Medio Ambiente - 14 Outubro 2017
Un total de 19 lumes queiman máis de 2.100 hectáreas en municipios de Ourense e Lugo. Tres lumes permanecen activos, cinco estabilizados e 11 están controlados. Expertos avisan de que o cambio climático obriga a cambios na loita contra incendios.
Medio Ambiente - 14 Outubro 2017
Brigadistas demandan un operativo "menos precario" e "polivalente" e a Xunta aposta por cambios normativos para loitar contra os incendiarios.
Medio Ambiente - 14 Outubro 2017
Galicia recibirá a próxima semana o outono meteorolóxico con choivas e un descenso de 10 graos de media das temperaturas.
Medio Ambiente - 14 Outubro 2017
Quedaron extinguidos tres lumes nos municipios ourensáns de Melón, Vilar de Barrio e Manzaneda e outro en Silleda (Pontevedra).
Medio Ambiente - 13 Outubro 2017
Apunta entre as medidas para contribuír á súa prevención, o pastoreo, queimas prescritas "en épocas de baixo risco" e accións de roza.
Medio Ambiente - 13 Outubro 2017
O parque natural de Baixa Limia, do Xurés e zonas de "alto valor ecolóxico" do Courel levan varios días ardendo. Xa son máis de 800 as hectáreas queimadas nestas zonas. Galicia mantén activos 14 lumes e bombeiros lusos tiveron que desprazarse a zonas limítrofes para axudar nas tarefas de extinción.
Medio Ambiente - 13 Outubro 2017
O incendio forestal comezou o mércores en Folgoso do Courel (Lugo). Galicia rexistra 11 incendios na provincia de Ourense, tres na de Lugo e outro na de Pontevedra. Os sindicatos denuncian improvisación
Medio Ambiente - 13 Outubro 2017
A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia que estamos "ao nivel de países subdesenvolvidos no que respecta á xestión das áreas protexidas".
Medio Ambiente - 13 Outubro 2017
Adega critica que o campo de golf que se pretende facer en Baredo (Baiona) consumiría tanta auga como a que gastan o conxunto dos habitantes do concello.
Medio Ambiente - 13 Outubro 2017
Chegará a Galicia na madrugada do domingo ao luns debilitado e en forma de borrasca.
Medio Ambiente - 12 Outubro 2017
O Partido Popular de Santiago denunciou a “corta masiva e indiscriminada” de árbores nunha leira municipal. O Concello defendeu onte a súa actuación en Lamas de Abade.
Medio Ambiente - 11 Outubro 2017
O presidente galego admite risco "máximo" de incendios, sobre todo no interior, pero di que o operativo "funciona".
Medio Ambiente - 11 Outubro 2017
Un furacán situado no suroeste das Illas Azores e denominado 'Ophelia' chegará a Galicia a fin de semana debilitado e en forma de borrasca, prevé Meteogalicia. Outros meteorólogos estiman que sería moi raro que provocase danos importantes.
Medio Ambiente - 11 Outubro 2017
Unha analítica das augas residuais desta zona de Carnota demostra a necesidade de acometer un saneamento de urxencia.
Medio Ambiente - 11 Outubro 2017
Seguen activos dous dos tres incendios que afectan a unhas 400 hectáreas deste parque. A provincia de Ourense rexistra outros dous lumes activos en Vilar de Barrio e Chandrexa de Queixa
Medio Ambiente - 11 Outubro 2017
Denuncian os verquidos con metais pesados tóxicos que se veñen producindo de forma continuada e a ameaza que supoñen as presas de residuos mineiros.
Medio Ambiente - 10 Outubro 2017
Un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute acompañou durante varias horas este exemplar de Balaenoptera musculus, avistado a entre seis e oito millas de Corrubedo. Trátase da terceira balea azul identificada en augas galegas en poucas semanas.
Medio Ambiente - 10 Outubro 2017
O exemplar, duns 25 metros de lonxitude, foi identificado preto de Corrubedo por un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute, que xa avistara outro diferente o 20 de setembro pasado preto de Ons. Estes dous súmanse a outra balea azul que fora identifcada doce días antes na ría de Muros e Noia.
Medio Ambiente - 10 Outubro 2017
Segue activo un incendio forestal en Lobios e outros dous controlados en Vilariño de Conso e Lobios (Ourense). A Garda Civil detivo este luns a un brigdista como presunto responsable de varios lumes no Xurés.
Medio Ambiente - 09 Outubro 2017
Amtega xustifica o concurso para substituír os vellos GPS convencionais. No proxecto europeo Ariem 112 tamén se dotou de ordenadores, tabletas e aplicacións informativas ao persoal de emerxencias e de loita contra os lumes pero os traballadores denuncian que o sistema non é operativo.