Apoio aos gandeiros que se concentran en Santiago / M.V.

A Xunta, disposta a reunirse cos gandeiros, tras a megatratorada

GC Agro - 08 Setembro 2015

Preto de 4.000 tractores atópanse en Santiago. Cortaron a súa arteria principal e bloqueron o edificio da Xunta. Outros 800 paralizaron Lugo.

Tractores de Mazaricos na protesta do leite en Santiago / M.V.

Os gandeiros bloquean a principal avenida de Santiago e rodearán a Xunta

GC Agro - 07 Setembro 2015

Tamén cortarán os accesos as principais superficies comerciais da capital. Pediron xa unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Nos vindeiros días repartirán leite gratis.

Redonda, vaca de raza Rubia Galega/ GC

A Xunta aposta polas razas galegas en perigo de extinción

GC Agro - 05 Setembro 2015

Entre elas están as vacas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, a Ovella Galega, a Cabra Galega, a Galiña de Mos, o Porco Celta e o Cabalo de Pura Raza Galega.

Tractores bloqueando a factoría de Leite Río en Lugo / Campogalego.com

O propietario de Leite Rio, rodeado por 200 tractores

GC Agro - 04 Setembro 2015

Os gandeiros impedíronlle a saída a Jesús Lence. Tamén a entrada de camións na planta que a central leiteira ten na cidade das murallas logo dunha manifestación na que participaron máis de 1.000 tractores.

Abanca e o Consello Regulador de Valdeorras asinan un convenio con alternativas de crédito para adegas e viticultores

ABANCA e a D. O. Ribeira Sacra facilitan o financiamento no arranque da vendima

GC Agro - 25 Agosto 2015

A entidade financeira e o Consello Regulador asinan un convenio con alternativas de crédito para adegas e viticultores. O banco facilitará cunha póliza de crédito o cumprimento da Lei 12/2013, que esixe o pago da uva en menos de 30 días.

Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática

GC Agro - 20 Agosto 2015

ADECNCO amosa a súa preocupación polos impactos ecolóxicos da avespa velutina no Condado e considera precisa unha campaña informativa para diferenciala da especie autóctona, a crabo.

Algúns dos organizadores do festival

O festival "Son Agrogay" festexa un campo diverso e sostíbel

GC Agro - 17 Agosto 2015

“Son Agrogay” será o lema do segundo Festival Agrogay da Ulloa, que está organizado para o próximo sábado 29 de agosto. Trátase dun festival diferente pois, ademais do aspecto lúdico, ten como principal obxectivo, en palabras dos organizadores, "visibilizar un rural diverso, afectivo e sexualmente" e defender un modelo sostíbel de desenvolvemento rural.

Manuel Villanueva

O director de contidos de Mediaset, pregoeiro da Feira do Viño de Monterrei

GC Agro - 05 Agosto 2015

Os días 7, 8 e 9 de agosto a alameda de Verín acollerá esta feira que contará con 16 adegas, entretemento musical e servizo de ludoteca para os nenos durante a fin de semana.

Un camión de Leite Rio/ GC

Leite Río di que os gandeiros protestan porque lles gusta ir de festa

GC Agro - 04 Agosto 2015

O polémico Jesús Lence acusa aos granxeiros obrigados a vender por debaixo do prezo de custe de non producir leite de calidade. A Xunta detalla hoxe as súas propostas contra a crise, que os sindicatos ven insuficientes.

Rosa Quintana visitando unha explotación leiteira

Que fai a Xunta na crise do sector lácteo?

GC Agro - 27 Xullo 2015

Duras críticas a conselleira de Medio Rural pola súa xestión da crise láctea. AGE pide a súa dimisión por “incapacidade” e o PSdeG dille que non compareza para dicir “parvadas ou estupideces”.

