Contra a "simboloxía comunista"

GC TV - 03 Agosto 2010

Hai uns días, un grupo de disidentes cubanos acudiu a Santiago para protestar contra o réxime castrista e reclamar a liberación dos presos políticos. Ademais de amosar unha pancarta na Quintana tamén acudiron ao consulado cubano en Compostela onde berraron consignas contra o castrismo e racharon con "simboloxía comunista".

Unha nova polémica para Rajoy

GC TV - 02 Agosto 2010

O presidente do PP, Mariano Rajoy, tivo que pedir desculpas logo de difundir un video no que aparece nun coche sen cinto de seguridade. O líder popular trasladabase a Galicia para pasar uns días de vacacións e quixo aproveitar a viaxe para despedirse dos seus simpatizantes.

Manifestacións e cargas policiais

GC TV - 31 Xullo 2010

Este video amosa as mobilizacións de BRIGA e AMI na noite da véspera do dia da patria. A primeira manifestación rematou coa intervención da policía e varias persoas contusionadas. A segunda, a XVI Rondalha de AMI, non saíu e rematou nunha concentración na Alameda.

Apoio aos permisos dos ex terroristas

GC TV - 29 Xullo 2010

O ex presidene da Xunta, Manuel Fraga, avalou a política do Goberno de Zapatero de dar permisos regulares aos ex membros de ETA que condenen a violencia aínda que aclarou que non se debe abusar desa vía. Tamén aposta polo pacto PSOE-PP en Euskadi porque "as cousas van ben".

O futuro da ría

GC TV - 28 Xullo 2010

A APDRPontevedra realizou este documental co obxectivo de divulgar o noso patrimonio natural e concienciar á sociedade sobre a preservación do medioambiente. Foi realizado por Alberto de Cóo, Antón Masa e Lukas Santiago.

Bieito XVI tamén é peregrino

GC TV - 27 Xullo 2010

O Papa Bieito XVI aproveitou este domingo para mandar un saúdo aos peregrinos na celebración do Día de Santiago e anunciou que tamén el estará cos peregrinos este ano en Compostela.

Arde Compostela

GC TV - 25 Xullo 2010

Os tradicionais fogos de Santiago xuntaron na capital galega a máis de 150.000 persoas. Este ano, o espectáculo foi o máis caro dos celebrados ata ao momento. Desde a Xunta e o concello aseguran que o momento pagaba a pena polas autoridades presentes e porque o seguinte Xacobeo será dentro de once anos.

Basic Galician Course

GC TV - 23 Xullo 2010

"In this course, We want to teach you how to speak Galician in a very easy way". Así se presenta Speaking Galicia, unha canle en youtube que pretende ensinar, de xeito doado e rápido, unhas nocións básicas de aprendizaxe de galego

Paparota en tempos de crise

GC TV - 21 Xullo 2010

O Concello de Cambados, gobernado polo PP, insiste en celebrar o tradicional Xantar do Albariño, unha comida ña que asisten centos de persoas, moitas delas dirixentes políticos populares e que é sufragada, en boa parte, cos orzamentos do propio concello. Unha situación que denuncia o blog colaborador de GC, www.cambados.tk

España, España, bandera, bandera

GC TV - 20 Xullo 2010

O festival Cultura Quente de Caldas foi patrocinado pola Xunta a través do Xacobeo. Nel amosaron o seu humor Tony Lomba e Elio do Santos. Como é habitual, a súa popular "España, España, bandera, bandera" non foi ben entendida por todo o público:

Chavez desenterra a Bolívar en TV

GC TV - 17 Xullo 2010

O presidente de Venezuela ordenou desenterrar os restos do libertador Simón Bolívar. Hugo Chávez restransmitiu en persoa a cerimonia, no que xa é un dos intres máis peculiares da historia da televisión.

"Estamos nunha crise democrática"

GC TV - 15 Xullo 2010

Intervención do voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, no debate do estado na que denunciou a "perversión da política" por parte do PP e PSOE por derivar a crise económica nunha "crise democrática". Denunciou a sentencia do Estatut e a falla de inversión económica e industrial do Goberno central en Galicia.

Os visóns conquistan Galicia

GC TV - 13 Xullo 2010

Miles de visóns foron liberados nos últimos tempos por organizacións de liberación animal. Moitos deles foron cazados novamente, outros morreron e unha parte deles adaptáronse a novas condicións de vida e espallaronse por toda a xeografía galega. Unha situación que pon en perigo o ecosistema galego ao tratarse de especies foráneas.

Galicia na festa da 'Roja'

GC TV - 12 Xullo 2010

Milleiros de persoas celebraron este domingo a vitoria da Selección de España no Mundial de Fútbol de Sudáfrica en diversas partes da xeografía galega.

Arxentina toma A Coruña

GC TV - 09 Xullo 2010

Tamén os arxentinos que viven en Galicia tomaron as rúas da Coruña para animar ao seu equipo que viña de perder con Alemania durante os cuartos de final do mundial de Sudáfrica.

Xeo en pleno verán

GC TV - 08 Xullo 2010

Unha tormenta, combinada cunha capa de frío, provocou hoxe que na Coruña chovera xeo do ceo en pleno verán.

Conde refuxiase en Galicia

GC TV - 06 Xullo 2010

Mario Conde casou, novamente, por sorpresa esta fin de semana. Para evitar á prensa do corazón, o ex banqueiro tudense refuxiarase en Galicia durante o verán onde escribirá a segunda parte das súas memorias.

Celebracións made in USA

GC TV - 05 Xullo 2010

Curiosa celebración do Día de Independencia dos Estados Unidos en Vigo.

Feijóo anuncia o Xacobeo

GC TV - 29 Xuño 2010

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presenta os actos do Xacobeo e convida aos visitantes e peregrinos a visitar a comunidade. Con todo, o chamamento chega cando xa levamos case medio ano de actos xacobeos.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.