Asubío monumental en Bilbao

GC TV - 22 Febreiro 2010

Os reis de España foron recibidos por un asubío monumental a súa chegada ao estadio de baloncesto Bizkaia Arena,de Bilbao, onde se xogou a final da Copa do Rei entre Barcelona e Real Madrid.

Queima do borrador

GC TV - 21 Febreiro 2010

A plataforma 'Queremos Galego' da Estrada organizou, dentro dos festexos do Entroido, un evento lúdico-festivo coa queima do "burrador" do decreto de plurilingüismo do ensino non universitario en Galicia.

Presidente&presidente

GC TV - 19 Febreiro 2010

O ex presidente de Colombia, Andrés Pastrana, entrevista en 1982 ao líder de AP, logo PP, Manuel Fraga. O dirixente colombiano, antes de chegar á presidencia foi un recoñecido xornalista e presentador de TV no seu país. Neste video, Fraga, fala da situación política daquel momento.

De volta a Galicia

GC TV - 18 Febreiro 2010

Reportaxe sobre a viaxe en autobús dos emigrantes que viven en Suiza e que volven de vacacións á Galicia. Un percorrido de 2.000 quilómetros e 16 horas. Ademais de galegos tamén veñen suizos que falan perfectamente a nosa lingua.

Galicia vai gracias a Fomento

GC TV - 17 Febreiro 2010

O número dous do PSOE, José Blanco, recoñece que é un momento difícil para España pero augura que "sairá da crise con forza e con novas posibilidades". Nun mitin en Monterroso, Blanco criticou ao PP porque "canto peor lle vaia a España, mellor lle vai a eles". Con respecto ao Goberno de Feijóo asegurou que "enfrentou" aos galegos no tema da lingua e no tema da finaciamento e apuntou que único que está facendo por Galicia son os acordos que el lle facilitou en infraestruturas como ministro de Fomento.

Os tres entroidos

GC TV - 16 Febreiro 2010

O economista Miguel Cancio, o xerontólogo José Luis Marí Solera e o xornalista Luis Rial analizan a actualidade, como sempre, de xeito carnavalesco.

"Para Galicia festejar"

GC TV - 15 Febreiro 2010

O Grupo Recreativo Escola de Samba Bote no Rego adicalle unha das súas populares cancións de Entroido a Galicia. Fundada en 1976 en Sesimbra utiliza as formas, estilos e bailes das escolas do Carnaval de Río.

Salva o Courel

GC TV - 14 Febreiro 2010

Neste video a asociación Galiza Non se Vende reclama a declaración de parque natural para o Courel para poder así preservar a súa riqueza e biodiversidade.

"La gran mentira"

GC TV - 13 Febreiro 2010

Galicia Bilingüe acaba de facer público un vídeo no que critica as "mentiras" de Feijóo e o seu Goberno en relación ao decreto do ensino do galego e lembran que na manifestación "que llenó la plaza de la Quintana" estiveron dirixentes como Ana Pastor, Alfonso Rueda, Corina Porro ou Carlos Negreira

Unha peza para Haití

GC TV - 12 Febreiro 2010

'Unha peza por Haití' é unha iniciativa cidadá de carácter altruísta xurdida en Vilagarcía de Arousa e que ten coma obxectivo impulsar a solidariedade con Haití. Por iso, este 13 de febreiro terá lugar un espectáculo no que participarán grupos como McManus o tonhito de Poi e a Rasa Loba; os fotógrafos Coke Bartrina o Vladimir Borowicz; pintores como Juan Carlos Platis ou Blanca García e artistas como Miguel Costas, Elena Gallén ou Paula Mariño. Tamén estarán presentes os humoristasa Rober Bodegas, Cándido Pazó ou Tony Lomba.

Galicia para parviños

GC TV - 11 Febreiro 2010

Dous intrépidos aventureiros tentan descifrar os enigmas das publicidades de Turgalicia e do Xacobeo e deciden visitar os lugares orixinais das famosas fotografías que se distribúen sobre Galicia desde estes organismos. Así que se trasladan de Santiago ao concello de Mañón (A Coruña) para descubrir uns famosos cantís.

O baile do PP

GC TV - 10 Febreiro 2010

A sintonía do PP tamén é bailable ou iso é polo menos o que pretenden facer estas mozas. Toda unha coreografía co himno oficial dos populares

Cando o lobo mataba

GC TV - 09 Febreiro 2010

En 1974 os lobos mataron a dous meniños en San Cibrao das Viñas. Foi o último ataque a humanos coñecido. Desde entón as matanzas indiscriminadas levaron ao lobo ao borde da extinción. Hoxe a especie recuperase e hai preto de 2.500 lobos.

O primeiro submarino artesanal de Galicia

GC TV - 08 Febreiro 2010

No verán do ano 71 as augas de vilagarcía de Arousa asistiron á botadura dun submarino artesanal. Esta é a crónica dese momento.

Arxentina defende o galego

GC TV - 07 Febreiro 2010

A escritora e académica arxentino-galega María Rosa Lojo foi a encargad,a o pasado venres, de presentar o libro '55 mentiras sobre a lingua galega' en Bos Aires.

Manifesto pola fusión

GC TV - 06 Febreiro 2010

PPdeG, BNG, CIG, UXT, CC.OO., e a CEG presentan o manifiesto 'Galicia ten dereito', en defensa do sistema financieiro galego. O acto tivo lugar no Parlamento de Galicia.

Varela: "escribín un libro sobre Bob Dylan"

GC TV - 05 Febreiro 2010

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, sincerouse no programa San Viernes de Localia Vigo e confesou que con 17 anos escribiu un libro sobre Bob Dylan que aínda está sen publicar. Tamén se proclamou amante de Vigo e un "inútil" na cociña e, por iso, prefire comer en restaurantes ou encargar a comida. Declarase un fan da música clásica, principalmente, de Wagner e tamén de Beethoven.

"O futuro ademais de Baltar, será blanco"

GC TV - 04 Febreiro 2010

O presidente provincial do PP de Ourense, Xosé Manuel Baltar Blanco, asegura que os obxectivos para as municipais é "ir a por todas", manter a deputación, incrementar o número de alcaldías e gañar na capital con "un equipo de persoas" que traballe para recuperar Ourense. Destaca a fidelidade da xente que traballou con el para chegar á Presidencia e carga contra socialistas e nacionalistas.

"Galeg@s universais: historias do mar"

GC TV - 03 Febreiro 2010

Lukas Santiago presenta o seu novo documental: “Galeg@s Universais. Historias do mar”. A estrea será o día 20 de febreiro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra. Un acto organizado pola Asociación Pola Defensa da Ría, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Así viven os visóns

GC TV - 01 Febreiro 2010

Igualdad Animal presenta neste documental duras imaxes sobre o tratamento aos visóns nas numerosas granxes que existen destes animais. O seu traballo aporta varias horas de video e 650 fotografías nun informe que é a primeira vez que se realiza en toda España.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.