Xornalismo solidario galego

GC TV - 21 Xuño 2010

Triunfa o Dylan con acento galego

GC TV - 16 Xuño 2010

"Quen máis ten, que pague máis"

GC TV - 15 Xuño 2010

O voceiro nacional da fronte explica nesta entrevista en Televisión Española en Galicia porque os nacionalistas rexeitan a reforma laboral de ZP. Guillermo Vázquez tamén avalía tamén a fusión das caixas, a suba de impostos e a política lingüística da Xunta.

I. Pérez: "Só teño o carné do BNG"

GC TV - 13 Xuño 2010

A actual Concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, resultou gañadora nas eleccións no BNG de Ourense. A súa lista logrou o 52% dos votos, mentres a que apoiaba +Galiza ficou co 48%. Isto supón un cambio no equilibrio no nacionalismo de Ourense, onde a UPG non tiña a maioría até o de agora. Pérez, que contou co apoio desta formación, asegura neste vídeo que ela só militou no Bloque durante 21 anos.

Israel busca apoios en Galicia

GC TV - 09 Xuño 2010

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI), entidade pro israelí presidida por Pedro Gómez Valadés, acaba de publicar un novo vídeo promocional nun intre no que a opinión pública mundial é moi contraria ao Estado xudeu polo asasinato en augas internacionais de nove activistas que tentaban rachar o bloqueo imposto a Gaza.

O PP busca na Xunta probas

GC TV - 08 Xuño 2010

Tras acudir á Consellería de Traballo a analizar a documentación relativa á presunta trama agraria, o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou o venres que a suposta trama agraria do PSOE puido operar durante os catro anos que os socialistas estiveron na Xunta.

O estreno de Rosendo Fernández

GC TV - 05 Xuño 2010

Rosendo Fernández, deputado no Congreso, estrenouse como candidado do PPdeG a alcaldía de Ourense visitando cos seus compañeiros galegos no Congreso a cidade das Burgas para reclamar uns accesos adecuados do AVE. Xunto a el, Ana Pastor e Xosé Manuel Barreiro.

Un novo Parlamento

GC TV - 04 Xuño 2010

Aldeas Infantiles levou a un cento de rapaces ao Parlamento galego para que comproben como funciona a máxima representación lexislativa de Galicia. Alí convertéronse en deputados por un día.

Unha miss galega en Venezuela

GC TV - 03 Xuño 2010

Andrea Iglesias foi a gañadora do certame Miss Hermandad Gallega de Venezuela 2010, un evento que reúne as galegas e descendentes de galegas máis fermosas dese país. O concurso é moi coñecido en Venezuela e a el asisten importantes persoeiros da vida social dese país.

O decreto do galego chega a Ourense

GC TV - 02 Xuño 2010

A Deputación de Ourense rechazou, cos votos do PPdeG, reclamar á Xunta á retirada do decreto do galego tal e como pedían o BNG e o PSdeG.

O PP contrataca co "caso García"

GC TV - 01 Xuño 2010

O PPdeG acaba de denunciar unha suposta "rede" do PSOE que desviaría máis de 600.000 euros a través de UU.AA. cando Pablo García, actual secretario de Organización socialista, era dirixente deste sindicato agrario.

Nace VTelevisión

GC TV - 31 Maio 2010

As 21.30 horas deste domingo, a xornalista Fernanda Tabarés iniciaba as emisións da televisión de La Voz de Galicia. Desde aquí desexamoslle boa sorte aos profesionais que nela traballan. Aquí tes os primeiros minutos desta nova canle.

A revolta das mulleres de Xesteda

GC TV - 30 Maio 2010

A investigadora Araceli Freire aborda a revolta de Xesteda de 1962, nucleada en torno as mulleres desta parroquia de Cerceda.

"Seguiré corriendo"

GC TV - 28 Maio 2010

E Sergio Vallejo resposta a Luis Moya. Segundo o piloto, as principais diferencias eran no xeito de traballar e a maneira que Moya dirixía ao equipo.

Moya explica a marcha de Vallejo

GC TV - 27 Maio 2010

Luis Moya, director deportivo do Nupell Global Racing, explica a súa versión da saída do piloto Sergio Vallejo deste equipo.

Loa ao español

GC TV - 25 Maio 2010

O locutor de EsRadio, Federico Jiménez Losantos, arremete contra o plurilingüismo no Estado logo da proposta aprobada no Senado para estudar a posibilidade de que se poida utilizar o galego, catalán e euskera no Senado. "El Reino de Galicia existió, poco pero existio", apunta para lembrar que gracias aos reis católicos "gallegos y catalanes se pueden entender".

Quen vive aí?

GC TV - 25 Maio 2010

O programa ¿Quién vive ahí? de La Sexta visitou A Coruña para entrevistar aos propietarios desta casa de 600 m2, a familia Abeijón.

Facendo o parvo na estrada

GC TV - 24 Maio 2010

Un grupo de mozos pasa o tempo incomodando aos conductores dun vial galego ao instalar un falso radar mobil.

A canción de Mostovoi

GC TV - 21 Maio 2010

Un coñecido programa radiofónico ruso adícalle unha canción a quen foi un dos cracks futbolísticos do seu país; Alexander Mostovoi. No tema hai referencias á súa estancia no Celta e ao futbol español.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.