Tecno - 27 Outubro 2012
PictoDroid Lite é un dos proxectos premiados na XVII Noite Galega das Telecomunicación e da Sociedade da Información celebrada na Toxa.
Tecno - 11 Outubro 2012
Os membros da Asociación de investigadores Parga Pondal pídenlle aos partidos unha política clara en materia de investigación. Feijóo anuncia 75 novas bolsas de investigación pero desvinculaas deste colectivo ou dos Ramón e Cajal.
Tecno - 25 Setembro 2012
A falla dunha política de apoio a estas linguas no I+D+I e nas plataformas dixitais pon en risco as linguas minorizadas.
Tecno - 17 Setembro 2012
O Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela colaborou con IBM na visualización de moléculas con resolución atómica. Os resultados do traballo, que acaba de publicar a revista Science, poderían resultar de excepcional importancia para o estudo dos dispositivos fabricados con grafeno e as súas aplicacións en ámbitos como as comunicacións sen fíos de banda ancha ou as pantallas electrónicas.
Tecno - 16 Setembro 2012
Resolve Enerxía e a Universidade de Vigo instalan en Meloxo un prototipo de xerador que produce electricidade grazas as subidas e as baixadas das mareas.
Tecno - 21 Agosto 2012
Este non é o primeiro 'hackeo' ao PP en Galicia; en febreiro pasado os ciberactivistas atacaron a web do PP de Foz. Anonymous tamén iniciou hoxe unha serie de ataques contra páxinas do Goberno británico en defensa de Julian Assange, fundador de WikiLeaks.
Tecno - 17 Agosto 2012
Os usuarios galegos xa poden obter resultados de busca no noso idioma a través de teléfonos con Android.
Tecno - 02 Agosto 2012
GalApps, a compañía especializada en aplicacións para móbiles no idioma galego, lanza "Imos? – A guía social máis xenuína de Galicia". Trátase dunha guía social de enoloxía, gastronomía e tempo de lecer. Os promotores explican como a ferramenta dá conta de "furanchos, tabernas,sitios de tapas, casas de comidas onde gozar dun bo viño da casa (Albariño, Ribeiro, Barrantes...) e degustar comida da terra".
Tecno - 20 Xuño 2012
A organización xuvenil do PPdeG mandaralle unha misiva a Dick Costolo e "porá a centos de mozos a disposición de Twitter" para lograr o seu obxectivo.
Tecno - 29 Maio 2012
O .cat, con 55.000 dominios rexistrados en cinco anos, é o exemplo a seguir para o .gal, o dominio para o galego, cuxa candidatura acaba de ser remitida ao ente que goberna Internet.
Tecno - 05 Abril 2012
Un grupo de afecionados ás novas tecnoloxías, á astronomía e ás telecomunicacións lanzará o primeiro globo galego á estratosfera nun mes. Levará unha cámara na que se recolla toda a secuencia da viaxe.
Tecno - 14 Febreiro 2012
GalApps publica dicionario, conxugador de verbos e tradutor para iPhone e iPad.
Tecno - 01 Febreiro 2012
O Cartafol transfórmase e, a partir deste 1 de febreiro, xa está dispoñible en iPad e noutros formatos de tabletas electrónicas.
Tecno - 29 Decembro 2011
A Xunta é un dos membros de Europeana, que traballa en 30 idiomas, incluídos catalán e basco, pero non o galego.
Tecno - 27 Decembro 2011
GC adiantou en primicia o contrato sen publicidade da IMIT ao xigante norteamericano.
Tecno - 22 Decembro 2011
A Xunta adxudícalle 150.000 euros a dedo e sen publicidade. O Goberno paga por un "Soporte Premier" que unicamente a propia Microsoft pode ofrecer, e polo haberá que seguir pagando mentres a Administración non aposte realmente polo software libre.
Tecno - 19 Decembro 2011
Sen subvención, pero explotando as vantaxes do software libre e o 'boom' da navegación móbil. Así naceu Galapps, creador dos primeiro tradutor e conxugador de verbos en galego. Xa van polas mil descargas. Entrevista no interior.
Tecno - 06 Decembro 2011
A compra social, ou compra 2.0, é un dos fenómenos que máis está a crecer nas grandes urbes do globo. Basicamente, trátase de aproveitar as vantaxes das redes sociais e do comercio electrónico para lograr prezos máis baratos comprando varias unidades.