Tecno - 19 Setembro 2011
Este organismo premia as actividades de divulgación científica deste profesor universitario, colaborador do GC.
Tecno - 05 Setembro 2011
Augas de Galicia contrata pola súa conta e a dedo 70.000 euros en licencias de Microsoft Office, o que tira por terra o argumento de "aforro" que esgrimiu a Xunta para xustificar o megacontrato con Microsoft en 2010.
Tecno - 27 Agosto 2011
Defínese como a primeira rede de blogues temática na que "tecnoloxía e galego van da man". Conta cun portal propio que servirá de viveiro de blogues.
Tecno - 12 Agosto 2011
Opergal acusa á Xunta de trato de favor a Telefónica, que, tras os fracasos do TRAC e do ADSL rural, tamén se fará co concurso de 15 millóns para a internet de alta velocidade nas aldeas.
Tecno - 31 Xullo 2011
A consellaría de Economía e Industria quere reducir a actual Dirección Xeral de I+D+i á metade e afrontar unha futura Axencia de Innovación. Función Pública asegura que non ten coñecemento do borrador nin das xuntanzas cos sindicatos.
Tecno - 29 Xullo 2011
Galicia Confidencial poderase ler en calquera libro electrónico. Susana Sotelo Docío, tecnóloga da Universidade de Santiago, creou unha receita para o programa Calibre que permite aos nosos usuarios seguir este xornal dende os seus e-books. GC convértese no primeiro medio en galego cunha receita para este software libre.
Tecno - 18 Xuño 2011
O Instituto de Investigación Biocomputación y Física de Sistemas Complejos (BIFI) da Universidade de Zaragoza presenta un estudo sobre como foi o proceso de propagación da información do movemento 15M nas redes sociais.
Tecno - 16 Xuño 2011
Roja Directa ten un millón de visitas únicas ao día. Tras vencer as demandas de Prisa, Igor Seoane, de Oleiros, comeza unha batalla legal nos Estados Unidos para recuperar os seus dominios .com e .net, secuestrados polas autoridades norteamericanas, que nin sequera o denunciaron ante os xulgados.
Tecno - 15 Maio 2011
Os carriños do Proxecto Abalar subministrounos Plexus que caeu inicialmente en "baixa temeraria". Un ex-traballador aporta varios indicios, mesmo fotos, de que o concurso estaba amañado, como xa denunciara o Novas da GZ. En declaracións a GC, o conselleiro delegado de Plexus, que nega calquera vínculo co PP, e outro traballador rebaten as acusacións aportando documentos. PDFs no interior.
Tecno - 25 Abril 2011
O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional pagará o 80% do novo sistema de monitorización e videovixiancia da Xunta de Galicia. Contará con 20 cámaras dixitalizadas para controlar San Caetano.
Tecno - 14 Abril 2011
A Xunta adxudica sen publicidade a organización do Xuventude Galicia Net. O encontro de 1.000 mozos comeza mañá e a adxudicación a dedo a un provedor do PP fíxose onte.
Tecno - 01 Abril 2011
J. A. Rodríguez Salas é o primeiro rexedor de España no uso das redes sociais. Ten claro que o futuro pasa polo 2.0 e critica o retraso e a falta de visión dos políticos nesta materia, incluído ZP.
Tecno - 01 Abril 2011
O científico Xurxo Mariño explica como está a situación na central nuclear de Fukushima e di que a verdadeira contaminación radioactiva non ven dos reactores danados, senón das cisternas que conteñen combustible gastado.
Tecno - 17 Marzo 2011
Noiseu Producións acaba de iniciar unha serie de debuxos animados sobre un pobo "celta-galego" que se enfronta aos viquingos.
Tecno - 16 Marzo 2011
O científico Xurxo Mariño tenta explicar, desde o punto de vista científico, o que está a acontecer en Fukushima e asegura que non hai ningunha explosión nuclear, senón reaccións químicas.
Tecno - 03 Marzo 2011
Un grupo denuncia no Facebook o plan Lugo Empresa. A mobilización na rede fai que a CIG impugne o proceso. A deputación resposta que non houbo reclamación e pide que non se manipule o proceso.
Tecno - 01 Marzo 2011
O candidato á Alcaldía de Pontevedra polo PPdeG publicouno no seu blog para denunciar os problemas de atascos de Pontevedra.
Tecno - 27 Febreiro 2011
Os responsables das divisións dixitais de LVG e ECG recoñecen as dificulades para impulsar os Social Media. Sánchez Bugallo acude de incógnito ao Compostweets.