Lanzamento do satélite da Uvigo Serpens a bordo dun cohete en Xapón

Rumbo a Estación Espacial Internacional

Tecno - 20 Agosto 2015

O Serpens é o terceiro satélite no que colabora a Universidade de Vigo. Xa viaxa a bordo dunha nave que partiu dende Xapón con destina á Estación Espacial Internacional antes de ser posto en órbita. Vídeo do lanzamento do fogete Kounotori5 no interior.

Miguel López, secretario da Unión de Consumidores de Galicia

O Estado vai regular os servizos de tarificación adicional

Tecno - 18 Agosto 2015

Hai anos que as entidades que loitan a prol dos dereitos das persoas consumidoras e usuarios esixen unha regulación máis racional dos servizos de tarificación adicional prestados a través de chamadas telefónicas. Estes números, cun custe maior ao dunha chamada convencional, representan un serio problema para os consumidores xa que, polo xeral, non reciben unha información axeitada sobre o servizo e o seu prezo. É máis, ás veces, nin tan sequera son conscientes de que están a utilizar un número de tarificación adicional.

Unha muller traballa diante de varias pantallas de ordenador

O Estado presume dos dominios .es en Galicia

Tecno - 02 Agosto 2015

Red.es di que desde o 2010, o país incrementou un 89% estes dominios.

Arturo Dopico, responsábel da operadora R /xatakamovil

A Asociación de Consumidores de Galicia ve "unha mala noticia" a venta de R

Tecno - 29 Xullo 2015

Os consumidores advirten que Euskatel ten que mellorar en aspectos como a reparación de avarías e temen que a competencia no sector sexa menor, sobre todo se Vodafone ou Orange acaban mercando a operadora vasca.

Arturo Dopico, conselleiro delegado de R, no seu despacho na Coruña

O control do operador R múdase a Euskadi

Tecno - 24 Xullo 2015

CVC e ABANCA participarán na nova sociedade integrada. As compañías prometen que conservarán as dúas marcas e equipos directivos. R, que comezou a andar axudada por importantes subvencións da Xunta, foi valorada en máis de 1.000 millóns.

Mar Pereira, responsábel da AMTEGA

A Xunta comeza a migrar os seus portais ao .gal

Tecno - 05 Xullo 2015

A AMTEGA, cuxo portal xa funciona baixo un dominio .gal, destaca que a mudanza non supón un sobrecusto. O Goberno Galego apoiou ao puntoGAL dende o principio, investindo case medio millón de euros.

Proba de material hidrófugo con nanoparticulas

Como unha partícula 160.000 veces máis fina cun pelo nos pode salvar das humidades

Tecno - 04 Xullo 2015

Galicia atravesa a enésima vaga de calor este verán. Curiosamente, o tempo soleado e seco do verán é o mellor para abordar un dos problemas máis frecuentes para moitas das casas e edificios en canto chega o outono: a temida humidade.

Oposicións á Xunta en Silleda

A Xunta volve a esixir dominar o paquete de Microsoft aos novos funcionarios

Tecno - 25 Xuño 2015

O Goberno Galego examinará aos aspirantes a administrativos sobre o programa privativo de MS Office, que custa uns 70 euros e que xa está desfasado.

Os xogadores do Celta celebran a vitoria nun derbi. / @Charlesbrau9

Rojadirecta poderase seguir vendo malia a Liga de Fútbol

Tecno - 24 Xuño 2015

Igor Seoane, webmaster da páxina galega con máis audiencia, explica a GC que o auto promovido por Mediapro non impedirá que a maioría dos internautas poidan seguir vendo partidos en liña; como tampouco o impediu as incautacións de dominios por parte dos Estados Unidos.

Richard Stallman, gurú mundial do software libre, na súa visita a Vigo / Duvi

A Xunta exporta software libre

Tecno - 08 Xuño 2015

O Goberno galego rexistra no catálogo de solucións do Centro de Transferencia de Tecnoloxía do Estado tres novas solucións de software libre.

