Pola esquerda, Manuel Bragado (director de Xerais) e César Parcero e Felipe Criado, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC / CSIC Galicia.

Diálogo arredor do Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega

Patrimonio - 30 Xuño 2016

Felipe Criado e César Parcero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, manteñen unha conversa con GC sobre esta magna obra, recén publicada por Xerais, na que se recollen vinte anos de investigacións en Galicia sobre arqueoloxía da paisaxe, dende a Prehistoria até o Medievo.

O catedrático e profesor de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo / XS

Houbo celtas ou non en Galicia?

Patrimonio - 24 Xuño 2016

O arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo asegura que en Galicia non se pode dicir que "houbo unha poboación celta".

Necrópole de Medeiros / DUVI.

A necrópole de Medeiros, un cemiterio exclusivamente medieval do século VI ou VII

Patrimonio - 24 Xuño 2016

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo remata as escavacións na zona, onde se descubriron oito tumbas de diferente tipoloxía. Os arqueólogos descartan que puidese haber tumbas colocadas antes ou despois da ocupación medieval.

Danos causados no muro perimetral da croa e as defensas do Castro de Pastoriza / Garda Civil.

Detidas dúas persoas en Arteixo por danar un xacemento arqueolóxico da Idade de Ferro

Patrimonio - 23 Xuño 2016

Os acusados fixeron unha talla sen autorización e causaron danos no muro perimetral da croa e as defensas do Castro de Pastoriza.

web sobre a historia de Galicia

Queres coñecer máis sobre a historia de Galicia?

Patrimonio - 22 Xuño 2016

Nace historiadegalicia.gal, unha web sobre o patrimonio e a historia do país que recopila información e novas sobre todas as actividades que teñen que ver con arqueoloxía, historia, xeografía, desfeitas patrimoniais, lendas e mitos ou investigacións históricas.

Paisaxe do rural galego

A Universidade de Verán da USC aborda nun curso a paisaxe como patrimonio

Patrimonio - 21 Xuño 2016

O curso, que se realizará en Guitiriz, inclúe un obradoiro co título ‘A biodiversidade como patrimonio ecolóxico’ e a proxección do audiovisual ‘Paisaxes naturais’.

O ceo de Lugo énchese de faroliños luminosos para conmemorar o 15º aniversario da declaración da muralla romana como Patrimonio universal / Concello de Lugo

Unha guía para coñecer a historia da Gallaecia

Patrimonio - 19 Xuño 2016

O libro percorre desde os antigos asentamentos prehistóricos, a Idade Media, a invasión Napoleónica ou a era moderna e industrial do s. XX.

Porto fenicio de A Covasa (Aguiño) / USC.

Estudan as relacións comerciais dos galegos cos fenicios no primeiro milenio antes de Cristo

Patrimonio - 16 Xuño 2016

Investigadores das universidades de Santiago e Sevilla e do Centro de Supercomputación de Galicia traballan no proxecto Estrímnides, para estudar a presenza fenicia no noroeste peninsular.

O de Medeiros está considerado un dos mellores xacementos galegos para afondar no coñecemento arqueohistórico da época suevo-visigótica / DUVI.

Os arqueólogos empezan a coñecer os segredos da necrópole de Medeiros

Patrimonio - 11 Xuño 2016

O espazo será aberto ao público para que coñeza 'in situ' os traballos iniciados este venres nun dos mellores xacementos arqueolóxicos de Galicia da época suevo-visigótica.

Destrucción de parte dos parapetos do castro da Croa, en Ponteareas /http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es

A Xunta multa con 6.000 euros a Ponteareas por danar o Castro da Croa

Patrimonio - 10 Xuño 2016

As obras dunha senda fluvial están na orixe desta sanción que foi denunciada polo grupo ecoloxista Adenco.

Unha platación de eucaliptos destrozou o castro de Castelo de Monte da Arca en Mondoñedo / Mariña Patrimonio

Plantación reivindicativa de eucaliptos na muralla de Lugo para denunciar a destrución do patrimonio

Patrimonio - 06 Xuño 2016

O acto terá lugar o 18 de xuño con motivo da festa do Arde Lucus.

Sartegos monolíticos antropomorfos da necrópole de Medeiros

Explorando a “cidade cemiterio” dos suevos

Patrimonio - 01 Xuño 2016

Unha intervención arqueolóxica da Universidade de Vigo buscará na necrópole de Medeiros botar luz sobre unha das épocas máis descoñecidas da historia de Galicia.

Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros

Costa dos Castros abre o seu segundo crowdfunding arqueolóxico

Patrimonio - 25 Maio 2016

A Asociación Costa dos Castros – unha unión de catro Comunidades de Montes do Concello de Oia – lanza a súa segunda campaña de micromecenado para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico e natural da costa sur de Galicia.

O Pergamiño Vindel, que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax / DUVI.

O Pergamiño Vindel volverá a Vigo logo de 40 anos no Morgan Library Museum de Nova York

Patrimonio - 23 Maio 2016

A obra, de finais do século XIII ou principios do XIV, contén sete cantigas de amigo de Martín Códax e será exposta no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) do 6 de outubro de 2017 ao 4 de marzo de 2018.

Iván de Rosario, Teresa Rivas, Jorge Feijóo e Iago Pozo, integrantes do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo / DUVI.

Galicia e Grecia colaboran no uso do láser para a conservación do patrimonio arquitectónico

Patrimonio - 19 Maio 2016

As universidades de Vigo e A Coruña e o Institute of Electronic Structure and Laser grego traballan conxuntamente na optimización da limpeza de pátinas desenvolvidas sobre granitos e rochas afíns.

Denuncian abandono da área de petróglifos da Ran en Cuntis / Veciñanza

Denuncian o abandono da área de petróglifos da Ran en Cuntis

Patrimonio - 15 Maio 2016

Veciñanza critica que o estado que presenta actualmente é “lamentable, de abandono absoluto” e responsabiliza ao concello desta situación.

Monte Pindo visto desde Fisterra / Asociación Monte Pindo Parque Natural

Nace unha biblioteca adicada integramente ao Monte Pindo

Patrimonio - 09 Maio 2016

Este mes terán lugar dúas subidas ao macizo, dous roteiros de limpeza e recuperación de rutas e a 6ª edición do Simposium Monte Pindo, adicado este ano á restauración da memoria histórica dos fuxidos durante a Guerra Civil.

Traballos arqueolóxicos en Castro Alobre / Deputación de Pontevedra.

Castro Alobre segue revelando os seus segredos

Patrimonio - 29 Abril 2016

A presenza de materiais de importación do mundo mediterráneo confirman que no cambio de era Vilagarcía xa era un asentamento marítimo de gran importancia

Couto Mixto / vortegmax.net

Piden que os veciños do Couto Mixto teñan nacionalidade española e portuguesa

Patrimonio - 28 Abril 2016

A Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará á Xunta que declare esta comarca como Territorio Histórico amparándose na nova Lei de Patrimonio Cultural.

Rehabilitación da rúa Ferrería en Vigo / COAG.

Convocados os primeiros galardóns de arquitectura e rehabilitación de Galicia

Patrimonio - 25 Abril 2016

A Xunta convida á cidadanía a presentar candidaturas a estes premios, que buscan poñer en valor o traballo dos profesionais e facer de Galicia un referente na rehabilitación arquitectónica.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.