Armea, unha “auténtica cidade romana” entre carballos / DUVI.

Armea, unha cidade romana no rural galego

Patrimonio - 28 Xullo 2016

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo inicia a fase final do seu traballo neste enclave, considerado un "caso único en Galicia, porque se trata dunha auténtica cidade romana, ocupada no século I e II, pero situada non na capital, senón no rural".

Un grupo de xente visita as escavacións do castro da Cabeciña, en Oia

Comeza a campaña de visitas guiadas á Costa dos Castros

Patrimonio - 27 Xullo 2016

As visitas van orientadas a un público xeral, son gratis e ofrécense diariamente ata setembro.

Arqueólogos da Universidade de Vigo, no xacemento de Formigueiro, no Concello ourensán de Amoeiro / DUVI.

Os arqueólogos atopan evidencias da ocupación castrexa de Formigueiro

Patrimonio - 23 Xullo 2016

O GEAAT da Universidade de Vigo encontrou restos de cerámica que lles permiten confirmar que o lugar onde se ubicou o castelo medieval de Alba de Búbal tivo anteriormente unha ocupación castrexa.

Unha imaxe dos anos 70 da Mota Grande, na serra do Leboreiro, en Verea / HdG

A mámoa enorme que une dous países

Patrimonio - 21 Xullo 2016

A Mota grande é unha dos túmulos funerarios máis grandes de Galicia e está situado, xustamente, na Raia seca.

Castro de Baroña, en Porto do Son.

Alta tecnoloxía para xestionar a información do patrimonio cultural galego

Patrimonio - 19 Xullo 2016

O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC está a traballar en Galicia no deseño de novas e innovadoras ferramentas de software para organizacións implicadas na xestión de información patrimonial.

Restos arqueolóxicos do castro galaico-romano de Santa Lucía / DUVI.

Arqueólogos escavarán por primeira vez o castro galaico-romano de Santa Lucía

Patrimonio - 18 Xullo 2016

Expertos da Universidade de Vigo farán os primeiros traballos de intervención neste enclave, que se pensa que debeu funcionar como poboado de man de obra e provisión de servizos para a minería aurífera.

Hotel Casa Grande do Seixo, en Chaves

GC sortea unha fin de semana nun hotel rural de Chaves

Patrimonio - 08 Xullo 2016

Hotel Casa Grande Seixo será o destino dos que participen nun sorteo a través de Twitter e Facebook.

Reunión do Executivo galego / Xoán Crespo.

A Memoria Dixital de Galicia, cada vez máis preto

Patrimonio - 07 Xullo 2016

A Xunta aproba a estratexia para dixitalizar o patrimonio material e inmaterial galego, que se albergará no Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) do Gaiás.

Zona onde se atopan os restos do Castelo de Alba de Búbal, no concello de Amoeiro / historiadegalicia.gal.

Arqueólogos buscan vestixios do castro de Formigueiro baixo o Castelo de Alba de Búbal

Patrimonio - 04 Xullo 2016

Un equipo da Universidade de Vigo realizará sondaxes baixo os restos do castelo situado no concello de Amoeiro.

Arqueólogos no Castro de Armea, no concello de Allariz / DUVI.

O Castro de Armea revelará máis segredos arqueolóxicos

Patrimonio - 02 Xullo 2016

Arqueólogos da Universidade de Vigo retoman o traballo nesta área do concello de Allariz co obxectivo de deixar ao descuberto toda a zona que nos anos 50 escavou e logo volveu cubrir Francisco Conde-Valvís e para continuar sacando á luz a auténtica cidade que se asentaba no século I neste enclave.

Pola esquerda, Manuel Bragado (director de Xerais) e César Parcero e Felipe Criado, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC / CSIC Galicia.

Diálogo arredor do Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega

Patrimonio - 30 Xuño 2016

Felipe Criado e César Parcero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, manteñen unha conversa con GC sobre esta magna obra, recén publicada por Xerais, na que se recollen vinte anos de investigacións en Galicia sobre arqueoloxía da paisaxe, dende a Prehistoria até o Medievo.

O catedrático e profesor de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo / XS

Houbo celtas ou non en Galicia?

Patrimonio - 24 Xuño 2016

O arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo asegura que en Galicia non se pode dicir que "houbo unha poboación celta".

Necrópole de Medeiros / DUVI.

A necrópole de Medeiros, un cemiterio exclusivamente medieval do século VI ou VII

Patrimonio - 24 Xuño 2016

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo remata as escavacións na zona, onde se descubriron oito tumbas de diferente tipoloxía. Os arqueólogos descartan que puidese haber tumbas colocadas antes ou despois da ocupación medieval.

Danos causados no muro perimetral da croa e as defensas do Castro de Pastoriza / Garda Civil.

Detidas dúas persoas en Arteixo por danar un xacemento arqueolóxico da Idade de Ferro

Patrimonio - 23 Xuño 2016

Os acusados fixeron unha talla sen autorización e causaron danos no muro perimetral da croa e as defensas do Castro de Pastoriza.

web sobre a historia de Galicia

Queres coñecer máis sobre a historia de Galicia?

Patrimonio - 22 Xuño 2016

Nace historiadegalicia.gal, unha web sobre o patrimonio e a historia do país que recopila información e novas sobre todas as actividades que teñen que ver con arqueoloxía, historia, xeografía, desfeitas patrimoniais, lendas e mitos ou investigacións históricas.

Paisaxe do rural galego

A Universidade de Verán da USC aborda nun curso a paisaxe como patrimonio

Patrimonio - 21 Xuño 2016

O curso, que se realizará en Guitiriz, inclúe un obradoiro co título ‘A biodiversidade como patrimonio ecolóxico’ e a proxección do audiovisual ‘Paisaxes naturais’.

O ceo de Lugo énchese de faroliños luminosos para conmemorar o 15º aniversario da declaración da muralla romana como Patrimonio universal / Concello de Lugo

Unha guía para coñecer a historia da Gallaecia

Patrimonio - 19 Xuño 2016

O libro percorre desde os antigos asentamentos prehistóricos, a Idade Media, a invasión Napoleónica ou a era moderna e industrial do s. XX.

Porto fenicio de A Covasa (Aguiño) / USC.

Estudan as relacións comerciais dos galegos cos fenicios no primeiro milenio antes de Cristo

Patrimonio - 16 Xuño 2016

Investigadores das universidades de Santiago e Sevilla e do Centro de Supercomputación de Galicia traballan no proxecto Estrímnides, para estudar a presenza fenicia no noroeste peninsular.

O de Medeiros está considerado un dos mellores xacementos galegos para afondar no coñecemento arqueohistórico da época suevo-visigótica / DUVI.

Os arqueólogos empezan a coñecer os segredos da necrópole de Medeiros

Patrimonio - 11 Xuño 2016

O espazo será aberto ao público para que coñeza 'in situ' os traballos iniciados este venres nun dos mellores xacementos arqueolóxicos de Galicia da época suevo-visigótica.

Destrucción de parte dos parapetos do castro da Croa, en Ponteareas /http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es

A Xunta multa con 6.000 euros a Ponteareas por danar o Castro da Croa

Patrimonio - 10 Xuño 2016

As obras dunha senda fluvial están na orixe desta sanción que foi denunciada polo grupo ecoloxista Adenco.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.