Tecno - 15 Xaneiro 2016
A empresa coruñesa merca unha starup da Universidade da Coruña e asemade rexistra cambios no seu accionariado.
Tecno - 13 Xaneiro 2016
O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo estrea un servidor de cálculo científico de altas prestacións que permitirá a xestión de grandes volumes de datos e o seu almacenamento.
Tecno - 13 Xaneiro 2016
As aeronaves pilotadas por control remoto foron sen dúbida un dos regalos máis populares deste Nadal, impulsados pola enorme caída dos prezos.
Tecno - 06 Xaneiro 2016
Máis de 82.000 familias de 236 centros educativos seguen a actividade académica dos seus fillos a través da aplicación abalarMóbil.
Tecno - 12 Decembro 2015
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta di que se mantén unha “forte segregación horizontal”, xa que as mulleres se concentran nas actividades científicas consideradas "brandas" mentres os homes teñen maior presenza na tecnoloxía.
Tecno - 09 Decembro 2015
A Xunta presenta a cobertura para Galicia da aplicación para móbiles Alpify. Unha ferramenta moi útil, por exemplo para localizar a persoas maiores con episodios de selenidade ou doentes de alzheimer. Agora ben, a aplicación e a súa web só están en español, catalán, inglés e francés.
Tecno - 08 Decembro 2015
A Factultade de Enxeñaría Informática en Ourense acollerá o venres obradoiros de programación, impresión 3D e robótica. Están abertas ao alumnado de Primaria e Secundaria, aos centros e ás familias.
Tecno - 05 Decembro 2015
O VIII Estudo sobre os Servizos de Atención ao Cliente en Telecomunicacións detecta menor riqueza informativa e peor asistencia técnica. A investigación realizada por organizacións de consumidores asegura que a galega R suspende en asistencia técnica e atención comercial. Movistar, líder pero baixa con respecto ó último estudo. A eficiencia da asistencia técnica telefónica caeu ata o 30%.
Tecno - 02 Decembro 2015
O astronuata Scott Kelly publica unha fotografía tomada desde o espazo na que se ve unha gran franxa de luz que sobe pola costa desde Portugal até Galicia.
Tecno - 02 Decembro 2015
A orixe está nun cryptovirus que afecta a innumerables arquivos encriptándoos e impedindo o acceso aos mesmos.
Tecno - 02 Decembro 2015
PuntoGAL celebra o primeiro aniversario con 2.800 dominios. Un avance pioneiro para o galego, pero tamén unha cifra de rexistros menor que a de outros identificadores similares; por exemplo, catro veces menor co .scot ou un 51% menos co .eus. Falamos coa directora xeral de, entre outros puntos, as causas desta situación e as próximas promocións para estimular os rexistros. O .gal estará no culturGAL da man de ReiZentolo.
Tecno - 02 Decembro 2015
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia desenvolve unha aplicación en colaboración coa Xunta que pode ser instalada nos móbiles das vítimas de xeito confidencial.
Tecno - 26 Novembro 2015
O xigante do comercio electrónico non é quen de facer chegar os pedidos dentro do prazo fixado, denuncia a Unión de Consumidores de Galicia.
Tecno - 26 Novembro 2015
A Universidade de Santiago participa en dous dos experimentos do Gran Colisionador de Hadróns para explorar o estado da materia instantes despois da Gran Explosión
Tecno - 24 Novembro 2015
O obxectivo é crear, ampliar e mellorar os contidos relacionados co sector audiovisual de Galicia.
Tecno - 18 Novembro 2015
A web realizada en Galicia con máis visitas non é da Xunta, a de Zara ou a dun medio de comunicación. É Rojadirecta, o portal especializado en enlaces que permiten seguir en directo eventos deportivos e descargar os partidos. En 2011, cando o goberno dos Estados Unidos bloqueou o acceso a varios dos seus dominios, o portal declaraba máis dun millón de visitas únicas diarias. Rojadirecta gañou aquel preito e continou a operar legalmente.
Tecno - 16 Novembro 2015
Científicos da Universidade de Alcalá, o Instituto Meteorolóxico Francés e a Universidade de Oslo mediron por primeira vez a probabilidade de que unha onda xigante ocorrese no momento do accidente do Prestige en 2002. Os resultados indican un valor lixeiramente superior ao habitual debido ao estado da mar naquel momento, con ondas moi altas e cruzadas.
Tecno - 16 Novembro 2015
O programa DualSPHysics da Universidade de Vigo convértese en referente internacional en simulación de fluídos e aplícase xa para analizar o impacto de posibles tsunamis ou da efectividade dos diques en Bélxica.
Tecno - 16 Novembro 2015
Malia o crecemento de Aliexpress, o xigante norteamericano segue a o gran dominador do comercio electrónico de produtos físicos no Estado. De cara a campaña de Nadal, resulta moi interesante explorar algunhas das novas ferramentas que permiten facer un uso máis sinxelo e eficaz do gran supermercado en liña.
Tecno - 06 Novembro 2015
Investigadores galegos presentaron hoxe en Santiago unha ferramenta que mide a evolución lingüística do alumno, que segundo os expertos é de grande utilidade no eido educativo e que aforra tempo e custo económico