youtube.com

A vaca que naceu grazas á Garda Civil

GC Agro - 02 Xuño 2016

Axentes do Seprona auxilian a un animal que tivo problemas no parto en Lugo.

Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos / delascosasdelcomer.com

Recuperan e potencian a raza pura galega

GC Agro - 27 Maio 2016

A Xunta destina máis de tres millóns de euros á recuperación, conservación e fomento das razas gandeiras autóctonas.

Avespiña asiática, na bugalla dun castiñeiro / USC.

Parasitos contra a avespiña do castiñeiro

GC Agro - 17 Maio 2016

A Consellería do Medio Rural intensifica a loita biolóxica contra este insecto mediante a solta experimental de parasitos.

Vacas mortas atopadas nunha explotación de Chantada / change.org

Máis de 16.000 persoas piden que non se sacrifiquen 20 vacas en Chantada

GC Agro - 22 Abril 2016

Estas foron as sinaturas acadas nunha petición que leva pouco máis de 12 horas en change.org e que reclama que as reses atopadas en mal estado nunha explotación non sexan sacrificadas.

Fábrica láctea de Clesa en Caldas /clesa.net

Novas sobremesas con leite certificado 100% galego

GC Agro - 13 Abril 2016

A compañía Clesa presenta a súa nova gama de sobremesas lácteas pensada para os máis pequenos: Mini bombón Kids e Jelly Milk.

Camión cisterna de transporte de leite / autoline.pe

Os gandeiros galegos seguirán controlando a entrada de leite foráneo

GC Agro - 11 Abril 2016

Estarán activos cinco grupos de gandeiros para controlar os accesos a determinadas industrias lácteas.

Diferencias entre a vespa galega e a vespa asiática

O sur de Pontevedra prepárase para novos ataques da vespa asiática

GC Agro - 06 Abril 2016

A Asociación Galega de Apicultores organiza varios cursos en Gondomar e Mondariz e unha charla sobre esta especie no Rosal.

Produtos da horta galega/ GC

Produtos galegos “feitos nas mariñas”

GC Agro - 05 Abril 2016

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo quere unha marca específica para os seus produtos alimentarios.

Xan Pouliquen / USC

“Por que non mercar leite ecolóxico dun pequeno produtor?”

GC Agro - 05 Abril 2016

Cal é a mellor compra para as familias que queren axudar aos gandeiros galegos? Esta é unha das preguntas que responde Xan Pouliquen, un dos maiores expertos en produción ecolóxica do país. Autor de varios libros sobre o sector -o último sobre a horta ecolóxica-, nesta entrevista afonda no peche -di quen falso- das mobilizacións do leite. O Banco de Terras, os sindicatos e as “as gandeiras ‘autoorganizadas’ que pensaron que as cousas se cambian por whatsApp “ son outros dos puntos desta entrevista.

Xan Pouliquen/ GC

Unha horta sen químicos é posíbel

GC Agro - 29 Marzo 2016

Un novo libro presentase como un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada.

Asemblea de gandeiros en Lugo / campogalego.com

Os gandeiros incrementan a produción para poder pagar os créditos pendentes

GC Agro - 21 Marzo 2016

A produción de leite subiu o pasado mes de febreiro en Lugo por enriba das previsións e ante a difícil situación que vive o sector. Jesús Lence di que segue recollendo leite a gandeiros da provincia tras as críticas dos sindicatos.

O empresario lácteo Jesús Lence nunha entrevista/ sergiobarbeira.com

Cales son as pretensións do empresario Jesús Lence?

GC Agro - 12 Marzo 2016

O dono de Leite Río quere que o Concello de Lugo cambie o PXOM para acomodalo aos seus intereses e recorre a Feijóo para defender os seus argumentos. O goberno local contéstalle que sempre manterán o máximo "respecto aos procedementos".

Galpón nunha explotación rural

Os alpendres e galpóns limitan aos estudantes do rural ter máis bolsas de estudo

GC Agro - 02 Marzo 2016

A Xunta pide que estas estruturas, fundamentais para manter a vida no rural, non computen para pedir axudas porque supoñen "un claro prexuízo".

Protesta dos gandeiros de leite en Santiago / Campogalego.com

A Xunta pide á UE voz propia para o sector lácteo galego “polas súas singularidades”

GC Agro - 23 Febreiro 2016

A conselleira do Medio Rural explica en Bruxelas que “Galicia é distinta ao resto de rexións produtoras de leite" e, polo tanto, "ten que ter un peso específico nas negociacións relacionadas co lácteo”.

Vaca de raza rubia galega co seu cuxo

Exportan seme galego a varios países do mundo

GC Agro - 17 Febreiro 2016

Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Holanda, Australia, Suíza, Suecia ou Finlandia, entre os países receptores.

Vehículo da Polícia Autonómica de Galicia

A Xunta inspecciona na fronteira camións de leite portugés

GC Agro - 29 Xaneiro 2016

Até 70 denuncias puxeron os axentes da Polícía Autonómica nos últimos meses nun intento de protexer ao sector galego de prácticas irregulares dalgúns axentes comerciais do país veciño.

Oferta de Leite no comercio Hipercor do Corte Inglés / UCGAL FB

Leite a 0,39€ no Corte Inglés

GC Agro - 27 Xaneiro 2016

Este grupo comercial é un dos que se comprometeron a subir o leite para que os gandeiros poidesen recibir un prezo digno.

Exemplares da raza Galiña de Mos / Magrama.

A Galiña de Mos presume de calidade

GC Agro - 21 Xaneiro 2016

Unha tese da Universidade de Santiago proba que esta raza autóctona de Galicia ofrece produtos mellores que a estirpes avícolas industriais.

Cabalo de pura raza galega / MAGRAMA.

Un banco de embrións e semen para protexer o cabalo de pura raza galega

GC Agro - 19 Xaneiro 2016

Xunta e criadores acordan crear un banco de xermoplasma para preservar o patrimonio xenético da raza autóctona.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.