Vista xeral do interior de Cova Eirós

O dilema da cova de Eirós, a Altamira galega

Patrimonio - 18 Novembro 2016

A empresa Cosmos, propietaria da mina de Ourol, inviste diñeiro para axudar nas escavacións, a pesar das críticas que pesan sobre as súas actividades, ao toparse moi preto da cova.

Ara de Trabanca e sepulcro ao que apareceu asociada, segundo Juan Fernández Gil e Casal. (Real Academia Galega, F. Oviedo Arce, caixa 125, carp. núm. 5, s.n.). / Carlos Santos Fernández en Cuadernos de Estudios Gallegos (2016).

Ara de Trabanca: documentos inéditos sobre o misterio da lápida romana desaparecida hai un século

Patrimonio - 16 Novembro 2016

O CSIC saca á luz cartas e debuxos inéditos que poden servir como fonte para o estudo indirecto da lápida de Trabanca (Vilagarcía) ata que se consiga, "como esperamos", a súa recuperación, máis dun siglo despois da súa desaparición. As novidades son presentadas polo profesor e investigador Carlos Santos Fernández na revista 'Cuadernos de Estudios Gallegos', onde refuta as teses de varios investigadores que defenderon que nunca existiu tal peza.

Castro da Atalaia, en Cervo, afectado pola construcción de vivendas privadas

Piden a demolición dunha urbanización ilegal que está no Castro da Atalaia de Cervo

Patrimonio - 15 Novembro 2016

Adega e Mariña Patrimonio critican ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo por non actuar antes para evitar que se construirá no castro.

Restos dun esqueleto dunha muller, Cornelia, atopados na Lanzada / DEPO

Os ósos de nenos do depósito da Lanzanda datan dos séculos I e II, e os de ‘Cornelia’ do V

Patrimonio - 14 Novembro 2016

As probas conclúen que dous dos 11 nenos atopados datan do século I d.C. e outro deles do século II d.C. Ademais, as análises mostran que a muller chamada 'Cornelia' é do século V d.C.

Pintada con símbolos de Harry Potter nun dolmen de Vigo / Atlas

Marcas de Harry Potter ou declaracións de amor danan monumentos milenarios

Patrimonio - 14 Novembro 2016

Dolmenes, petróglifos, castros, esculturas ou fachadas de edificios históricos teñen sufrido actos vandálicos importantes.

Aparicio, oleiro de Buño

Máis de 50 anos dándolle forma ás pezas de Buño

Patrimonio - 14 Novembro 2016

Aparicio leva desde os dez anos traballando no barro. Neste vídeo conta a historia de oito xeracións adicadas ao mesmo oficio.

Estado do xacemento arqueolóxico da Mourisca, no concello de Cervo / Monte Da Esculca en Flickr.

Denuncian falta de protección dun xacemento arqueolóxico en Cervo único en Galicia

Patrimonio - 10 Novembro 2016

Adega e Mariña Patrimonio denuncian ante o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo os "graves danos" producidos nunha das estruturas circulares no xacemento da Mourisca durante a curta e replantación de eucaliptos.

Praia das Catedrais / eltiempo.es

A praia das Catedrais podería ocultar unha gran mina de ouro romana

Patrimonio - 09 Novembro 2016

Mariña Patrimonio di que atopou evidencias claras deste feito. A BBC faise eco da noticia.

Castro O Redondo, desfeito por unha urbanización en Vigo

Os castros que se converteron en campos de fútbol, urbanizacións ou cemiterios

Patrimonio - 25 Outubro 2016

Moitos bens arqueolóxicos galegos desapareceron ou están a punto de desaparecer por intereses urbanísticos ou forestais, entre outros.

Dolmen de Forno dos Mouros / Nemigo en Galipedia.

O CSIC valida con datos de xacementos galegos un novo método para deseñar software arqueolóxico

Patrimonio - 24 Outubro 2016

A metodoloxía, desenvolvida por Patricia Martín Rodilla no Incipit, permite crear todo tipo de aplicacións para axudar aos investigadores na análise de información arqueolóxica.

Imaxe da escultura do Mestre Mateo descuberta na Catedral de Santiago /Fundación Catedral de Santiago

Descuberta nova escultura do Pórtico da Gloria do Mestre Mateo na Catedral

Patrimonio - 21 Outubro 2016

Mide máis de 1,80 cm e estaba oculta e enterrada nos alicerces da Catedral de Santiago. A intención da Igrexa é dala a coñecer nunha exposición en Madrid.

Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra, fotografando os restos atopados na Lanzada

Os primeiros cristiáns de Galicia, na Lanzada?

Patrimonio - 20 Outubro 2016

É unha das hipóteses coas que traballa o equipo arqueolóxico tras os datos e os materiais atopados nos dez esqueletos exhumados.

Castelo do Príncipe, en Cee / paisajesdeelaire.blogspot.com

Campaña para renacionalizar un castelo na Costa da Morte

Patrimonio - 14 Outubro 2016

É un pequeno fortín do século XVIII en Cee que está á venda.

Vistas do Ulla desde o castro de Bexo / XS

Os veciños impulsan a recuperación dun castro en Dodro

Patrimonio - 12 Outubro 2016

Esta fortificación ten unhas vistas privilexiadas sobre o curso alto do Ulla e a ría da Arousa. Os seus impulsores non descartan atopar restos medievais, ademais de castrexos, nunha zona moi castigada polos ataques viquingos.

Petróglifos de Os Mouchos /http://patrimoniogalego.net/

Os petróglifos galegos tamén poden ser Patrimonio da Humanidade

Patrimonio - 07 Outubro 2016

Un grupo de especialistas pide ás institucións e partidos políticos que se mobilicen para que estas manifestacións artísticas acaden este recoñecemento para a súa total protección.

Vista xeral do interior de Cova Eirós

O Consello da Cultura urxe declarar como BIC a Cova de Eirós

Patrimonio - 07 Outubro 2016

A institución recorda que se trata dun xacemento "único dentro da Prehistoria galega".

Foto inédita, ata agora, dun mitin de Castelao en Lira / Monte PIndo Parque Natural

Castelao reaparece na Costa da Morte 80 anos despois

Patrimonio - 30 Setembro 2016

Aparece unha segunda instantánea do seu mitin en Lira no 36 a prol do Estatuto de Autonomía.

Dolmen de Dombate

Salvemos Cabana ve “inxustificada” a entrega dun premio ao Dolmen de Dombate “a 48 horas” das eleccións

Patrimonio - 23 Setembro 2016

A plataforma manifesta o seu "rexeitamento" ao acto de entrega do devandito galardón no último día da campaña electoral.

Restos dun esqueleto dunha muller, Cornelia, atopados na Lanzada, que poden datarse no século I DC / DEPO

Atopan restos humanos da época romana na Lanzada

Patrimonio - 20 Setembro 2016

A escavación arqueolóxica da Lanzada acaba de sacar á luz os restos dunha muller nova e dun bebé que poderían cambiar o estudo da historia romana en Galicia.

Arqueólogos do GEAAT realizan unha intervención no xacemento do Castelo de Mouresiños / DUVI.

Arqueólogos buscan as orixes altomedievais de Allariz no Castelo de Mouresiños

Patrimonio - 19 Setembro 2016

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo inicia as escavacións neste enclave para pór luz a un dos momentos menos coñecidos da historia de Galicia.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.