Medio Ambiente - 11 Xaneiro 2017
Un grupo de ornitólogos percorrerán 30 humedais galegos para facer un censo desta especie.
Medio Ambiente - 10 Xaneiro 2017
As universidades de Vigo e do País Vasco traballan no desenvolvemento dunha ferramenta de calibración dos sistemas de simulación enerxética.
Medio Ambiente - 10 Xaneiro 2017
O-Xan leva pouco máis dun ano traballando para concienciar á sociedade galega da importancia que o lobo ten para a fauna de Galicia. Óscar Rivas é un dos seus integrantes e nesta entrevista recoñece que é necesario traballar cóbado con cóbado cos gandeiros para tentar chegar a un punto de acordo entre o que pensa o mundo urbano e o que se vive no mundo rural. Por iso critica aos animalistas, “que non teñen que ver cos conservacionistas”, e actúan desde unha perspectiva ideolóxica “que crea malestar no sector rural”.
Medio Ambiente - 06 Xaneiro 2017
A Xunta licita varios contratos para a posta en marcha de iniciativas e adquisición de materiais que permitan afondar en como está a afectar o clima ás augas galegas.
Medio Ambiente - 05 Xaneiro 2017
O colectivo pide mellorar o tratamento que se lle dá nos medios de comunicación ás accións dos lobos.
Medio Ambiente - 05 Xaneiro 2017
Científicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e da Universidade de Vigo confirman que a árbore non foi introducida por Frai Rosendo Salvado dende Australia, como se cría até o de agora, senón que chegou antes a Santa Marta de Ortigueira, a mediados do século XIX. A procedencia dos primeiros exemplares segue sendo un misterio.
Medio Ambiente - 02 Xaneiro 2017
A plataforma presenta alegacións ao texto e alerta dun "novo intento do alcalde popular José Muíño de impoñer pola porta de atrás un futuro plan extractivo na parroquia".
Medio Ambiente - 02 Xaneiro 2017
Os incendios arrasaron en todo o Estado un total de 62.830 hectáreas de superficie dende que comezou 2016 ata o 30 de novembro, o que representa case un 35% menos que a media do decenio. A parte noroeste sufriu o 43,26 por cento dos incendios
Medio Ambiente - 30 Decembro 2016
Un estudo científico sobre a colonización desta especie exótica conclúe que as granxas de peles foron o principal foco da invasión no Parque Nacional e, aínda que considera o programa de extinción do visón en Galicia un éxito, alerta de que non se deben relaxar os controis, pois existe risco de reinvasión.
Medio Ambiente - 30 Decembro 2016
Santiago de Compostela e Lugo mostran os niveis máis altos de contaminación entre as cidades galegas, seguidas da Coruña e Vigo, segundo datos da Organización Mundial da Saúde. Pola contra, Ourense é a urbe co aire máis limpo e Noia presenta un dos mellores valores de Europa. Boa parte de Galicia rexistra os mellores niveis do continente cos países escandinavos, Escocia, Irlanda e partes do sur de Francia e do norte de España; o resto de Europa supera o límite establecido pola OMS.
Medio Ambiente - 28 Decembro 2016
Un estudo alerta da "tardanza" das autoridades europea, española, autonómicas e locais para frear e tentar erradicar a presenza da avespa velutina. No caso galego, bota en falla unha xestión máis eficiente da información sobre a presenza de niños.
Medio Ambiente - 27 Decembro 2016
O PPdeG mostrouse en contra dunha iniciativa do BNG --será votada o mércores en pleno-- que reclama que a Xunta inicie os trámites para o cesamento da actividade de Elnosa en Lourizán, Pontevedra.
Medio Ambiente - 23 Decembro 2016
Presenta o plan de xestión de residuos industrias co obxectivo de reducilos nun 10% en 2020. Na actualidade Galicia produce 2,4 millóns de toneladas de resíduos ao ano.
Medio Ambiente - 22 Decembro 2016
A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé temperaturas máis altas e precipitacións "normais" para esta época do ano.
Medio Ambiente - 20 Decembro 2016
Denuncia que a planta da Furoca “supón unha grave ameaza aos núcleos habitados na parroquia” pola contaminación de acuíferos.
Medio Ambiente - 20 Decembro 2016
87.300 lumes, 1,5 millóns de hectáreas queimadas e 72 concellos galegos entre os cen con máis incendios. Esa é a radiografía que os lumes deixan neste país entre 2001 e 2014 e que o sitúan na cabeza do Estado nunha triste estatística.
Medio Ambiente - 19 Decembro 2016
Os ecoloxistas denuncian que o novo Goberno de Feijóo "dá carta branca" para encher Galicia de cultivos enerxéticos. Ademais do eucalipto, potenciará especies como o Liquidambar, a Pawlonia, a acacia ou o bambú que poderán ser aproveitadas en masas continuas monoespecíficas de até 100 hectáreas.
Medio Ambiente - 19 Decembro 2016
A Sociedade Galega de Historia Natural solicita á Xunta que abra un expediente sancionador contra Matomba Mink Farm, SL, Petrus Gerardus Raijmakers Lambertus e Marta María Blanco, responsables da granxa instalada en Troitosende.
Medio Ambiente - 17 Decembro 2016
A Reserva da Biosfera Terras do Miño alerta da “ameaza con crebar o equilibrio ecolóxico dos montes” e promeverá a plantación de Soutos. A Xunta xa hai un ano que tamén anunciou restricións.
Medio Ambiente - 09 Decembro 2016
Galicia é a responsable do 15% das emisións contaminantes do Estado e é a segunda das autonomías que máis aumentou a contaminación segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR). E dez grandes industrias son as responsables desta situación.