Éxito da XVIII Feira do Viño de Valdeorras

GC Agro - 16 Xullo 2015

O presidente do Consello Regulador de Valdeorras, José Vicente Solarat, considera que a edición deste ano foi todo un éxito e cumpriu o seu obxectivo: “ser un acto lúdico festivo de exposición dos viños desta comarca”.

Labrego no Obradoiro cun cartel a prol do boicot a algunha marcas de leite. Foto: SLG

Lea sindical e partidaria antes da protesta dos gandeiros de leite

GC Agro - 15 Xullo 2015

O PP boicotea a reunión de alcaldes en defensa do prezo do leite. A conselleira propón unha medida que sabe non Bruxelas non autorizará. Os sindicatos non acuden a reunión da plataforma que eles mesmos acaban de axudar a crear. O coordinador da patronal dimite. E todo isto a escasas horas dunha manifestación en Santiago -posiblemente fronte a Xunta- que se prevé movida.

Feijóo visitanto unha granxa de vacas/ FV

Feijóo di que apoia aos gandeiros dúas semanas despois da crise do sector

GC Agro - 09 Xullo 2015

Asegura que o problema do lácteo “só se poderá resolver cun sector unido” e afirma que xa se puxeron en marcha campañas de consumo de leite. Cuíña reclama "firmeza" contra os que explotan aos gandeiros.

Rafael Cuíña, candidato de CxG en Lalín

Cuíña vístese de Varufakis

GC Agro - 08 Xullo 2015

O alcalde de Lalín acusa a Leite Río de "terrorismo económico" e de actuar en complicidade coa Xunta e o Goberno central.

A eurodeputada galega Lidia Senra

"A situación do sector leiteiro en Galicia é insostible"

GC Agro - 08 Xullo 2015

A eurodeputada de AGE e exlíder do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra, critica duramente aos grandes partidos europeos por favorecer unha política leiteira que dana aos pequenos e medianos produtores. "Temos que voltar a unha política leiteira pública que teña como base a regulación da producción e do mercado, prezos mínimos que cubran o traballo e os custos de produción, que priorice o mercado interno e asentada nun modelo de produción en base á terra e aos pastos, é o único xeito de saír desta crise", apunta nesta entrevista.

Concentración de gandeiros en Teixeiro, Curtis, en protesta contra Leite Río

Centos de gandeiros protestan contra Leite Río

GC Agro - 29 Xuño 2015

Políticos de AGE, BNG e PSOE secundan a protesta pola fin da recollida do leite a ducias de explotacións na comarca de Curtis.

Labrego galego traballando co tractor/ GC

Un total de 73 persoas morreron en accidentes de tractores desde 2011

GC Agro - 09 Xuño 2015

Galicia inicia unha campaña para reducir a alta sinistralidade neste tipo de vehículos moi frecuentes no rural galego.

Gandeiría inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)/ GC

Galicia é a autonomía con maior número de explotacións gandeiras ecolóxicas do Estado

GC Agro - 03 Xuño 2015

Eran 35 no ano 2013. A produción ecolóxica de leite e derivados case se cuadriplicou en dez anos.

Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

O galo de curral atrae cifras récord

GC Agro - 02 Xuño 2015

Vila de Cruces rematou o domingo a celebración da súa Festa do Galo de Curral, consolidándose como unha das festas gastronómicas de referencia da Comunidade. A valoración desta XXII edición por parte da organización é moi positiva por parte do Concello de Vila de Cruces xa que acadou a súa maior cifra de participación e asistencia dos últimos anos. Ao longo do domingo, o día grande da festividade, a vila cruceña reuniu a máis de 10.000 asistentes entre o público xeral.

Presentación da festa da cereixa

Cereixas e aceite esta fin de semana en Ribas de Sil

GC Agro - 28 Maio 2015

Os días 30 e 31 de maio terá lugar a XIII edición da Festa da Cereixa e do Aceite, festa gastronómica que se celebra á beira do río Sil, na Praia fluvial de San Clodio.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.