Exemplar de rorcual común (Balaenoptera physalus) con vitilixe / BDRI.

Gravan en Galicia por primeira vez no mundo unha balea con vitilixe

Medio Ambiente - 09 Outubro 2017

Os científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute cualifican de "extremadamente raro" este caso. Tamén avistaron, entre outras especies, un exemplar de Dermochelys coriacea, a tartaruga máis grande do planeta. Vídeo e fotografía do BDRI.

Lume en Vilariño de Conso

Onda de lumes en Ourense tras despedir a Xunta persoal contra incendios

Medio Ambiente - 09 Outubro 2017

Xa van case 100 hectáreas en lumes estabilizados no Carballiño, Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa e Lobios.

Incendio de Cotobade (Pontevedra) / Europa Press

Acusan á Xunta de chamar a persoal de extinción non formado para a loita contra os lumes

Medio Ambiente - 08 Outubro 2017

A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia denuncia que o pasado 30 de setembro "a Consellería do Medio Rural decidiu finalizar o contrato de persoal de reforzo de incendios forestais".

A neve chegou a Vila de Cruces, en Pontevedra / FB Cristina Salgado

Os outonos fríos serán unha excepción, segundo MeteoGalicia

Medio Ambiente - 08 Outubro 2017

Juan Taboada confía en que volvan as precipitacións a partir da segunda quincena de outubro.

Membros da plataforma contraMINAcción, tras presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia alegacións ao proxecto mineiro de cobre en Touro e O Pino.

“As empresas que hai que apoiar son as pequenas e as locais”

Medio Ambiente - 06 Outubro 2017

En menos dunha semana, máis de 13.000 persoas asinaron contra a Proposición de Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia en change.org. Falamos cos promotores da mobilización, os activistas de Contraminacción, que este venres se concentraron diante do Parlamento, sobre as próximas mobilizacións e o impacto que este texto terá en proxectos como a mina de Touro e a eucaliptización do monte.

Un brigadista loita contra outro lume no Xurés

Un gran lume afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Medio Ambiente - 03 Outubro 2017

O incendio forestal permanece activo desde o luns no termo municipal de Lobios (Ourense). Este luns a Xunta cesou a 430 efectivos contra incencios.

Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas / bombeiros forestais de Galicia

Máis de 430 efectivos contra incendios cesan a súa actividade en época de alertas por lumes

Medio Ambiente - 03 Outubro 2017

Apropiga e CC.OO. critican á Xunta por diminuir este persoal en época de risco e critica que se siga incentivando, ano tras ano, o traballo de empresas privadas como Natutecnia en detrimento do propio persoal descontinuo.

A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo

Alerta por seca en máis de media Galicia

Medio Ambiente - 02 Outubro 2017

Toda a demarcación de Miño-Sil e seis zonas da Coruña e Pontevedra. A alerta "non terán ningún efecto sobre a cidadanía", pero chámase a un uso responsable e activaranse medidas de aforro en municipios

A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo

Alerta por seca en seis zonas da demarcación Galicia-Costa

Medio Ambiente - 02 Outubro 2017

Son os que afectan aos ríos Verdugo, Lagares e Baíña, ríos de Oia e O Rosal, río Castro, río Xallas e Cee, río Mero e outros que desembocan na ría da Coruña, así como os ríos Mendo e Mandeo e os que desembocan á ría de Betanzos.

Souto de castiñeiros / galiciaunica.es

A Xunta repartirá 11,2 millóns da UE entre comunidades de montes para loitar contra os lumes

Medio Ambiente - 29 Setembro 2017

Os fondos servirán para fomentar a mellora silvícola das masas forestais existentes e conseguir un aumento da superficie forestal arborizada.

Exemplar de balea azul en augas de Ons / BDRI.

