GC Agro - 04 Setembro 2015
Os gandeiros impedíronlle a saída a Jesús Lence. Tamén a entrada de camións na planta que a central leiteira ten na cidade das murallas logo dunha manifestación na que participaron máis de 1.000 tractores.
GC Agro - 25 Agosto 2015
A entidade financeira e o Consello Regulador asinan un convenio con alternativas de crédito para adegas e viticultores. O banco facilitará cunha póliza de crédito o cumprimento da Lei 12/2013, que esixe o pago da uva en menos de 30 días.
GC Agro - 20 Agosto 2015
ADECNCO amosa a súa preocupación polos impactos ecolóxicos da avespa velutina no Condado e considera precisa unha campaña informativa para diferenciala da especie autóctona, a crabo.
GC Agro - 17 Agosto 2015
“Son Agrogay” será o lema do segundo Festival Agrogay da Ulloa, que está organizado para o próximo sábado 29 de agosto. Trátase dun festival diferente pois, ademais do aspecto lúdico, ten como principal obxectivo, en palabras dos organizadores, "visibilizar un rural diverso, afectivo e sexualmente" e defender un modelo sostíbel de desenvolvemento rural.
GC Agro - 05 Agosto 2015
Os días 7, 8 e 9 de agosto a alameda de Verín acollerá esta feira que contará con 16 adegas, entretemento musical e servizo de ludoteca para os nenos durante a fin de semana.
GC Agro - 04 Agosto 2015
O polémico Jesús Lence acusa aos granxeiros obrigados a vender por debaixo do prezo de custe de non producir leite de calidade. A Xunta detalla hoxe as súas propostas contra a crise, que os sindicatos ven insuficientes.
GC Agro - 27 Xullo 2015
Duras críticas a conselleira de Medio Rural pola súa xestión da crise láctea. AGE pide a súa dimisión por “incapacidade” e o PSdeG dille que non compareza para dicir “parvadas ou estupideces”.
GC Agro - 16 Xullo 2015
O presidente do Consello Regulador de Valdeorras, José Vicente Solarat, considera que a edición deste ano foi todo un éxito e cumpriu o seu obxectivo: “ser un acto lúdico festivo de exposición dos viños desta comarca”.
GC Agro - 15 Xullo 2015
O PP boicotea a reunión de alcaldes en defensa do prezo do leite. A conselleira propón unha medida que sabe non Bruxelas non autorizará. Os sindicatos non acuden a reunión da plataforma que eles mesmos acaban de axudar a crear. O coordinador da patronal dimite. E todo isto a escasas horas dunha manifestación en Santiago -posiblemente fronte a Xunta- que se prevé movida.
GC Agro - 09 Xullo 2015
Asegura que o problema do lácteo “só se poderá resolver cun sector unido” e afirma que xa se puxeron en marcha campañas de consumo de leite. Cuíña reclama "firmeza" contra os que explotan aos gandeiros.
GC Agro - 08 Xullo 2015
O alcalde de Lalín acusa a Leite Río de "terrorismo económico" e de actuar en complicidade coa Xunta e o Goberno central.
GC Agro - 08 Xullo 2015
A eurodeputada de AGE e exlíder do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra, critica duramente aos grandes partidos europeos por favorecer unha política leiteira que dana aos pequenos e medianos produtores. "Temos que voltar a unha política leiteira pública que teña como base a regulación da producción e do mercado, prezos mínimos que cubran o traballo e os custos de produción, que priorice o mercado interno e asentada nun modelo de produción en base á terra e aos pastos, é o único xeito de saír desta crise", apunta nesta entrevista.
GC Agro - 29 Xuño 2015
Políticos de AGE, BNG e PSOE secundan a protesta pola fin da recollida do leite a ducias de explotacións na comarca de Curtis.
GC Agro - 09 Xuño 2015
Galicia inicia unha campaña para reducir a alta sinistralidade neste tipo de vehículos moi frecuentes no rural galego.
GC Agro - 03 Xuño 2015
Eran 35 no ano 2013. A produción ecolóxica de leite e derivados case se cuadriplicou en dez anos.
GC Agro - 02 Xuño 2015
Vila de Cruces rematou o domingo a celebración da súa Festa do Galo de Curral, consolidándose como unha das festas gastronómicas de referencia da Comunidade. A valoración desta XXII edición por parte da organización é moi positiva por parte do Concello de Vila de Cruces xa que acadou a súa maior cifra de participación e asistencia dos últimos anos. Ao longo do domingo, o día grande da festividade, a vila cruceña reuniu a máis de 10.000 asistentes entre o público xeral.
GC Agro - 28 Maio 2015
Os días 30 e 31 de maio terá lugar a XIII edición da Festa da Cereixa e do Aceite, festa gastronómica que se celebra á beira do río Sil, na Praia fluvial de San Clodio.
GC Agro - 15 Maio 2015
O sábado 16 de maio o muíño de Bendilló, no lugar coñecido como “As Farrapas” na ruta sur do Camiño de Santiago (Camiño de inverno), acolle a XV Mostra do Aceite de Quiroga, festa de interese turístico.
GC Agro - 06 Maio 2015
Detectada a primeira gran mancha desta enfermidade nunha parcela Condado. Os expertos alertan de que hai "un elevado risco de infección" polas condicións climatolóxicas.
GC Agro - 05 Maio 2015
Feiraco súmase a programación conmemorativa das Letras Galegas 2015 cunha iniciativa especial que, baixo o lema “Sempre coas Letras Galegas” levará aos fogares galegos “O mellor de Filgueira Valverde” e animará á cidadanía a participar na celebración do 17 de maio por medio da IV edición do seu certame de microrrelatos na rede social Facebook. Faino, desta volta, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da man da Fundación Filgueira Valverde.