Contratados varios paquetes de licencias de software

Tecno - 31 Xullo 2009

A Dirección Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ben de contratar, por preto de medio millón de euros, varios paquetes de licencias de software pendentes da anterior Dirección Xeral de Avaliación e Calidade das Políticas Públicas...

A difícil relación da Xunta coa comunidade do software libre

Tecno - 29 Xullo 2009

Segundo nos contan comezou circular nas últimas horas un rumor sobre unha suposta reunión que tería convocado de urxencia Mar Pereira, secretaria xeral de Innovación e Modernización da Xunta con algúns axentes galegos do software libre para avaliar a continuidade do proxecto Mancomún, logo das mobilizacións que tiveron lugar na rede ante o anuncio do seu peche...

Documento.- Duplicidade de competencias

Tecno - 15 Xullo 2009

Hai uns días a nova secretaria xeral de Modernización e Innovación da Xunta de Galicia, Mar Pereira, anunciaba a posta en marcha dun plan urxente no ámbito das tecnoloxías da información que, segundo dixo, marcará a folla de ruta no curto prazo no tocante ás TICs...

Campaña.- "Pola democracia no uso do sotware"

Tecno - 14 Xullo 2009

Logo das intencións do novo Goberno de suprimir Mancomun, un grupo de activistas da rede acaban de presentar un comunicado reclamando "democracia" no uso do sotware...

Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización, no punto de mira

Tecno - 10 Xullo 2009

Iniciativas tecnolóxicas postas en marcha polo bipartito como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización poderían desaparecer unha vez que o PEGSI sexa derogado polo novo "Plan Estratéxico Global" que se licitará neste mes de xullo...

37,2 millóns de aforro utilizando códigos abertos

Tecno - 24 Xuño 2009

Remitennos dous informes do Grupo de I+D OpenInnova sobre o custe das eleccións tecnolóxicas dos que se tiran que, utilizando códigos abertos, as administracións públicas poderían aforrar 37,2 millóns de euros anuais...

Documento.- Medio millón de euros máis en licencias de software

Tecno - 05 Xuño 2009

Aínda non se pecharon os ecos do concurso a Microsoft por dous milóns de euros que adiantou en exclusiva este confidencial, e tal e como nos informan o novo goberno xa convocou un novo concurso por case medio millón de euros para a adquisición de novas licencias software...

Nova iniciativa na rede

Tecno - 14 Maio 2009

Informannos da posta en marcha dunha nova rede social 'Cabozo.com' que, segundo os seus impulsores, é unha "nova comunidade web galega e en galego onde podes crear grupos privados ou públicos, chatear, compartir imaxes, vídeos, arquívos, eventos... Únete e apoia este novo proxecto !! Para qué queremos os xigantes facebook, tuenti, etc. tendo esta posibilidade galega".

CORRECCIÓN.- Máis de dous millóns en licencias de Microsoft

Tecno - 08 Maio 2009

A pesares de que onte atopabamos que o gasto por licencias de Microsoft da nova Xunta era de 150.000 euros, nunha nova revisión da oferta atopamonos con que a cantidade ascende a máis de dous millóns de euros. Tes o documento no interior...

O poder das inocentadas

Tecno - 01 Abril 2009

Hoxe foron varios os medios que aproveitando o Día das Mentiras decidiron tentar aos lectores...

ACTUALIZADO.- A deputación nega que sexa un "malgasto"

Tecno - 17 Febreiro 2009

A Deputación da Coruña negou hoxe que a adquisición de 462 computadores , que terán que ser subministrados con Windows XP por un importe total de 293.800 euros, sexa un "malgasto"...

Os programas freeware en galego, agora no 'primewares'

Tecno - 10 Febreiro 2009

Xosé Antón Vicente, coordinador do Freeware World Team (a base de datos con programas freeware que funcionan baixo windows) comentanos que  este proxecto muda de nome e enderezo. "Agora somos PRIMEWARES e o enderezo é moito máis sinxelo que o anterior: http://www.primewares.com . De momento non todo vai ao 100% pero imos polo bo camiño. Lembra que contamos xa con 337 programas freeware en galego nesta base de datos de máis de 36 mil programas".

Versións Wordpress en galego

Tecno - 05 Xaneiro 2009

Dende egalego.com ofrecennos versións en galego de Wordpress nun paquete completo listo para instalar...

bbPress en galego

Tecno - 29 Decembro 2008

Informannos de que acaban de traducir bbPress 1.0.4 Alpha ó Galego. Se queredes descargalo podedes conseguil en http://www.egalego.com/2008/12/28/bbpress-traducido-o-galego/

INFORME.- Galicia segue á cola en canto a acesso a internet

Tecno - 25 Novembro 2008

Galicia segue á cola, só por diante de Extremadura e Melilla, en canto a acceso a internet. Só o 41,9% dos fogares galegos conta con conexión á rede aínda que nos últimos anos situouse na media das autonomías no uso das novas tecnoloxías...

Opera 9.61 final en galego

Tecno - 30 Outubro 2008

O portal egalego, que fai traduccións ó galego das aplicacións informáticas máis empregadas, infórmanos de que acaba de poñer a disposición dos internautas a versión do Opera 9.61 final en galego.

Vento, néboa e chuvia e Lavacolla, paralizado

Tecno - 31 Xullo 2008

As fortes chuvias e néboa desta mañán provocaron o retraso de varios vos que debían aterrar en Santiago de Compostela, o destino turístico por excelencia de Galicia...

Unha nova web para a S.X. de Benestar

Tecno - 08 Xullo 2008

Logo de que PSdeG e BNG chegaran a un acordo para que na Web da Xunta se vexan tamén as informacións dos departamentos nacionalistas, Vicepresidencia acaba de sacar a concurso o deseño e creación dunha nova web, desta vez, da Secretaría Xeral do Benestar. Podes ver o prego aquí.

Nova rede social de bloguers galegos

Tecno - 03 Xullo 2008

Recibimos un mail anunciando a creación dunha rede social para bloguers galegos...

As aventuras dun tomate defensor do galego e do inglés

Tecno - 26 Xuño 2008

"O galego e o inglés nunca foron ameazados ata o ano 2158 cando a Ignorancia comezou a utilizar instrumentos robóticos para construir barreira ao longo do universo", así comeza un xogo en 3D que ten coma protagonista a un tomate e o seu propio diccionario galego-inglés. O bo deste xogo é que tamén aparece trasladado a numerosas linguas minorizadas do mundo.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.