Xavier Labandeira, catedrático de Economía / DUVI.

Un catedrático da UVigo percorrerá máis de 300 quilómetros en bicicleta contra o cambio climático

Medio Ambiente - 07 Novembro 2016

O economista Xavier Labandeira participará nas tres últimas etapas da marcha Moving for Climate NOW entre Sevilla e Marrakech, coincidindo co cumio internacional sobre o clima.

Mina de San Fins, en Lousame

As augas contaminadas que ameazan a ría de Noia

Medio Ambiente - 04 Novembro 2016

Adega advirte do vertido dun millón de m3 de augas residuais mineiras das minas de San Fins. Unhas augas que conteñen, segundo os ecoloxistas, altos níveis de metais pesados, que mesmo multiplican por 8 os máximos legais.

Lagoa de Massó, desde o aire / http://blogdemerchi.rodeiramar2a.com/

A Asociación Arco Iris pide a protección "urxente" da lagoa de Massó, en Cangas

Medio Ambiente - 31 Outubro 2016

Pide que se tramite "canto antes" a petición de Espazo natural de protección municipal.

Unha plantación de piñeiros ameaza outra de frondosas / campogalego.gal

Os piñeiros atlánticos “poderían verse favorecidos” polo quentamento global

Medio Ambiente - 21 Outubro 2016

Eva Prada demostra na súa tese de doutoramento que as poboacións atlánticas son máis sensíbeis que as continentais a xeadas inesperadas, pero poden verse favorecidas “nun escenario máis competitivo” como o derivado do aumento das temperaturas.

Vistas desde o Monte Culou, en Lousame, onde está prevista a construcción dunha marcrovertedoiro / queverengalicia.com

Feijóo insiste en que hai “moitos alcaldes” que non se opoñen ao vertedoiro de Lousame

Medio Ambiente - 21 Outubro 2016

Critica aos socialistas de Noia por opoñerse a el agora, cando antes estaban a favor.Terra de Lousame presenta as súas alegacións e denuncia falta de transparencia ante a Valedora do Pobo.

Golfiño varado na praia de Razo / CEMMA. Golfiño varado na praia de Razo / CEMMA.

Alertan da “situación crítica” das redes de varamentos polo “abandono” das administracións públicas

Medio Ambiente - 17 Outubro 2016

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños pon en marcha unha campaña para esixir aos organismos públicos competentes que doten de cobertura legal, capacidade e medios suficientes estas redes, fundamentais para o estudo e conservación de especies mariñas ameazadas.

Agresión a unha árbore na Coruña.

Investigan agresións a varias árbores na Coruña que poden provocar a súa morte

Medio Ambiente - 13 Outubro 2016

O Goberno local di que “fará todo o posible para evitar novos casos coma este”, que afecta a dous plátanos de varias décadas.

Planta de  biomasa de Allarluz/ GC

Protestas tamén contra a macroincineradora de biomasa en Curtis

Medio Ambiente - 12 Outubro 2016

A Federación Ecoloxista Galega oponse a súa instalación e presentou alegacións ao proceso ambiental aberto sinalando que a instalación incumpre a lexislación autonómica en vigor.

Exemplar de lura xigante localizada en Bares / Javier Ondicol.

Imaxes únicas no mundo dunha lura xigante viva atopada en Estaca de Bares

Medio Ambiente - 11 Outubro 2016

Publican as fotografías dun exemplar de Architeuthis vivo na praia de Bares, algo insólito e só documentado hai dous anos en Xapón.

Mapa da Organización Mundial da Saúde sobre a contaminación do aire en Galicia / Adega

A metade da poboación galega respira aire contaminado, segundo a OMS

Medio Ambiente - 11 Outubro 2016

As 7 cidades importantes de Galicia e a súa área de influencia terían valores superiores aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde. Unha situación que aumenta ou causa enfermidades caridovasculares, accidentes cerebrovasculares ou enfermidades crónicas, entre outras.

