Gaspar xa fala

GC TV - 01 Febreiro 2010

O famoso golfiño Gaspar xa fala ou, polo menos, é a primeira vez que se capta o son que emite na auga. Aconteceu en Sada logo de varias semanas sen saber nada del. Jorge Graciano utilizou un hidrófono para escoitar a súa voz.

Os nosos atletas

GC TV - 31 Xaneiro 2010

Este video é unha homenaxe ao esforzo e sacrificio que realizan os atletas galegos. Proxectouse na Gala Anual do Atletismo Galego do 2009.

Risas para Haití

GC TV - 30 Xaneiro 2010

O centro cultural Caixanova de Vigo acolle este 31 de xaneiro o "Maratón de risas para Haití", un espectáculo no que colaboran os principais paiasos, humoristas e contacontos de Galicia co obxectivo de recaudar fondos para a reconstrucción de Haití.

A maldición de Riazor

GC TV - 29 Xaneiro 2010

Iker Jiménez trasladouse a Coruña e celebrou o rito da queimada con Arsenio, Fran, Manjarín y Shongo'o no centro do estadio de Riazor para que continúe o meigallo contra o Madrid que leva sen gañar neste campo desde novembro 1991.

O Xacobeo arxentino

GC TV - 28 Xaneiro 2010

A Asociación Santiago Apostol de Villa Gesell, unha localidade situada ao sur da provincia de Bos Aires, celebrou o pasado 25 de xaneiro a festa patronal cunha pelegrinaxe pola praia. É o seu xeito de contribuír a facer o Camiño a outro lado do Atlántico.

O narcotráfico no Neixón

GC TV - 27 Xaneiro 2010

Lukas Santiago publica na rede "O narcotráfico na Punta do Neixón". Trátase dun fragmento do documental "O´Neixón: Historia viva dun castro", a primeira longametraxe documental da Arqueoloxía galega, que el mesmo dirixiu e que se estrenou a finais de 2008.

O baile de Caballero

GC TV - 26 Xaneiro 2010

O alcalde de Vigo non ten reparos en bailar coa presentadora do programa "San viernes" de Localia Vigo, Belén Álvarez, imitando ao presidente dos EE.UU., Barack Obama, que noutro espacio televisivo tamén se botou a bailar.

"Feijóo, váyase a la porra"

GC TV - 25 Xaneiro 2010

O escritor Juan Manuel de Prada carga contra Feijóo polo novo decreto do galego no ensino e asegura que o que hai que aprender nas escolas son as linguas oficiais recollidas na Constitución. "Otra cosa es que usted quiera que se enseñe inglés en las clases como asignatura. Pero déjenos de chorradas y de mezclar cosas", apunta.

A herdanza galega en Cuba

GC TV - 24 Xaneiro 2010

Estas imaxes clandestinas relatan a situación na que se atopa o Hospital Materno Infantil 'Diez de Octubre' de La Habana, en Cuba, un centro coñecido como Hospital Hijas de Galicia e que foi fundado, precisamente, pola colonia emigrante galega para atender aos emigrantes.

A volta a Galicia en kayak

GC TV - 23 Xaneiro 2010

Remítennos esta peripecia dun intrépido aventureiro que coa súa kayak decidiu percorrer 360 quilómetros da costa galega, desde Estaca de Bares ata a Ría de Vigo. Un xeito de coñecer e promocionar Galicia ao longo do mundo.

Gaiteiros galegos

GC TV - 22 Xaneiro 2010

O programa arxentino Mp3 visitou Galicia para reflectir o mundo dos gaiteiros galegos. Así, entrevistouse con gaiteiros vellos como José e artistas coñecidos internacionalmente por este instrumento, como Carlos Núñez.

Sudacas e galegos

GC TV - 21 Xaneiro 2010

Ante as recentes propostas para limitar a emigración dos concellos de Vic e Torrejón de Ardoz, recollemos as palabras dun cantautor uruguaio sobre a emigración galega a América.

Vivindo nun tubo en Vigo

GC TV - 20 Xaneiro 2010

Benigno vive nun tubo de dous metros de largo por metro e medio de alto no Arenal, en Vigo. Alí ten montado un pequeno fogar cunha cama, unha silla e un televisor. Vive do que recauda axudando a aparcar coches.

A 220 pola A6

GC TV - 19 Xaneiro 2010

Amosamos, novamente, máis animaladas ao volante. Nesta ocasión trátase dun individuo que circula ao máximo que dá o coche, 220 quilómetros/hora, pola A6 en dirección a Coruña.

Acordo lingüístico no Bierzo

GC TV - 18 Xaneiro 2010

O vindeiro 20 de xaneiro os gobernos de Castela e León e Galicia firmarán un protocolo de colaboración mutua en materia sanitaria, lingüística e social.

Versión televisiva da fusión

GC TV - 16 Xaneiro 2010

Nos últimos tempos están proliferando as versións humorísticas que chegan desde Vigo e Santiago sobre a fusión das caixas.

Desfeita no campo do Corme

GC TV - 15 Xaneiro 2010

A situación do campo de Fútbol de Corme enfronta ao Goberno municipal e a oposición.

O futuro do triatlón

GC TV - 14 Xaneiro 2010

O campión de triatlón, Iván Raña, fala sobre o futuro deste deporte en galego e asegura que na nosa comunicade hai novos deportistas con moita proxección para este deporte.

"El inglés no es útil en España, el gallego, sí"

GC TV - 13 Xaneiro 2010

O catedrático de Lingüística da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Carlos Moreno Cabrera, aposta pola aprendizaxe de máis linguas romances, como o catalán ou o galego, e non tanto polo inglés.

"A guerra en Ourense", by XS

GC TV - 12 Xaneiro 2010

Xuventudes Socialistas de Ourense volve á carga con novas parodias políticas. Nesta ocasión cun video humorístico sobre o proceso congresual do PPdeG na provincia.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.