Medio Ambiente - 21 Agosto 2017
Os integrantes dunha familia non o pensaron dúas veces e tiráronse á auga dende o seu barco para socorrer o cetáceo na praia da Miranda, salvado seguindo as instrucións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA.
Medio Ambiente - 21 Agosto 2017
Petón do Lobo denuncia a existencia de até cinco expedientes distintos para dous parques eólicos ubicados moi próximos entre sí en concellos limítrofes: o de Pena Forcada –Catasol II, en Laxe, e o de Mouriños, que afecta a Cabana e Zas. A asociación ambiental e cultural pide unha tramitación conxunta.
Medio Ambiente - 21 Agosto 2017
Veciños, comuneiros e ecoloxistas piden que se protexa esta árbore senlleira tras a morte de 13 persoas en Madeira pola caída doutro carballo centenario nunha romaría.
Medio Ambiente - 21 Agosto 2017
Adega súmase ás críticas aos proxectos de Pena Forcada e Mouriños, de Gas Natural Fenosa. Avisan do alto impacto ambiental e paisaxístico e do escaso beneficio que deixarán nos concellos de Laxe, Cabana e Zas.
Medio Ambiente - 21 Agosto 2017
A Asemblea contra a Eucaliptización reclama unha nova definición das faixas de protección e xestión da biomasa e critica ao Goberno galego por non facer unha verdadeira política contra o lume.
Medio Ambiente - 16 Agosto 2017
O partido ecoloxista presenta alegacións en apoio aos colectivos en loita contra este proxecto de Gas Natural Fenosa na Costa da Morte.
Medio Ambiente - 14 Agosto 2017
O incendio de Vilariño de Conso (Ourense), iniciado na noite do sábado, continúa sen controlar este luns, aínda que a Xunta dáo por "estabilizado" desde o domingo.
Medio Ambiente - 13 Agosto 2017
Salvemos Cabana lembra que "máis dun millón de aves migratorias" pasan anualmente por estas zonas de protección especial.
Medio Ambiente - 13 Agosto 2017
A conselleira do Medio Rural destaca o traballo dos efectivos anti incendios.
Medio Ambiente - 11 Agosto 2017
Vila Nova de Cerveira e Tomiño presentaron un novidoso proxecto para unir as ribeiras das dúas localidades cunha ponte peonil e ciclista que permita aos visitantes visitar os seus parques e zonas verdes.
Medio Ambiente - 11 Agosto 2017
Os ecoloxistas que o atoparon e publicaron fotografías argumetan que é unha proba máis do cambio climático que xa está a sufrir Galicia.
Medio Ambiente - 11 Agosto 2017
Os nacionalistas din que as intencións de Navigator Company de instalarse no país “é unha ameaza a esperanza de Galiza de optar por un monte racional”.
Medio Ambiente - 10 Agosto 2017
Investigadores do BDRI e da Cemma aportan luz á comunidade científica internacional ao documentar tres casos de ataques mortais de delfíns adultos a crías e a sorprendente loita dunha nai para salvar a súa, acontecidos nas rías de Muros, Arousa e Pontevedra. No mundo apenas se documentaron media ducia de casos similares.
Medio Ambiente - 08 Agosto 2017
Os científicos que traballan no Proxecto Hippoparques atoparon parasoles entre os restos que se tiran en augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Medio Ambiente - 08 Agosto 2017
O Parlamento e a Comisión europea analizarán, a petición de Petón do Lobo, a legalidade da Declaración de impacto favorable do parque de Pena Forcada-Catasol II, en Laxe, e a "velocidade" coa que a Xunta aprobou en "tempo récord" dous proxectos éolicos de Gas Natural Fenosa para "reforzar a súa posición ante un hipotético mercado único europeo de renovables".
Medio Ambiente - 07 Agosto 2017
A Xunta adxudicou as obras de reparación deste vial moi frecuentado polos turistas durante o verán e que, incluirán, iluminación artística.
Medio Ambiente - 06 Agosto 2017
Verdegaia súmase ás críticas ás obras de Augas de Galicia na zona e cuestiona a súa legalidade.
Medio Ambiente - 06 Agosto 2017
A organización avisa aos propietarios que arrenden os seus terreos que deberán asumir cargas fiscais e impositivas polo aluguer. Tamén lles informa de que o contrato outorga á empresa o control total do terreo, incluído o subsolo, e a decisión de prorrogalo ou non.
Medio Ambiente - 05 Agosto 2017
Denuncian que o proxecto éolico causaría "impactos paisaxístico-ambientais" en zonas de alto valor natural. As alegacións de Arco Iris súmanse ás de Salvemos Cabana e a Sociedad Galega de Historia Natural, ademais do Manifesto de Laxe.