Vistas desde o Monte Culou, en Lousame, onde está prevista a construcción dunha marcrovertedoiro / queverengalicia.com

Terras de Lousame pide declarar Espazo Natural a contorna onde se pretende instalar o macrovertedoiro

Medio Ambiente - 11 Outubro 2016

Suliña que a parcela constitúe un hábitat de interese comunitario prioritario e ten unha importante función ecosistémica, xa que abastece áss aldeas próximas e a propia vila de Noia.

Lugar onde se quere construir un pantalán en Salvaterra

Protestas contra a construción dun pantalán en Salvaterra

Medio Ambiente - 10 Outubro 2016

A asociación Lazoiro presenta alegacións nas que denuncia os efectos que terá no medio ambiente.

Solta da aguia real Eufemia, no Xurés, en 2008 / grefa.org

A aguia real que superou disparos e incendios volve a Galicia

Medio Ambiente - 09 Outubro 2016

“Eufemia” foi recuperada polo Grupo de Rehabilitación da Fauna Autóctona (GREFA) en 2008 no Xurés. Tras vivir na Cordilleira Cantábrica volveu a Galicia.

Presentación en Baiona da Rede galega de praias sen fume / Xunta.

O 63% dos galegos ve “boa ou moi boa” a iniciativa de promover que non se fume nas praias

Medio Ambiente - 06 Outubro 2016

A Consellería de Sanidade considera que o Programa Praias sen Fume tivo boa acollida no primeiro ano e continuará traballando para "estender e mellorar a iniciativa".

Noelia Dosil é a coordinadora da Plataforma contra o Novo Vertedoiro de Residuos Industriais de Lousame

“O macrovertedoiro de Lousame podería contaminar a auga que abastece a Noia”

Medio Ambiente - 05 Outubro 2016

O proxecto para a instalación do Centro de Xestión Ambiental de Lousame está a causar preocupación e oposición entre a veciñanza, que acaba de crear a “Plataforma contra o Novo Vertedoiro de Residuos Industriais de Lousame”. Noelia Dosil, coordinadora da Plataforma, critica o proxecto e destaca os obxectivos desta nova asociación.

Vistas desde o Monte Culou, en Lousame, onde está prevista a construcción dunha marcrovertedoiro / queverengalicia.com

Comezan as mobilizacións contra o macrovertedoiro de residuos industriais de Lousame

Medio Ambiente - 04 Outubro 2016

Terras de Lousame anuncia xa a súa “oposición frontal” a este proxecto polos riscos de contaminación de toda a comarca.

Voluntarios de Lazoiro retiran lixo do río Tea / Lazoiro

300 quilos de lixo e cans afogados na limpeza do río Tea

Medio Ambiente - 03 Outubro 2016

Ademais atoparónse pezas de metla e ferro de grandes dimensións e ata a parte dun andamio de obra de case dous metros durante a limpeza do río.

Imaxe dalgunhas pezas realizadas no proxecto Arcopol / DUVI.

A Unión Europea premia o proxecto Arcopol para a protección do medio mariño e costeiro do Atlántico

Medio Ambiente - 01 Outubro 2016

O proxecto, coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo, que actuou como coordinador 'Arcopolplatform: Plataforma para a mellora da preparación e a resposta á contaminación marítima e costeira nas rexións Atlánticas" foi galardoado pola Comisión Europea.

Imaxe aérea das Illas Cíes, na ría de Vigo / TURGALICIA.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas, entre os 100 mellores destinos sustentables do mundo

Medio Ambiente - 01 Outubro 2016

Un grupo de expertos internacionais relacionados co turismo e o medio ambiente concederon este recoñecemento no marco do Global Green Destinations Day, celebrado en Liubliana (Eslovenia).

Troitas mortas na ría de Barrañán / PSOE Arteixo.

Denuncian a aparición de ducias de troitas mortas na ría de Barrañán

Medio Ambiente - 01 Outubro 2016

O PSOE de Arteixo (A Coruña) denunciou ante o Seprona a aparición de ducias de exemplares mortos na desembocadura desta ría.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.