Imaxe dun titorial sobre como instalar un repetidor de sinal de móbil / stelladoradus youtube

Cobertura en todos os lugares grazas a unha empresa da Pobra

Tecno - 07 Xuño 2015

Canso de escusas do tipo "perdoa non te chamei porque non vin a túa mensaxe, na aldea hai pouca cobertura"? Galca Networks introduce no mercado galega amplificadores de cobertura deseñados ad hoc para distintos lugares (coches, casas, barcos, etc.) e que sirven para mellorar a sinal das redes convencionais GSM e tamén 3G e 4G.

Richard Stallman, gurú mundial do software libre, na súa visita a Vigo / Duvi

Oito de cada dez empresas galegas empregan software libre, 10 puntos máis que hai un ano

Tecno - 30 Maio 2015

As aplicacións libres máis empregadas nos ordenadores seguen a ser os navegadores e a ofimática. O produto libre máis ofrecido continúa a ser o software para E-commerce xunto coas solucións de e-learning, de xestión de contidos de portais e páxinas web e servidores web.

Axentes da Guardia Civil rastrean as redes socias na Internet nun vídeo da operación Araña

Operación en Galicia contra o enaltecemento do terrorismo

Tecno - 19 Maio 2015

Castilla y León, Cataluña, Madrid, País Vasco e Valencia son as outras autonomías onde a Guardia Civil está a arrestar a internautas polos seus comentarios nas redes sociais.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL / ortegalingua.blogspot.com

O .gal baixa o seu prezo máis da metade

Tecno - 04 Maio 2015

A Asociación puntoGAL lanza unha promoción especial co gallo do Día das Letras Galegas para mellorar o seu número de rexistros.

New South Glasgow Hospital /M J Richardson

Un hospital líder no Reino Unido incorpora tecnoloxía galega

Tecno - 02 Maio 2015

O Hospital Universitario do Sur de Glasgow usará Quendamedic, un sistema que automatiza o 'check-in' e a cita previa, desenvolvido en Santiago e que foi recentemente destacado pola BBC.

Facultade de Informática da Universidade da Coruña / Galipedia

Wikimaratón sobre a Galipedia na Coruña

Tecno - 13 Abril 2015

A Galipedia conta na actualidade cuns 120.000 artigos e ten 57.000 usuarios rexistrados, pero só 300 desenvolven a súa actividade de xeito habitual.

Arturo Dopico, conselleiro delegado de R, no seu despacho na Coruña

Dopico: "Usamos o galego porque é a lingua dos nosos clientes"

Tecno - 13 Abril 2015

Entrevista con Arturo Dopico, conselleiro delegado de R. A operadora reafirma, tras as denuncias da CIG, que as súas teleoperadoras están e estarán en Galicia. A política de prezos, o contrato coa Xunta e o galego como atractivo publicitario son outros dos temas desta conversa.

Francisco Román Presidente de Vodafone España /vodafone.es

Os cobros de Vodafone por desbloquear poden ser ilegais

Tecno - 07 Abril 2015

Un xulgado da Coruña admite unha demanda colectiva contra Vodafone. Os usuarios que se crean prexudicados pola práctica denunciada -até 10 euros por desbloquear un terminal adquirido a cambio dun contrato antigo- pola Fiscalía teñen até o 1 de xuño para comparecer.

TripAdvisor, JustEat, Paradores e Gadisa falarán de marca e reputación on line en #ComposGastroBlog

Tecno - 28 Marzo 2015

O Hostal dos Reis Católicos acollerá o 9 e 10 de abril #ComposGastroBlog, as primeiras Xornadas de Gastronomía e Comunicación 2.0 que se celebran baixo o paraugas de Compostela Gastronómica, a marca que Turismo de Santiago quere consolidar para a promoción da cidade como destino gastronómico. A inscrición a #ComposGastroBlog pode facerse a través de ecomevents.es.

Acelerador de partículas do CERN

Na procura de futuros físicos de partículas

Tecno - 26 Marzo 2015

A Facultade de Físicas da USC organiza unha xornada divulgativa entre estudantes de secundaria para que coñezan o traballo que se desenvolve no acelerador de partículas do CERN.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.