Vista de A Coruña 1669 de Urbano Lugrís

Trasladan para restaurar un mural de Lugrís de máis de 9 metros

Patrimonio - 24 Agosto 2016

A obra situarase para a súa rehabilitación e posterior exposición pública na oficina principal de ABANCA na Coruña

Dolmen achado en Vimianzo, na parroquia de Cambeda / Concello de Vimianzo.

Descobren en Vimianzo un novo dolmen sen inventariar

Patrimonio - 24 Agosto 2016

A mámoa, profanada, atópase na parroquia de Cambeda, preto do vello camiño entre Caxadas e Sanfíns.

Pezas atopadas na praia de Canido e que son parte do depósito arqueolóxico máis antigo da cidade.

Achado o depósito arqueolóxico máis antigo de Vigo na praia de Canido

Patrimonio - 12 Agosto 2016

Un colaborador do Museo do Mar descubriu o xacemento, no que se localizaron varias ferramentas de pedra. O achado permite documentar a presenza de humanos en Vigo dende hai polo menos 150.000 anos.

Mozos no castro de Socastro en Rois

Mozos voluntarios escavan un castro en Rois

Patrimonio - 11 Agosto 2016

Rapaces de varios países colaboran na limpeza, siglado, debuxo e escavación de Socasgtro, en San Pedro de Herbogo.

Círculo de A Roda, en Barreiros

O misterio das estruturas arqueolóxicas circulares

Patrimonio - 11 Agosto 2016

En varios concellos galegos apareceron nos últimos anos misteriosas estruturas circulares diferentes aos castros e, dos que, polo momento, se descoñece a súa función.

Murallas de Lugo/ cronicasgallegas.blogspot.com

Confirman un tunel romano baixo a muralla de Lugo

Patrimonio - 05 Agosto 2016

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, confirmou que o túnel descuberto o mes pasado no cubo sexto da muralla de Lugo procede da época "romana".

Petróglifo de Pedra do Lobo, en Villestro, Santiago, afectado por un incendio forestal / A Rula

O lume arrasa co santuario de petróglifos de Compostela

Patrimonio - 05 Agosto 2016

Un incendio e o paso de maquinaria pesada para atallar as lapas danou 13 estacións de petróglifos en Villestro.

Petróglifo achado na contorna do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro / GEPN.

Achados dous novos petróglifos en Campo Lameiro

Patrimonio - 28 Xullo 2016

Os arqueólogos identificaron nun deles unha arma de grandes dimensións en posición pasiva rodeada de diferentes animais, na súa maioría cervos, “algo inusual”, segundo os investigadores.

Armea, unha “auténtica cidade romana” entre carballos / DUVI.

Armea, unha cidade romana no rural galego

Patrimonio - 28 Xullo 2016

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo inicia a fase final do seu traballo neste enclave, considerado un "caso único en Galicia, porque se trata dunha auténtica cidade romana, ocupada no século I e II, pero situada non na capital, senón no rural".

Un grupo de xente visita as escavacións do castro da Cabeciña, en Oia

Comeza a campaña de visitas guiadas á Costa dos Castros

Patrimonio - 27 Xullo 2016

As visitas van orientadas a un público xeral, son gratis e ofrécense diariamente ata setembro.

Arqueólogos da Universidade de Vigo, no xacemento de Formigueiro, no Concello ourensán de Amoeiro / DUVI.

Os arqueólogos atopan evidencias da ocupación castrexa de Formigueiro

Patrimonio - 23 Xullo 2016

O GEAAT da Universidade de Vigo encontrou restos de cerámica que lles permiten confirmar que o lugar onde se ubicou o castelo medieval de Alba de Búbal tivo anteriormente unha ocupación castrexa.

Unha imaxe dos anos 70 da Mota Grande, na serra do Leboreiro, en Verea / HdG

A mámoa enorme que une dous países

Patrimonio - 21 Xullo 2016

A Mota grande é unha dos túmulos funerarios máis grandes de Galicia e está situado, xustamente, na Raia seca.

Castro de Baroña, en Porto do Son.

Alta tecnoloxía para xestionar a información do patrimonio cultural galego

Patrimonio - 19 Xullo 2016

O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC está a traballar en Galicia no deseño de novas e innovadoras ferramentas de software para organizacións implicadas na xestión de información patrimonial.

Restos arqueolóxicos do castro galaico-romano de Santa Lucía / DUVI.

Arqueólogos escavarán por primeira vez o castro galaico-romano de Santa Lucía

Patrimonio - 18 Xullo 2016

Expertos da Universidade de Vigo farán os primeiros traballos de intervención neste enclave, que se pensa que debeu funcionar como poboado de man de obra e provisión de servizos para a minería aurífera.

Hotel Casa Grande do Seixo, en Chaves

GC sortea unha fin de semana nun hotel rural de Chaves

Patrimonio - 08 Xullo 2016

Hotel Casa Grande Seixo será o destino dos que participen nun sorteo a través de Twitter e Facebook.

Reunión do Executivo galego / Xoán Crespo.

A Memoria Dixital de Galicia, cada vez máis preto

Patrimonio - 07 Xullo 2016

A Xunta aproba a estratexia para dixitalizar o patrimonio material e inmaterial galego, que se albergará no Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) do Gaiás.

Zona onde se atopan os restos do Castelo de Alba de Búbal, no concello de Amoeiro / historiadegalicia.gal.

Arqueólogos buscan vestixios do castro de Formigueiro baixo o Castelo de Alba de Búbal

Patrimonio - 04 Xullo 2016

Un equipo da Universidade de Vigo realizará sondaxes baixo os restos do castelo situado no concello de Amoeiro.

Arqueólogos no Castro de Armea, no concello de Allariz / DUVI.

O Castro de Armea revelará máis segredos arqueolóxicos

Patrimonio - 02 Xullo 2016

Arqueólogos da Universidade de Vigo retoman o traballo nesta área do concello de Allariz co obxectivo de deixar ao descuberto toda a zona que nos anos 50 escavou e logo volveu cubrir Francisco Conde-Valvís e para continuar sacando á luz a auténtica cidade que se asentaba no século I neste enclave.

Pola esquerda, Manuel Bragado (director de Xerais) e César Parcero e Felipe Criado, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC / CSIC Galicia.

Diálogo arredor do Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega

Patrimonio - 30 Xuño 2016

Felipe Criado e César Parcero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, manteñen unha conversa con GC sobre esta magna obra, recén publicada por Xerais, na que se recollen vinte anos de investigacións en Galicia sobre arqueoloxía da paisaxe, dende a Prehistoria até o Medievo.

O catedrático e profesor de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo / XS

Houbo celtas ou non en Galicia?

Patrimonio - 24 Xuño 2016

O arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo asegura que en Galicia non se pode dicir que "houbo unha poboación celta".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.