“A presenza de baleas azuis confirma que as augas galegas están entre as máis ricas do mundo”

Medio Ambiente - 29 Setembro 2017

Bruno Díaz, director do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove, explica a GC a importancia científica dos recentes avistamentos en augas galegas de dous exemplares de balea azul, o animal máis grande do mundo, en perigo de extinción. Vídeo e fotos cedidos polo BDRI.

Illa de Ons, pertencente o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Critican o "descontrol salvaxe" das Illas Atlánticas e as condicións dos seus traballadores

Medio Ambiente - 26 Setembro 2017

En Marea pide explicacións na Cámara pola masificación nalgunhas das súas illas, con máis de 8.000 persoas nun día, e pola falta dun Plan Reitor de Usos e Xestión.

Unha femia de lobo cos seus cachorros

Descobre como é a vida do lobo

Medio Ambiente - 25 Setembro 2017

Varios minidocumentais gravados nos montes da Costa da Morte amosan como é o ciclo reprodutivo, a alimentación ou o comportamento deste animal.

A Universidade segue reducindo a súa pegada de carbono por persoa e marca outro mínimo histórico en 2016 / UVigo.

A Universidade de Vigo segue reducindo a súa pegada de carbono

Medio Ambiente - 22 Setembro 2017

É un 1,75% inferior a 2015, cunha emisión media de 0,95 toneladas de CO2 por persoa. O incremento do uso do transporte público e do gas natural, claves na redución.

Fontes de Abegondo tras a súa restauración: 1 Vilanova, 2 Outeiro, 3 e 4 Villardel, 5 Presedo e 6 Beldoña / Naves, A., Samper, J., Mon, A. et al. Sustain. Water Resour. Manag. (2017). https://doi.org/10.1007/s40899-017-0169-5

Abegondo fracasa no seu plan de recuperación de fontes contaminadas financiado pola UE

Medio Ambiente - 22 Setembro 2017

Científicos de Galicia e Portugal constatan que as accións realizadas non foron suficientes para mellorar a calidade da auga das fontes e mananciais suxeitos ao plan de recuperación.

Exemplar de balea azul en augas de Ons / BDRI.

Unha balea azul en augas de Ons

Medio Ambiente - 21 Setembro 2017

O Bottlenose Dolphin Research Institute publica imaxes dun exemplar de Balaenoptera musculus de 24 metros en augas de Galicia. O director do centro recoñece a GC que se trata dunha "bomba científica" e salienta que Galicia se sitúa no "mapa mundial dende o punto de vista da conservación de especies tan simbólicas coma esta", en perigo de extinción.

 Imaxe do arquivo do Parque Nacional Illas Atlánticas

Os problemas no Parque das Illas Atlánticas provocan tensións na Xunta

Medio Ambiente - 21 Setembro 2017

A sobrevenda de billetes, os problemas laborais dos traballadores, a falta dun plan reitor ou unha política errática na erradicación de especies invasoras están no centro dun intenso debate que podería dar lugar a cambios na Consellería de Medio Ambiente.

Outono / Europa Press

A Aemet prevé un outono algo máis caloroso do normal en Galicia tras un verán seco e moi cálido

Medio Ambiente - 20 Setembro 2017

A seca podería chegar ao seu fin en xaneiro "se chovese o normal ata final de ano".

A directora xeral de Calidade Ambiental / Europa Press

Xunta e MeteoGalicia avisan: o cambio climático “está aquí” e veu “para quedarse”

Medio Ambiente - 19 Setembro 2017

Galicia tivo un verán con tempo moi cálido e cambiante pero seco, cun 27% menos de choivas. O outono prevese "inestable", aínda que dentro da normalidade en canto a temperaturas e precipitacións.

Unha das xornadas anteriores de limpeza do río Tea organizadas por Lazoiro

Buscan voluntarios para limpar o río Tea en Salvaterra a vindeira fin de semana

Medio Ambiente - 18 Setembro 2017

A asociación Lazoiro organizará un ano máis a V Xornadas de Conservación do Río Tea en Salvaterra.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.