Imaxe de recurso da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Madrid DF na disolución de España

GC Aberto

Non se pode dicir que Barcelona non o intente. Agora, a editorial Arpa saca 'Madrid DF', un libro que explicita de modo estrepitoso o elefante madrileño na cacharraría española. Enric Juliana e Pedro Vallín semellan estar detrás da enésima performance parlem/hablemos tentando centrar na cuestión madrileña o debate sobre a reforma e viabilidade do Estado español.

Oscar Pazos, autor de 'Madrid es una isla'
Fernando Caballero, autor de 'Madrid D.F.', arquitecto, urbanista, madrileño e madridista, é o cabalo de Troia para meter o debate no Rompeolas de las Españas. Non podo dicir até que ponto o autor mesmo é consciente do xogo, se tanto lle ten, ou se acredita inocente nos seus propios planos. Abofé, tamén non pode ser esquecido que, como calquer feira, esta ten moito de negocio puro e duro: hai que vender libros, encher titulares e dar que falar; aí estarían todos de acordo e seica trátase apenas diso. Como fora, non hai máis que botar un ollo á recepción do libro nos medios da capital1 para decatarse que o debate de Madrid DF foi relegado ao subsector Cultura/Urbanismo; unha cousiña de PAUs e PERIs no Grande Morgado España. Aí ficará, fóra da política explícita.
Incendio de Crecente / Adrián Irago - Europa Press

Incendios forestais. Nova política forestal para Galicia, e axudas directas aos propietarios dos montes

GC Aberto

No país veciño (Portugal), vimos arder hectáreas e hectáreas de terreo e morrer máis de 60 persoas quedando centos de feridos, no ano 2017. Agora de novo, máis terra queimada, sete mortos e un gravísimo ataque ao medio ambiente.

Proxecto Do Parque Eólico As Encrobas. ASOCIACION SALVEMOS Ou VAL DE BARCIA E MONTE XALO

Independencia do poder xudicial. Balón de osíxeno para o val de Barcia e o Monte Xalo

GC Aberto

Na Asociación Salvemos ou Val de Barcia e ou Monte Xalo, fomos notificados recentemente do auto da sala 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no que, en data 18 de xullo de 2024, acolle a solicitude desta Asociación suspendendo preventivamente a autorización administrativa e de execución das obras do parque eólico “As Encrobas”, situado maioritariamente no concello de Carral e, nunha pequena parte nos concellos de Ordenes e Cerceda. Queda por tanto suspendida a eficacia da resolución administrativa da Xunta de Galicia, do 17 de abril de 2023, que impugnou a nosa Asociación.

Vista da central térmica das Pontes, a 5 de outubro de 2023, nas Pontes / Carlos Castro

As Pontes na encrucillada

GC Aberto

O xa confirmado peche da Central Térmica, sumado ao de hai anos da Mina, afectan e moito á vila de As Pontes que, se antes era un referente no ámbito galego e estatal de desenvolvemento e crecemento, hoxe tódolos datos socioeconómicos confirman a súa caída; tanto ten se falamos da pirámide demográfica, da afiliación á seguridade social, do valor das propiedades, etc., todos sinalan o fin dun ciclo.

Viño da Adega Pazo Lalón /CG

Acta Premios Bacelos de Prata 2024

GC Aberto

Sendo as 19:30 horas do día 6 de setembro de 2024 reúnense no Pazo dos Ulloa, en Esposende-Ribadavia, D. Avelino Muleiro García, presidente da Asociación Álvaro das Casas; D. Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador; D. Clodio González Pérez, etnógrafo; D. Xosé Carballido Présas, enxeñeiro técnico da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e coordinador da IRGADE (Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros); D. Cándido Vázquez Mosquera, propietario da Casa dos Ulloa; D. Celso Domínguez, colleiteiro e Dna. Carme Pérez Vaquero, secretaria da Asociación Álvaro das Casas coa finalidade de valorar as propostas presentadas na XVI edición dos premios Bacelos de Prata. Logo de deliberaren sobre as mesmas acordan conceder os premios do ano 2024 a:

Miles de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri en Palas de Rei, Lugo / Carlos Castro - Europa Press

O 'non á celulosa' que berraba o pobo na Comarca de Quiroga no 1976

GC Aberto

Interesante artigo do historiador Xosé Estévez que lembra o intento de instalación de fábricas de celulosas en diferentes localidades de Galicia a mediados dos anos 70. Concretamente detállase a oposición popular que presentaron as vilas de Quiroga e Ribas de Sil.

Decenas de persoas con bandeiras palestinas durante unha manifestación en apoio a Palestina. Adrián Irago - Europa Press / Europa Press

Silenciar

GC Aberto

Falamos de violencia. De dúas formas non obvias, por non dicir retorcidas. O pasado 13 de xuño un grupo de cidadáns acompañados por 22 organizacións sindicais, sociais e culturais, xunto a varios partidos políticos presentaron, en debida forma, unha proposta de resolución para instar ao pleno da corporación municipal de Vigo unha posición clara en contra da ofensiva que o exército de Israel está a perpetrar contra o pobo de Palestina, arestora cualificada polo Tribunal Internacional de Xustiza de “xenocidio”.

