Paula Prado referiuse aos "desprezos" do Executivo central a Galicia en materia de infraestruturas ou transportes, por "aprazar" a chegada de trens de alta velocidade ao resto de Galicia, ou por non querer transferir a AP-9, porque en lugar de que sexa xestionada "polos galegos e galegas" prefire que se xestione "desde un despacho de Madrid".
  comenta   0
Os nacionalistas galegos conseguiron revalidar o seu deputado pola Coruña (Néstor Rego) cun 0,62 %, polo que o Barómetro de setembro estímalles un incremento de case un punto.
  comenta   0
O líder do PP volveu a elixir a capital galega para remarcar o perfil "constitucionalista" do PP a poucos días de que se celebre o debate de investidura (no que, a priori, non conta cos votos suficientes para ser elixido presidente do Goberno).
  comenta   0
Més alternará no cargo coa formación aragonesista e Esquerda Unida, que tampouco figura na terna de postos, a pesares de que defende un modelo rotatorio.
  comenta   0
No cuarto episodio de Laretando falamos co medio OuKé! sobre os acontecementos que pasaron na política nos últimos meses
  comenta   0
Votou a xente e saiu á luz o seu veredicto. Votou con plena liberdade e sen nada que salientar, pois non houbo ningún incidente. Correos fixo moi ben o seu traballo e nada que dicir. Todo estivo dentro da máis absoluta normalidade. Polo que chegou o tempo das análises pra tirar conclusións.
  comenta   0
O presidente da Xunta e do PPdeG pediu "un proceso rápido" para ter "un goberno canto máis rápido mellor" e, deste xeito, "empezar a xestionar, que é o que pide a xente".
  comenta   1
O terceiro posto, nas provincias da Coruña e Pontevedra, foi para Sumar, mentres que en Ourense e Lugo esta posición ocupouna Vox. Pola súa banda, o BNG foi a quinta opción máis votada en todas as circunscricións.
  comenta   1
Reivindican a súa posición como "terceira forza" en Galicia por diante do BNG. "O fracaso do señor Feijóo é tamén o inicio do fracaso dos herdeiros do señor Feijóo en Galicia", subliñou.
  comenta   1
Os populares obteñen un dos mellores resultados de España, con Lugo e en segundo lugar Ourense á cabeza das provincias de España que deron un mellor resultado aos populares.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG reivindicou a subida dun 25% en votos do Bloque, á vez que deixou claro que será un escano "decisivo" para "defender a Galicia en Madrid".
  comenta   1
Se cadra, o voto do medo funcionou como os señores do IBEX e da guerra querían. Se cadra, a pantasma do fascismo vaga pola Europa dos Mercados para fidelizar a clase traballadora (hoxe aburguesada no seu alienamento) ás políticas neoliberais.
  comenta   1
Sempre se dixo que as municipais nada teñen que ver cas xerais, que ao alcalde elíxese pola persoa, non pola cor do seu partido. Demostrouse neste 23X?
  comenta   2
O expresidente da Deputación ourensá e líder provincial do PP salienta a "vitoria electoral dun ourensán a nivel nacional" como é Alberto Núñez Feijóo.
  comenta   1
O ourensán renunciou a seguir á fronte da Deputación provincial e deu paso a un cambio de ciclo despois de 33 anos ligada ao seu apelido.
  comenta   1
Todo o mapa galego tinguiuse de azul agás Corcubión, A Capela, A Illa de Arousa, Fornelos de Montes, O Grove, Redondela, Vigo, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Entrimo e Parada de Sil.
  comenta   1
Os dirixentes dos principais partidos galegos insisten en que os resultados dos comicios do domingo nada teñen que ver cuns resultados en Galicia. Con todo, os socialistas falan xa dun adianto electoral.
  comenta   1
Comprométese a evitar un goberno de dereitas e unha repetición electoral e admite que os resultados obtidos nestes comicios non cumpriron coas expectativas do BNG.
  comenta   0
Tellado lembra que o PP xa apoio ao PSOE e ao PNV en Vitoria e Guipúzcoa, cre que "ninguén entendería" que se unan PSOE e PNV para impedir que goberne Feijóo.
  comenta   0
O PPdeG gaña tres deputados, os mesmos que deixa o PSdeG. Sumar quítalle "votos útiles" a un Bloque que sobe en votos pero non en escanos. O PP volve gañar todas as cidades, agás Vigo, que se mantén como principal bastión socialista.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG destacou a "subida" en votos da súa formación en Galicia a pesar de que perde tres deputados no Congreso.
  comenta   0
Sánchez di que este 23X fracasou a dereita, Feijóo insiste en negociar para ser presidente e Díaz avanza que manterá diálogo coas forzas "democráticas" para lograr un goberno alternativo ao PP.
  comenta   0
A portavoz nacional destacou a subida en número de votos e porcentaxe da forza política galega, aínda que recoñeceu que non era o resultado que buscaban.
  comenta   1
En Galicia o PP chegaría a 13 escanos, o PSOE baixaría a 7, o BNG quedaríase con un e Sumar retería os dous de Podemos.
  comenta   2
As enquisas danlle entre un e dous deputados ao BNG. Este segundo escenario suporía incrementar un escano con respecto á representación actual, pero quedaría lonxe do grupo parlamentario propio que se marcaron como mensaxe nesta carreira cara ás urnas.
  comenta   0
Así o expoñen as primeiras enquisas elaboradas por Sigma Dous para a Forta, que tamén mostran que Vox seguiría sen representación en Galicia, o PSOE baixaría un ou dous escanos e o BNG podería aumentar un.
  comenta   0
Ata esta hora, máis de 1.240.537 galegos xa exerceron o seu dereito a voto, ademais dos máis de 139.000 que o fixeron por correo. Os que máis se achegaron ata as urnas ata estes momentos foron os veciños de Beade (68,40 %), Friol (66,49 %) e Baltar (65,77 %).
  comenta   0
Tanto o presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, como a líder nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixeron este domingo un chamamento á participación nas eleccións e coincidiron en que Galicia se está a xogar o seu futuro.
  comenta   0
Recibirán 21.167 euros por cada escano que logren en Congreso e Senado. É a mesma cifra que se destinou en 2016 e que só se rebaixa en casos de repetición por falta de investidura.
  comenta   1
Non houbo incidencias reseñables á hora de constituír as mesas, máis alá de que en Teo se tivo que incorporar como membro o primeiro votante da xornada.
  comenta   0