Incendio en Serra de San Madede (Ourense)

Última hora da vaga de lumes: Activos 17 incendios forestais de máis de 20 hectáreas

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

Os lumes da fin de semaqna arrasaron 35.500 hectáreas. O SEPRONA di que a chuvia non é boa para as tarefas de investigación. Policía e Garda Civil piden colaboración cidadá. A Fiscalía abre investigacións penais. Caballero di que non alerta por arrastre de cinzas. O Goberno de Feijóo e de Rajoy defenden a súa actitude na crise incendiaria. Segue a última hora dos lumes que afectan o noso país no minuto a minuto de GC.

Lume na Praza de España de Vigo, en plena onda de incendios en Galicia.

Paros nas aulas dos centros de ensino en protesta polos lumes

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

Dez centros públicos non abren as súas portas por culpa dos incendios. Un dos principais sindicatos culpa ao goberno por favorecer ao eucalipto e convoca paros ao mediodía.

Incendios localizados en Galicia e norte de Portugal polo Sistema europeo de información sobre incendios forestais (EFFIS), na fin de semana do 14 e 15 de outubro de 2017.

Galicia e Portugal, os puntos máis quentes en Europa pola onda de incendios

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

O Sistema europeo de información sobre incendios forestais mostra unha alta densidade de lumes no occidente peninsular, moito maior que en calquera outra parte do continente europeo.

Unha protesta do Comité en Defensa do Monte Galego en Ourense

Galicia berrará este luns “Lume Nunca Máis!”

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

O Comité de Defensa do Monte Galego convoca “concentracións urxentes” ante a vaga de lumes que está a arrasar o país. Polo de agora hai protestas previstas en dezaseis localidades distintas. Piden a dimisión do presidente. Horarios no interior.

A chuvia chegou ao sur de Pontevedra, pero é moi débil

A chuvia aparece en Pontevedra, pero é moi débil

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

As predicións de Meteogalicia son que unha fronte fría chegará a Galicia ao longo deste luns, deixando unha xornada marcada polas choivas e o descenso dos termómetros.

Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

A terrible vaga de lumes de Galicia deixa xa tres mortos e casas ardidas

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

A terceira vítima mortal atopouse na parroquia de Abelenda, en Carballeda de Avia, e morreu tratando de salvar a súa casa e un rabaño de cabras. Outras dúas faleceron calcinadas ao quedar atrapadas nun vehículo. O lume queimou tamén varias casas.

Unha coluna de lume avanza por Gondomar / Migue Núñez

Ascenden a 16 os incendios con perigo a núcleos de poboación en Galicia

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

O número de incendios que ameazan núcleos de poboación elevouse a 16 logo de que se activase a situación 2 pola proximidade das lapas ás casas no lugar de Trasmonte, en Friol (Lugo), e na parroquia de Chavaga, en Monforte (Lugo).

Os incendios cercan a cidade de Vigo. Vista dende Cangas. Os incendios cercan a cidade de Vigo. Vista dende Cangas.

Xa son tres os mortos pola onda de incendios en Galicia

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

Un veciño de Carballeda de Avia convértese na terceira vítima mortal, tras os dous falecidos en Nigrán.

Xente tentando apagar un incendio / Youtube

Toda Galicia mobilizada contra o lume... Como no Prestige

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

Crónica dun dos días máis negros de Galicia. A seca, as altas temperaturas, o terrorismo incendiario, a descoordinación e a falta de medios provocaron que este 15 de outubro sexa lembrado como un dos máis tráxicos na loita contra os lumes. Os bombeiros comparan a situación co caos de Portugal do pasado xuño. E os veciños, milleiros de veciños de toda Galicia son os que tentan apagar os incendios, como no Prestige.

Mapa da vaga de lumes en Galicia

Mapa dos lugares con máis perigo polos incendios forestais

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

Aumentan a 13 os lugares con situación 2 polo lume tras activarse en Nigrán e Lobios. Hai máis dun cento de lumes activos.

Os incendios cercan a cidade de Vigo. Vista dende Cangas. Os incendios cercan a cidade de Vigo. Vista dende Cangas.

O lume cerca Vigo e afecta o centro da cidade

Medio Ambiente - 16 Outubro 2017

Caos e pánico na cidade olívica, unha das zonas máis afectadas polos incendios que asolan Galicia.

Furgoneta calcinada en Chandebrito (Nigrán) na que se atoparon dous cadáveres, en plena onda de incendios.

Primeiros mortos pola vaga de lumes en Galicia

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

Aparece unha furgoneta calcinada con, alomenos, dúas persoas mortas no seu interior. Os efectivos de loita contra os incendios non descartan que se atopen máis cadáveres.

Vehículos atrapados no túnel da Cañiza na autovía A-52 pola onda de incendios

Centos de coches atrapados no túnel da Cañiza na A52

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

Caos absoluto nun dos principais viais de Galicia tras cortar a Garda Civil a autovía polos incendios. Vídeo no interior.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rueda de prensa

Feijóo bótalle a culpa dos lumes a Portugal, á seca e aos incendiarios

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

"Estamos a loitar contra os incendiarios, as condicións climatolóxicas e os lumes que entran de Portugal", asegura o presidente galego.

Os veciños non son quen de parar os lumes e sen medios contraincendios /youtbe

Vídeos dun dos días máis negros de incendios en Galicia

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

Gondomar, Arbo, Pazos de Borbén, Baiona, Oia, Redondela.... O sur de Pontevedra é unha gran bola de lume Nestes vídeos pódese observar a magnitude das lapas dun dos días máis negros para Galicia.

Lume en vincios / youtube

Veciños teñen que fuxir polas fiestras para evitar os lumes en Vincios (Gondomar)

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

A Garda Civil e a Policía tiveron que desaloxar aos veciños de Vincios, en Gondomar, pola proximidade das lapas ás vivendas.

Incendio forestal dos últimos días rexistrado en Galicia / EP

Galicia quéimase en pleno outono pola seca e a falta de medios

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

Galicia sofre case un cento de lumes esta fin de semana que queimaron xa máis de 4.000 hectáreas. Algúns ameazan con converterse nos peores dos últimos anos, especialmente, o de Ponteareas e Pazos de Borben. Con todo, Cataluña segue acaparando os grandes titulares de moitos dos medios galegos.

Incendio na cinta

Un gran lume arrasa 1.500 hectáreas en menos de doce horas... E continúa

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

O lume, que comezou a pasada medianoite en Ponteareas e afecta xa a catro concellos, podería converterse nun dos grandes incendios forestais de Galicia deste ano.

Axentes medioambientais mobilizados para controlar incendios en Boiro / @UGTForestaisGZ

Decretan a situación 2 de alerta por lume en Pazos de Borbén e en Boiro

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

Un incendio no municipio pontevedrés de Pazos de Borbén e outro no coruñés de Boiro obrigaron a decretar a situación 2 de alerta na madrugada deste domingo.

Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona / EU Narón

O Concello de Lugo tamén se suma á eliminación de especies invasoras

Medio Ambiente - 15 Outubro 2017

Realizará unha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado coa participación de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.