Luceiro, cría de lobo mariño rescatada en Galicia / CEMMA.

O lobo mariño Luceiro sae da Unidade de Coidados Intensivos para finalizar a súa recuperación

Medio Ambiente - 10 Febreiro 2017

A cría, rescatada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, estará varias semanas na piscina do Instituto Galego de Formacion en Acuicultura antes de ser liberado no Gran Sol.

Fraga de Catasós, en Lalín

Gas Natural Fenosa insiste na súa intención de destrozar a Fraga de Catasós

Medio Ambiente - 09 Febreiro 2017

A compañía eléctrica recorrerá a sentenza que lle prohíbe pasar liñas de alta tensión pola fraga de Casas Vellas. Adega denuncia a “chafalleira” tramitación do informe de impacto ambiental e responsabiliza á Xunta.

Grupo de xabarís no campus da Universidade de Santiago / Verónica Mosquera.

Sorprendidos por unha manda de xabarís no campus da Universidade de Santiago

Medio Ambiente - 09 Febreiro 2017

Varias persoas puideron ver e fotografar un grupo de porcos bravos paseando pola zona universitaria.

Anguía nun río / cotodepesca.com

Na procura da anguía galega

Medio Ambiente - 09 Febreiro 2017

A Xunta destina 150.000 euros a analizar a poboación deste animal nas desembocaduras do Ulla, Umia e nas zonas da Costa da Morte, Costa Ártabra e a Mariña.

Fraga de Catasós, en Lalín

A xustiza paraliza o proxecto de Gas Natural Fenosa de pasar unha liña de alta tensión pola fraga de Catasós

Medio Ambiente - 08 Febreiro 2017

Unha sentenza xudicial rexeita que a compañía pase os seus postes pola Fraga de Casas Vellas porque o seu trazado incumpre a lexislación ambiental.

Parque Natural da Serra do Xurés / Adrián Regos.

A Xunta quere priorizar o patrimonio natural por riba da ordenación urbanística

Medio Ambiente - 02 Febreiro 2017

A nova Lei de Patrimonio Natural de Galicia creará microreservas e un catálogo especial para protexer especies e hábitats. O Goberno galego aumentará as sancións ata os dous millóns de euros en caso de faltas moi graves.

Membros de Adega na illa de Sálvora / Adega

A paisaxe da illa de Sálvora será protexida

Medio Ambiente - 02 Febreiro 2017

A Xunta inicia os trámites para que este espazo das Illas Atlánticas sexa a primeira paisaxe natural declarada BIC.

Efectivos de loita contra os lumes da Xunta / Óscar Vázquez-Atrifroga

Galicia tamén arde en inverno con 110 lumes en xaneiro

Medio Ambiente - 31 Xaneiro 2017

ATRIFOGA presenta un informe sobre o perigoso aumento dos lumes en outono e inverno e a falta de medios da Xunta para facerlle fronte. Algúns deles superaron as 50 hectáreas e afectaron a zona de Rede Natura. O Goberno galego insiste en defender o seu modelo e apunta á seca como factor dos incendios nestas épocas do ano.

Rescate dunha cría de balea común varada na praia de Bares / La Sexta.

Mobilización para salvar unha cría de balea varada na praia de Bares

Medio Ambiente - 26 Xaneiro 2017

Un equipo da CEMMA acudiu ao rescate do exemplar, de entre seis e sete metros de lonxitude e entre 2.000 e 3.000 quilos de peso, que foi reflotado, se ben "o prognóstico é malo".

Termómetro que marca a calor na rúa Capitan Eloy de Ourense durante un verán / tarsiemtb.com

O ano 2016 foi máis cálido do normal en Galicia, cunha temperatura media de 14ºC

Medio Ambiente - 21 Xaneiro 2017

O país rexistrou unha temperatura media case medio grao por enriba dos valores esperados. Tamén se rexistrou un aumento do 16 por cento sobre a media de precipitacións recollidas nos últimos 30 anos.