O universo / La Vanguardia - Arquivo

A Humanidade e a Nada

GC Aberto

Ao final, todos falarán no mesmo idioma...

Día a día, ano a ano, década a década, século a século, milenio a milenio…, a Humanidade camiña dende a diversidade cara a uniformidade.
Ao final, todos falarán no mesmo idioma, alimentaranse coas mesmas comidas, mirarán as mesmas series, lerán os mesmos libros, viaxaran aos mesmos lugares...

Vista da central térmica das Pontes / Carlos Castro

As Pontes, virá algunha empresa, ao final

GC Aberto

Chegou o PSOE ao goberno municipal das Pontes prometendo a creación de 1.500 postos de traballo; mais nunha especie de burla ao anunciado, a realidade é que, nestes 17 anos de goberno PSOE, As Pontes baixou en máis de 1.500 as persoas afiliadas á Seguridade Social.

Colectivo Bidán:
Francisco da Silva Vello

Bateeiro protesta contra Altri na Ría da Arousa / Adrián González

A Triste cara da Mansedume

GC Aberto

Na feira de livro velho de Lugo sempre podes atopar algum livro interessante. Ontem, passeando a minha vista sobre as lombadas de diferentes exemplares, meus olhos tombaram num título bem reconhecido: “O Aforro e a Inversion na Galiza”, de Ramon Barral Andrade da Editorial SEPT. 1973.

Adela Figueroa Panisse. De ADEGA. Da APLG.
Conheço a história deste livro e ao autor. Peguei nele imediatamente. Ramón Barral obteve o prémio Alexandre Bóveda da Associação Cultural Amigos da Cultura de Pontevedra em 1973. Li com ledícia porque o texto é fácil e além disso interessante. A originalidade desta obra está em que as contas que Ramon Barral faz sobre o capital que se aforra em Galiza é muito superior ao que as bancas estatais ou ou mais concretamente o que os organismos de credito oficial investiram na Galiza. O dinheiro enviado polos numerosos emigrantes durante as décadas de 60 e 70 do século passado fluiu coma um rio para o Estado Espanhol. Porque nas estruturas económicas do Estado não existe uma norma de conduta de tentar investir naqueles territórios que mostram um perfil de menor “renda per cápita”. Mas bem ao contrario, Os capitais fluem para as zonas reconhecidas como mais ricas a custo de sangrar economicamente as mais “pobres”. Um termo interessante que maneja R. Barral é o da Lexitimidade económica devido a G.de Nardi, que eu, que não sou economista achei de interesse: “A Transformacion dos recursos ten de ser feita na zona onde se teñem xerado” ( cito textual da obra). Este é um principio básico em ecologia. Agora que estamos lutando pola defesa do nosso território ameaçado por Campos Eólicos, Industrias contaminantes e que nossos rios foram esganados para levar o produto da sua força fora da Galiza, em forma de eletricidade, reconheço que o processo é o mesmo. Fluxo de capitais cara fora como fluxo de eletricidade. As montanhas cheias de Campos eólicos. Cá fica a desfeita ambiental, a desestruturação social e a perda de capacidade de gerar riqueza para a povoação galega. Para fora vai todo. Inclusivamente as sés das grandes empresas que fazem cá o trabalho sujo e tributam em Madrid, rendendo lá os ganhos gerados nas transferências de dinheiro. Lá é que ficam os trens eletrificados subsidiados polo estado,( nós somos quem pagamos) cá uma estrutura ferroviária deplorável. Lá as autoestradas gratuitas ( M30 e outras) cá a mais cara do estado AP9 a chamada navalhada do capital, que une a zona mais rica e mais povoada de Galiza, mas com alto custo para usuários. Incrementando os custos de comercialização.

Ilustración de Bea Gregores para a edición de

Denuncia clases de filosofía

GC Aberto

Para comezar esta denuncia social apelo á seguinte cita de Aristóteles como a máis oportuna musa: “Amicus Plato, sed magis amica veritas”

Clara Blanco Veres
Alumna de 2º Bacharelato adultos IES As Mariñas de Betanzos

Pasaxeiros nunha estación de tren / Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Reivindicacións para un mellor tren de media distancia en Galicia

GC Aberto

Catro reivindicacións chave para mellorar o día a día no tren: fiabilidade, horarios, frecuencias e prezos democráticos.

Plataformas de Media Distancia Galicia e Perder O Tren
Reunión de representantes das plataformas de Media Distancia Galicia e Perder O Tren, co Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e coa directora de Mobilidade, Judit Fontenla, que puxeron encima da mesa os principais problemas que padecen os usuarios e usuarias dos servizos de Media Distancia da comunidade galega, salientando catro puntos que consideran importantes para un transporte ferroviario máis eficiente e que responda á demanda actual da mobilidade galega no día a día: