Tecno - 24 Novembro 2015
O obxectivo é crear, ampliar e mellorar os contidos relacionados co sector audiovisual de Galicia.
Tecno - 18 Novembro 2015
A web realizada en Galicia con máis visitas non é da Xunta, a de Zara ou a dun medio de comunicación. É Rojadirecta, o portal especializado en enlaces que permiten seguir en directo eventos deportivos e descargar os partidos. En 2011, cando o goberno dos Estados Unidos bloqueou o acceso a varios dos seus dominios, o portal declaraba máis dun millón de visitas únicas diarias. Rojadirecta gañou aquel preito e continou a operar legalmente.
Tecno - 16 Novembro 2015
Científicos da Universidade de Alcalá, o Instituto Meteorolóxico Francés e a Universidade de Oslo mediron por primeira vez a probabilidade de que unha onda xigante ocorrese no momento do accidente do Prestige en 2002. Os resultados indican un valor lixeiramente superior ao habitual debido ao estado da mar naquel momento, con ondas moi altas e cruzadas.
Tecno - 16 Novembro 2015
O programa DualSPHysics da Universidade de Vigo convértese en referente internacional en simulación de fluídos e aplícase xa para analizar o impacto de posibles tsunamis ou da efectividade dos diques en Bélxica.
Tecno - 16 Novembro 2015
Malia o crecemento de Aliexpress, o xigante norteamericano segue a o gran dominador do comercio electrónico de produtos físicos no Estado. De cara a campaña de Nadal, resulta moi interesante explorar algunhas das novas ferramentas que permiten facer un uso máis sinxelo e eficaz do gran supermercado en liña.
Tecno - 06 Novembro 2015
Investigadores galegos presentaron hoxe en Santiago unha ferramenta que mide a evolución lingüística do alumno, que segundo os expertos é de grande utilidade no eido educativo e que aforra tempo e custo económico
Tecno - 05 Novembro 2015
Que pasa na Costa faise eco do "proxecto Regueifesta", iniciativa de dous institutos públicos para popularizar a regueifa enter os mozos valéndose das novas tecnoloxías. A presentación será hoxe en Santiago coa presencia de Manolo Maseda e Séchu Sende.
Tecno - 04 Novembro 2015
Case a metade dos emails que se abren no mundo consúltanse dende un teléfono intelixente ou dende unha tableta. Apple está a gañar a batalla das aplicacions para email, mentres que Hotmail sobrevive no nicho da consulta a través do navegador do computador.
Tecno - 03 Novembro 2015
Será grazas á Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo que axudará a desviar un asteroide da súa órbita para analizar os fragmentos de po e rochas que se desprendan tras a colisión.
Tecno - 26 Outubro 2015
Trátase dunha iniciativa impulsada por Javier Dorado, líder das Novas Xeracións estatais e dende este mes novo coordinador de Participación do partido.
Tecno - 26 Outubro 2015
Os galegos, e sobre todo os ourensáns, están entre os que máis compran Lotería de Nadal a través de Internet. Desde Ventura24, unha das principais casas de Lotería por Internet, explícannos como o sector está a se transformar debido as vantaxes das novas tecnoloxías.
Tecno - 21 Outubro 2015
A proliferación de buscadores e incluso, de "buscadores de buscadores", permite aforrar tempo e comparar ducias de establecementos hosteleiros nun só click. Cada vez son máis os portais que tentan ofertar servizos asociados, como desplazamentos en coche ou paquetes vacacionais.
Tecno - 14 Outubro 2015
Ourense celebra o III Torneo de Magic e Videoxogos, que congregará participantes de toda a península. Repartiranse máis de 3.500 euros en premios nas diferentes modalidades, e haberá actividades gratuítas para o público amante dos xogos de estratexia e das últimas novidades do mercado de ocio electrónico. Hai máis de 230 xogadores inscritos.
Tecno - 07 Outubro 2015
Movistar obtén as mellores puntuacións. A galega R logra unha boa nota no caudal de descarga en banda larga fixa, moito mellor que Euskatel, pero mala puntuación no referido as avarías, segundo un estudo da Asociación de Internautas (AI) e a Unión de Consumidores de Galicia
Tecno - 04 Outubro 2015
O dicionario ofrece un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, que abrangue desde léxico común a máis de 2.500 nomes e apelidos, toponimia e accidentes xeográficos
Tecno - 02 Outubro 2015
O novo plan de banda ancha da Xunta aspira a que todos os galegos teñan acceso a redes e cobertura dentro de cinco anos.
Tecno - 29 Setembro 2015
As entidades interesadas que aínda non presentaron a solicitude –a convocatoria lanzouse o pasado día 1- teñen de prazo ata o vindeiro mércores día 30 e poden facelo tanto no Rexistro Xeral da Universidade como en calquera dos rexistros auxiliares de Vigo, Ourense e Pontevedra.
Tecno - 16 Setembro 2015
Un estudo dunha docente da Universidade de Vigo asegura que as TIC están "pouco adaptadas" á realidade das aula. Pon en dúbida o plan Abalar, impulsado pola Xunta de Galicia.
Tecno - 08 Setembro 2015
Por primeira vez os núcleos de menos de 5.000 habitantes superan a porcentaxe do 50% de fogares con alta velocidade de conexión.