Os datos de GPS sinalan que a quenlla

Denuncian a captura e desaparición en Vigo dunha quenlla marcada para un estudo internacional

Medio Ambiente - 21 Xaneiro 2017

A organización Ocearch pide colaboración cidadá para coñecer o paradoiro dun tiburón azul que estaba sendo monitorizado no seu programa global de seguimento e estudo de quenllas. Os datos de GPS sitúan o exemplar na área de Vigo, onde tería sido transportado tras ser capturado por algún buque.

Faro en Illa Pancha/Chairego_apc wikimedia

O hotel de luxo do faro de Illa Pancha abrirá en marzo

Medio Ambiente - 20 Xaneiro 2017

O proxecto foi duramente criticado por entidades locais e partidos. Lídia Senra mesmo levou o asunto ao Parlamento Europeo por afectar a un espazo da Rede Natura 2000.

A Universidade da Coruña / UDC.

A Coruña, a universidade galega máis respectuosa co medio ambiente

Medio Ambiente - 19 Xaneiro 2017

A UDC destaca no UI GreenMetric World University Ranking no posto 149 de 516 universidades analizadas en todo o mundo. A de Santiago ocupa o 234 e a de Vigo, o 321.

Praia da Madalena en Cedeira nunha foto antiga, con máis area

Divisións na plataforma de defensa da Ría de Cedeira

Medio Ambiente - 17 Xaneiro 2017

ADEGA e o colectivo cívico Somos Cedeira deixarán de participar por non cumprir, din, os obxectivos para os que foi constituída.

Asteleiros de Navantia en Puerto Real, Cádiz /CNT

Multan a unha empresa externa de Navantia por repartirse o mercado da xestión de residuos urbanos

Medio Ambiente - 17 Xaneiro 2017

SERTEGO, filial de Urbaser, foi sancionada con 23.289.939 euros nun expediente aberto pola Comisión Nacional de Mercados e Competencia.

Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona / EU Narón

Unha loita de 11 anos para erradicar a especie invasora herba da Pampa

Medio Ambiente - 13 Xaneiro 2017

Está catalogada como unha das 20 especies exóticas invasoras máis daniñas presentes en España e con serios efectos prexudiciais sobre os ecosistemas autóctonos.

O último exemplar coñecido de cabra montesa galega

1890, o ano da derradeira cabra montesa galega

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2017

Os últimos exemplares moraban nas serras do Xurés-Gerês pero a caza acabou con eles. O último avistamento en Galicia foi preto da Portela do Home.

Estado do embalse de Cecebre, na Coruña, coa seca / elconfidencial.com

A Xunta activa o sistema de prealerta por seca en Galicia

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2017

Os encoros galegos teñen un 11% menos de capacidade que nunha situación normal e decembro foi un dos meses máis secos en décadas. “Non hai que temer porque o subministro de auga está garantido”, di o presidente da Xunta.

Realizando un mapeo cunha mochila Trekker de Google / Monte Pindo

Google mapea o Monte Pindo

Medio Ambiente - 12 Xaneiro 2017

O programa Trekker bota a andar para achegar o Olimpo Celta a millóns de persoas. Na actualidade hai xa unha ducia de voluntarios interesados.

Unha femia de lobo cos seus cachorros.

“A convivencia dos lobos cos humanos aquí é antiga e intensa”

Medio Ambiente - 11 Xaneiro 2017

Un estudo científico sobre a dieta dos lobos e a súa conservación aplicado na provincia de Pontevedra conclúe que estes carnívoros dependen da existencia de fortes poboacións de garranos salvaxes e advirte de que, "de non respectarse isto, pode traer nefastas e imprevisibles consecuencias" nos nosos ecosistemas. O autor, o biólogo Santiago Bas López, lembra o deber da Xunta de cumprir o Plan de Xestión do Lobo en Galicia.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.