Tecno - 08 Febreiro 2005
A información sobre a Constitución Europea é tan escasa que hai que acudir á rede para coñecer os obxectivos e funcións da futuro Carta Magna de Europa. O Goberno xa ten preparada duas webs especializadas sobre o tema; unha xeneralista www.constitucioneuropea.es e outra moito máis elaborada para os máis novos, que é a franxa que realmente interesa ó PSOE www.referendumplus.com
Tecno - 26 Xaneiro 2005
A Federación de Sindicatos de Periodistas de España (Fesp) acaba de reclamar a retirada dun xogo de Play Station que ten como obxetivo dar caza e morte aos xornalistas, tras a denuncia da nai do reporteiro Miguel Gil, quen perdeu a vida en Serra Leona, no exercicio da súa profesión. E é que nos videoxogos podes matar de todo, dende presidentes, putas, matóns, terroristas, nenos, e agora, xornalistas. "A vida dos xornalistas vale tanto como a de calqueira outro ser humano de calquera colectivo e calquer xogo da morte ofende á razón", asegura a Fesp. Podes consultar o comunicado en www.fesp.org
Tecno - 17 Decembro 2004
Cóntannos que ese videoxogo que se presentou a bombo e platillo como o primeiro gran xogo interactivo de Galicia, El Templo, é en realidade un gran fraude. Os entendidos na materia aseguran que emprega tecnoloxía "absolutamente desfasada" e aínda van máis lonxe nas súas críticas porque acusan á empresa creadora do videoxogo de "fundir indiscriminadamente grandes subvencións" sen que o producto esté a "altura das circunstancias".
Tecno - 12 Decembro 2004
A páxina web de Caixa Galicia recibiu esta semana unha alegría, pero tamén unha decepción. Por unha banda premios, e pola outra estudios desfavorables...
Tecno - 11 Decembro 2004
Segundo un estudio realizado pola compañía Ya.com, os internautas españois prefieren contratar un vo nunnha axencia de viaxes física, antes que na propia Rede. De feito, a última vez que éstes contrataron un desprazamento en avión, o 33% dos enquisados o fixo nunha axencia tradicional, fronte a un 28% que o contratou nunha axencia 'online'.
Tecno - 01 Decembro 2004
Estes días estiveron en Galicia, nun congreso sobre Xornalismo na rede, importantes ciberxornalistas de todo o mundo e, aquí, case que nin nos enteramos. Por algo comentou un dos ponentes, Próspero Morán, da Universidade Carlos III, que "o xornalista galego en internet está despistado" porque logo de revisar xornais e webs do país non encontrou case referencia algunha sobre o evento.
Tecno - 26 Novembro 2004
Logo da detención de case 100 persoas por participar nunha rede de pornografía infantil, cóntannos que logo da chamada "Operación Coffee", na que participaron 50 axentes da Garda Civil de Pontevedra o 12 de setembro de 2003, se descubriron numerosas "irregularidades".