Artigos de Xosé Glez.

Darío Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista

Coñecín a Xaime Seixas Subirach, o xesuita que acababa de chegar da república dominicana, en maio de 1965. El foi quen me entregou os “Dez Puntos”, principios fundacionais da UPG, da que cheguei ser cualificado dirixente. Xaime militara nos Ultreia, organización nacionalista xuvenil fundada por Álvaro das Casas en 1932. A súa estadía na república dominicana déralle a oportunidade de colaborar coa oposición ao dictador Trujillo.

No Lerez, homenaxe a "Barriga Verde"

Xaime Iglesias González, presidente da Asociación Cedofeita, é autor de dúas publicacións de recomendada lectura para coñecer a biografía dunha personalidade popular, pero senlleira na historia da cultura galega da primeira metade do séculos pasado, e de anos anos anteriores: “José Silvent, o mítico Barriga Verde” e “Barriga Verde na prensa. Unha escolma de cen textos” .

Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador

Coñecín a don Victorino Gutiérrez Aler, exnotario de Lalín, hai ben anos. Quizais foi a finais dos anos oitenta cando contactei con el mantendo unha longa amizade baseada no compromiso e lealdade co país.

Avelino Cachafeiro Bugallo, memoria e lingua

A Avelino Cachafeiro Bugallo, “o gaiteiro der Soutelo”, coñecíno en Vigo en 1969, ano da publicación do seu poemario “Voando coas aas da vida”. Presentaramo Antón Patiño dono da librería Librouro. O primeiro que me chamou a atención foi a súa fasquía física: alto, cuns bigotes brancos moi coidados e a pucha nova. Tal como meu avó. Poderían pasar por seren irmáns.

Cando a literatura ten outras finalidades

Un amigo agasállame cunha fotocopia dunha carta asinada por min en papel oficial da Asociación Cultural de Vigo da que eu era secretario executivo naquela altura (novembro de 1970). Estaba dirixida ás tres asociacións culturais galeguistas convocándoas a unha xuntanza para propoñerlles a creación dun premio literario cunha dotación económica importante para o tempo. Asi empezou a miña actividade de fomento da literatura, cando non había outros medios para galeguizar.

En Mos, dito e feito

O Concello de Mos ainda non incorporou ao seu acervo histórico dous personaxes senlleiros da cultura galega: o arquitecto Manuel Gómez Román, que foi o autor do proxecto da Casa do Concello, a quen Otero Pedrayo calificou como o soñador das mil compostelas; os seus deseños arquitectónicos inspirados no estilo barroco galego coa súa peculiaridade creativa, inzaron con fermosas construcións as nosas paisaxes que aínda hoxe son merecentes de protección e conservación; e Ramón Cabanillas, o poeta cambadés, que foi secretario xeral da Corporación Municipal.

As mentiras nos relatos históricos

É moito frecuente ler nos xornais colaboracións nas que se esaxeran inmerecidos méritos atribuidos a determinadas persoas, ou que se relaten feitos históricos que non se corresponden coa realidade.Vou mencionar algúns exemplos.

Xermade celebrará o Día da Restauración da Memoria Lingüística

Cando o 25 de xaneiro de 1891 foron trasladados os restos mortais de Rosalía de Castro ao Panteón dos Galegos Ilustres gravouse nel un acaido epitafio en lingua galega. É o primeiro epitafio escrito no noso idioma. Un ano antes, no semanario lugués “A Monteira”, publicarase tamén a primeira esquela no noso idioma anunciando o falecemento dun crego.