Contaminación por gases / DUVI.

Cales son as industrias galegas que máis contaminan?

Medio Ambiente - 09 Decembro 2016

Galicia é a responsable do 15% das emisións contaminantes do Estado e é a segunda das autonomías que máis aumentou a contaminación segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR). E dez grandes industrias son as responsables desta situación.

Exemplar de gabilán papirrufo (Accipiter rufiventris) capturado en Veiga (Ourense) / JuanjoaG.

Identifican en Galicia unha especie de gabián do sueste africano nunca antes visto na Península

Medio Ambiente - 03 Decembro 2016

O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro dá a coñecer o achádego en Veiga (Ourense) dun exemplar desta especie exótica.

Lago artificial das Pontes sobre a mina de carbón /Endesa

O lago artificial d’As Pontes atópase en “boas condicións ecolóxicas”, segundo un estudo

Medio Ambiente - 29 Novembro 2016

Investigadores das universidades de Compostela, Lisboa e Illas Baleares analizaron os cambios nas comunidades de fitoplancton e o estado trófico para avaliar a calidade da agua. A investigación foi financiada por Endesa.

Contraminate e Senda Nova na Limpeza da Lagoa de Traba / QPC

Denuncian a contaminación de espazos naturais cunha limpeza colectiva

Medio Ambiente - 28 Novembro 2016

Adega, Contramínante e Senda Nova realizaron unha limpeza de areais na Costa da Morte e critican o mal estado dalgunhas paraxes naturais.

Pista que abriu a Xunta nun lugar no que existe un fento en perigo de extinción / Adega

O Goberno galego arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista

Medio Ambiente - 24 Novembro 2016

Tal e como denuncia Adega, trátase dunha poboación de Lycopodiella inundata, unha especie endémica en Galicia.

Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa

Unha multinacional queda finalista dun premio ambiental da UE a pesar de ter paralizada unha mina en Galicia

Medio Ambiente - 23 Novembro 2016

Lidia Senra critica que Erimsa chegue tan lonxe neste premio e lembra a loita da comarca da Terra Chá contra os proxectos de extracción de cuarzo da mineira norueguesa.

EDAR de Praceres, depuradora de auga no fondo da Ría de Pontevedra /iagua.es

A UE multa a España polo mal saneamento en Vigo, Ribeira e Santiago

Medio Ambiente - 18 Novembro 2016

O Goberno español terá que pagar 46,5 millóns por "poñer en risco" a saúde dos cidadáns de 17 núcleos de poboación.

Mina de San Fins, en Lousame

Bruxelas analizará os riscos ambientais de Lousame e Noia

Medio Ambiente - 18 Novembro 2016

AGE e Bildu presentarán varias preguntas na Comisión sobre o macrovertedoiro previsto en Lousame a proposta do Partido da Terra.

Contaminación por gases / DUVI.

SOGAMA aumenta en case un 50% as emisións de gases de efecto invernadoiro entre 2009 e 2015

Medio Ambiente - 17 Novembro 2016

“Como é posíbel que vertendo e queimando menos residuos, esta empresa estea a ser máis intensiva na emisión de gases de efeito invernadoiro”, denuncia Adega.

Amieiral / rios-galegos.com.

CSIC Galicia traballará na recuperación de amieirais afectados por unha praga

Medio Ambiente - 16 Novembro 2016

O Ministerio de Agricultura e Pesca, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), encomendou ao Consello Superior de Investigacións Científicas a realización de traballos de investigación destinados á obtención de exemplares de ameneiro tolerantes a unha enfermidade producida, entre outras causas, por 'Phytophthora alni'.

Planta de Sogama en Cerceda

Galicia, un dos lugares que menos recicla de Europa

Medio Ambiente - 10 Novembro 2016

Sogama só trata 3,32 toneladas de cada 100 que recibe, unhas cifras que están moi lonxe do 50% que esixe reciclar a UE para 2020. A pesar de reciclar o lixo do 94% do territorio galego só ten a 23 persoas contratadas de xeito directo.

O biólogo belga Tom Janssen, na ría de Arousa / Tom Janssen Facebook.

O biólogo belga Tom Janssen mostra ao mundo como traballa a rede de rescate de golfiños en Galicia

Medio Ambiente - 08 Novembro 2016

O científico e documentalista publica un vídeo da súa estancia no Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove.

Xavier Labandeira, catedrático de Economía / DUVI.

Un catedrático da UVigo percorrerá máis de 300 quilómetros en bicicleta contra o cambio climático

Medio Ambiente - 07 Novembro 2016

O economista Xavier Labandeira participará nas tres últimas etapas da marcha Moving for Climate NOW entre Sevilla e Marrakech, coincidindo co cumio internacional sobre o clima.

Mina de San Fins, en Lousame

As augas contaminadas que ameazan a ría de Noia

Medio Ambiente - 04 Novembro 2016

Adega advirte do vertido dun millón de m3 de augas residuais mineiras das minas de San Fins. Unhas augas que conteñen, segundo os ecoloxistas, altos níveis de metais pesados, que mesmo multiplican por 8 os máximos legais.

Lagoa de Massó, desde o aire / http://blogdemerchi.rodeiramar2a.com/

A Asociación Arco Iris pide a protección "urxente" da lagoa de Massó, en Cangas

Medio Ambiente - 31 Outubro 2016

Pide que se tramite "canto antes" a petición de Espazo natural de protección municipal.

Unha plantación de piñeiros ameaza outra de frondosas / campogalego.gal

Os piñeiros atlánticos “poderían verse favorecidos” polo quentamento global

Medio Ambiente - 21 Outubro 2016

Eva Prada demostra na súa tese de doutoramento que as poboacións atlánticas son máis sensíbeis que as continentais a xeadas inesperadas, pero poden verse favorecidas “nun escenario máis competitivo” como o derivado do aumento das temperaturas.

Vistas desde o Monte Culou, en Lousame, onde está prevista a construcción dunha marcrovertedoiro / queverengalicia.com

Feijóo insiste en que hai “moitos alcaldes” que non se opoñen ao vertedoiro de Lousame

Medio Ambiente - 21 Outubro 2016

Critica aos socialistas de Noia por opoñerse a el agora, cando antes estaban a favor.Terra de Lousame presenta as súas alegacións e denuncia falta de transparencia ante a Valedora do Pobo.

Golfiño varado na praia de Razo / CEMMA. Golfiño varado na praia de Razo / CEMMA.

Alertan da “situación crítica” das redes de varamentos polo “abandono” das administracións públicas

Medio Ambiente - 17 Outubro 2016

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños pon en marcha unha campaña para esixir aos organismos públicos competentes que doten de cobertura legal, capacidade e medios suficientes estas redes, fundamentais para o estudo e conservación de especies mariñas ameazadas.

Agresión a unha árbore na Coruña.

Investigan agresións a varias árbores na Coruña que poden provocar a súa morte

Medio Ambiente - 13 Outubro 2016

O Goberno local di que “fará todo o posible para evitar novos casos coma este”, que afecta a dous plátanos de varias décadas.

Planta de  biomasa de Allarluz/ GC

Protestas tamén contra a macroincineradora de biomasa en Curtis

Medio Ambiente - 12 Outubro 2016

A Federación Ecoloxista Galega oponse a súa instalación e presentou alegacións ao proceso ambiental aberto sinalando que a instalación incumpre a lexislación autonómica en vigor.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.